Sucre
Sucre é a capital constitucional da República de Bolivia e do departamento de Chuquisaca. Está situada no sur da parte central do país a unha altitude media de 2 780 msnm. A súa poboación atinxe 265 336 habitantes (2008).[1]
Epónimo | Antonio José de Sucre | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
| ||||
Estado | Bolivia | |||
Departamentos | Departamento de Chuquisaca | |||
Provincia | Provincia Oropeza | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 300.000 (2011) (169,68 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 1.768 km² | |||
Altitude | 2.810 m | |||
Creación | 1538 | |||
Organización política | ||||
Membro de | ||||
Identificador descritivo | ||||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 04 | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Patrimonio da Humanidade | ||||
Tipo | Patrimonio cultural → América Latina-Caribe | |||
Data | 1991 (15ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (iv) | |||
Identificador | 566 | |||
Páxina web | sucre.bo | |||
Historia
editarA cidade foi fundada en 1539 polo capitán e conquistador Pedro de Anzures, marqués de Campo Redondo, co o nome Charcas, en referencia ao pobo dos charkas que vivían na rexión. Ao longo da súa historia recibiu outros nomes, como La Plata ou Chuquisaca. Foi no século XVIII cando recibiu o nome de La Plata, pola súa localización no Vicerreinado de La Plata, que en boa medida estaba delimitado xeograficamente polo conca do río da Prata, actualmente na Arxentina.
No ano 1561, o rei Filipe II estabeleceu na cidade a Audiencia de Charcas, con autoridade sobre un extenso territorio que comprendía o que actualmente corresponde ao Paraguai, o sueste do Perú, o norte de Chile, o norte da Arxentina e unha boa parte de Bolivia. En 1609, Charcas pasou a ser sede dun arcebispado e en 1624 foi creada na cidade a Universidade de San Francisco Xavier.
Durante o século XVIII, Charcas, agora dita La Plata, é o centro xudicial, relixioso e cultural da rexión. Cando en 1839, a cidade se converte na capital de Bolivia, é rebautizada, co nome de Sucre na honra do mariscal Antonio José de Sucre, camarada de armas do libertador Simón Bolívar na loita pola independencia de Bolivia, Colombia, Ecuador, o Perú e Venezuela. Unha vez perdido o seu principal recurso económico, a prata, logo da decadencia de Potosí, a capitalidade do país foi transferida para A Paz, despois dunha guerra civil (1898), perdida polos "conservadores" sucrenses fronte os "libérais" paceños. Con todo Sucre mantivo o seu status de capital nacional como sede do poder xudicial.
En 1991, Sucre é declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Miles de turistas acoden anualmente a visitar esta capital da arte barroca con brancos edificios que remontan aos séculos XVII, XVIII e XIX.
Sucre converteuse nunha cidade universitaria importante. Acolle numerosos despachos de avogados e de notarios, por mor do seu rango de sede da Corte Suprema boliviano.
Patrimonio cultural
editarA disposición urbana da cidade é de plano hipodámico, como moitas das cidades coloniais hispanoamericanas. Ten un rico patrimonio artístico e cultural.
Museos
editar- Museo de arte indigena [1], localizado nun edificio do século XVII. Expón cerámicas e indumentaria tradicional.
- Museo de la Recoleta.
- Museo de Santa Clara.
- Museo Tanga-Tanga, museo interactivo para nenos.
- Museo Eclesiástico.
- Museos universitarios, son museos da Universidade: Museo de Arte Virreinal Charcas, Museo Antropolóxico, Museo de Arte Moderna.
Edificios civís
editarCasa de la Libertad, na Praza 25 de Mayo, é o edificio no que o 6 de agosto de 1825 foi asinada a declaración de independencia de Bolivia.
Templos e conventos
editar- Capela da Virxe de Guadalupe.
- Catedral, do século XVII.
- Convento de San Filipe Neri.
- Convento de Santa Teresa.
- Igrexa de San Francisco.
- Igrexa de San Lazaro.
- Igrexa de San Miguel.
- Igrexa de Santa Mónica.
- Igrexa de San Domingos.
Comunicacións
editarSucre posúe un aeroporto denominado Juana Azurduy de Padilla.
Notas
editarVéxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Sucre |
Ligazóns externas
editar- (en inglés) BoliviaWeb - Información xeralArquivado 31 de decembro de 2008 en Wayback Machine.
- (en castelán) Gouvernement Municipal de Sucre
- (en castelán) Páxina do "Correo del Sur" - Xornal