Saltar ao contido

A Veiga, Asturias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaA Veiga, Asturias
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°24′57″N 6°59′57″O / 43.4157, -6.9992
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAsturias
Provinciaprovincia de Asturias Editar o valor en Wikidata
CapitalA Veiga Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación3.885 (2023) Editar o valor en Wikidata (48,15 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie80,69 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Mayor of Vegadeo (en) Traducir Editar o valor en WikidataMaría Begoña Calleja Quijada Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal33770 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE33074 Editar o valor en Wikidata

Páxina webvegadeo.es Editar o valor en Wikidata
BNE: XX453539

A Veiga[1] (en castelán: Vegadeo) é un concello situado na costa do Principado de Asturias, limítrofe con Galicia, no fondo da ría de Ribadeo. O seu nome orixinal é A Veiga de Ribadeo como aínda aparece na actualidade nunha inscrición no templete da música do parque d'El Medal, no centro da capital municipal.

Este concello maiormente galegofalante é considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira. En xaneiro de 2016 converteuse no primeiro municipio da comarca do Eo-Navia en situar o galego ao mesmo nivel có castelán[2]. Na vila naceu Armando Cotarelo Valledor, escritor homenaxeado no Día das Letras Galegas de 1984.

Parroquias

[editar | editar a fonte]

O concello divídese en 6 parroquias:

Mapa parroquial da Veiga.
Número Nome Superficie (km²) % Superficie da Veiga Poboación (2018) % Poboación da Veiga Densidade de poboación (hab./km²)
1 Abres 10,49 13% 187 4,76% 17,83
2 A Veiga 9,79 12,13% 2 924 74,48% 298,67
3 Guiar 5,55 6,88% 28 0,71% 5,05
4 Meredo 27,87 34,54% 200 5,09% 7,18
5 Paramios 9,89 12,26% 81 2,06% 8,19
6 Piantón 19,17 23,76% 465 11,84% 24,26

Camiño de Santiago

[editar | editar a fonte]

Coa entrada en servizo en 1987 da ponte dos Santos, os peregrinos que se dirixían á ponte do Fornacho (Santiago de Abres) para evitar cruzar a ría de Ribadeo en barca, comezaron a facelo polo novo paso, dirixíndose a Ribadeo, e desde aquí a Lourenzá e Mondoñedo. A Veiga foi tendo menos tránsito de peregrinos e só algúns seguían a antiga ruta, dirixíndose a Trabada. A Asociación Asturgalaica de Amigos do Camiño comezou a reivindicar a construción dun albergue en Santiago de Abres, paso fundamental para recuperar a vía histórica. En 2017 instalouse provisionalmente nun albergue no Polideportivo da Veiga ao tempo que na Trapa (Trabada) comezaba a ofrecer os seus servizos outro albergue. Isto, unido ás labores de mellora poza e sinalización emprendidas polo Goberno do Principado de Asturias, e fixo que a ruta histórica estea a recuperar peregrinos. Para o Goberno do Principado, este foi sempre o Camiño Oficial e a única ruta do Camiño do Norte sinalado con pedras e vieiras.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Cuervas-Mons García-Braga, Antonio (2000). Castropol, Vegadeo, Ribadeo y su ría (en castelán). Ediciones Júcar. ISBN 84-334-1489-5.