Saltar ao contido

Batalla de Waterloo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Batalla de Waterloo
Parte de as Guerras Napoleónicas, os Cen Días

A Batalla de Waterloo, óleo de William Sadler.
Data 18 de xuño de 1815
Lugar Preto de Waterloo (Bélxica)
Resultado Vitoria decisiva aliada.
Belixerantes
I Imperio Francés Parte da Sétima Coalición:
Reino Unido
Países Baixos
Prusia
Hanóver
Nassau
Brunswick
Líderes
Napoleón Bonaparte Arthur Wellesley
Forzas en combate
77.500 (246 canóns) 73.200 (156 canóns e unha sección de foguetes) Anglo-aliados máis 49.000 (134 canóns) prusianos participaron na batalla
Baixas
46.656 (31.000 mortos e feridos) 17.000 Anglo-aliados (10.700 mortos e feridos) máis 7000 prusianos (todos os datos son de Mark Adkin, The Waterloo Companion, 2001)

A Batalla de Waterloo foi o 18 de xuño de 1815, nunha chaira próxima a Waterloo na rexión de Brabant (actual Bélxica). Enfrontou os exércitos franceses de Napoleón Bonaparte e unha coalición angloprusiana ás ordes do xeneral Wellington. Napoleón que derrotara as tropas prusianas dirixidas polo mariscal Blücher na batalla de Ligny, intentou de forzar as liñas británicas antes de que puidesen recibir as axudas de novas tropas prusianas e saxoas. A pesar dos esforzos de Ney, os británicos conseguiron resistir os ataques franceses ata a chegada das tropas prusianas e saxoas de Blücher, que provocaron a retirada dos exércitos franceses. A derrota de Waterloo significou a destrución do poder militar francés, a fin do Imperio dos Cen Días e a caída definitiva de Napoleón.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]