Barranquilla
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Colombia | ||||
Departamentos | Atlántico | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.326.588 (2023) (8.614,21 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 154 km² | ||||
Bañado por | Mar Caribe e Río Magdalena | ||||
Altitude | 18 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 7 de abril de 1813 | ||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | alcaldía de Barranquilla | ||||
• Alcalde | Jaime Pumarejo (2020–) | ||||
Órgano lexislativo | concello de Barranquilla Circunscrición: 1, (Escano: 21) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 08000 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 5 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Río de Xaneiro Santo Domingo Doral (pt) Kaohsiung Maracaibo Guayaquil Buenos Aires Brownsville (2013–) Miami (2015–) Belén (2016–) Tampa (2016–) Cidade de Panamá (2017–) Aberdeen (2021–) Nanjing (2021–) Málaga (2022–) | ||||
Páxina web | barranquilla.gov.co |
Barranquilla é unha cidade de Colombia, capital do departamento colombiano do Atlántico, cunha poboación de 1 219 731 habitantes. A cidade fundouse en 1629. Atópase sobre a marxe occidental do río Magdalena a 7,5 km da súa desembocadura no mar Caribe. En 1993 foi organizada constitucionalmente en distrito especial, industrial e portuario.[1] É o principal centro económico da Rexión Caribe de Colombia, entre as actividades económicas salientan o comercio e a industria.[2]
O estabelecemento da cidade data da terceira década do século XVII, cando os sectores lindeiros ó río Magdalena comezaron a poboarse arredor de mercedes outorgadas pola Coroa Española. Durante a época da Independencia, Barranquilla distinguiuse polo apoio dos seus habitantes á causa libertadora, o que lle valeu ser erixida en vila en 1813. Na segunda metade do século XIX adquire importancia estratéxica e económica ó comezar a navegación a vapor polo río Magdalena, o que lle permitiu converterse no principal centro exportador do país até a primeira metade do século XX. Dende finais do século XIX até os anos 1930, Barranquilla foi o principal punto de entrada a Colombia de miles de inmigrantes e de adiantos como a aviación, a radio comercial e a telefonía, así como de varios deportes.
A poboación de Barranquilla é de 1 228 621 persoas, o que a converte na cuarta cidade máis poboada do país detrás de Bogotá, Medellín e Cali. A cidade é o núcleo da Área Metropolitana de Barranquilla, a cal está constituída ademais polos concellos de Soledad, Malambo, Galapa e Puerto Colombia. O conglomerado alberga a 2 050 127 habitantes, e ocupa tamén a cuarta posición entre as conurbacións do país.[3][4] Como capital departamental, Barranquilla é sede da Gobernación do Atlántico, da Asemblea Departamental e do Tribunal Superior do Atlántico, máximo órgano xudicial do departamento.
Barranquilla é sede dunha das festividades folclóricas e culturais máis salientables de Colombia, o carnaval de Barranquilla, declarado Patrimonio Cultural da Nación polo Congreso de Colombia en 2001 e Patrimonio Oral e Inmaterial da Humanidade pola Unesco en 2003.[5][6] A cidade foi designada Capital Americana da Cultura en 2013.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Constitución Política de Colombia. Artículo 356. Adicionado por el artículo 2.º del acto legislativo número 1 de agosto 18 de 1993" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de decembro de 2007. Consultado o 9 de xullo de 2008.
- ↑ "Composición de la economía de la región Caribe de Colombia". Banco de la República (banco central de Colombia). 22 de maio de 2013. Consultado o 21 de novembro de 2017.
- ↑ "Censo DANE 2005" (PDF). Consultado o 9 de xullo de 2008.
- ↑ "ESTIMACIONES DE POBLACIÓN 2006-2007" (PDF). Páxina 80. Consultado o 9 de maio de 2018.
- ↑ "Proclamación 2003: "El carnaval de Barranquilla"". Sector da Cultura da Unesco. Consultado o 24 de maio de 2008.
- ↑ Fundación Carnaval de Barranquilla. "Patrimonio de la Nación". Arquivado dende o orixinal o 08 de outubro de 2008. Consultado o 13 de outubro de 2008.
- ↑ Lina Robles Luján - El Heraldo. "Barranquilla, elegida Capital de la Cultura 2013". Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2012. Consultado o 21 de xullo de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Barranquilla |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en castelán)
Principais cidades de Colombia | ||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Cidade | Departamento | Poboación | Cidade | Departamento | Poboación | |||||||
1 | Bogotá | Cundinamarca | 8 264 029 | 11 | Villavicencio | Meta | 503 414 | |||||
2 | Medellín | Antioquia | 2 522 081 | 12 | Santa Marta | Magdalena | 499 219 | |||||
3 | Cali | Valle del Cauca | 2 434 110 | 13 | Bello | Antioquia | 485 970 | |||||
4 | Barranquilla | Atlántico | 1 232 226 | 14 | Valledupar | Cesar | 423 593 | |||||
5 | Cartaxena de Indias | Bolívar | 1 006 323 | 15 | Pereira | Risaralda | 406 348 | |||||
6 | Soledad | Atlántico | 682 910 | 16 | Buenaventura | Valle del Cauca | 398 527 | |||||
7 | Cúcuta | Norte de Santander | 652 320 | 17 | Pasto | Nariño | 386 598 | |||||
8 | Soacha | Cundinamarca | 550 054 | 18 | Manizales | Caldas | 373 862 | |||||
9 | Ibagué | Tolima | 543 564 | 19 | Montería | Córdoba | 362 917 | |||||
10 | Bucaramanga | Santander | 522 439 | 20 | Neiva | Huila | 329 462 | |||||
Proxección 2019 - DANE |
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |