Río da Prata
O río da Prata,[1] en castelán Río de la Plata, é un río do Cono Sur de América do Sur, formado pola xunción dos ríos Paraná e Uruguai. Pode ser dividido en dous sectores: o sector interior composto polos tramos superior e medio, que posúe pouca profundidade e está ausente de intrusión salina, e o sector exterior comprendido entre Montevideo, Punta del Este, e a baía de Samborombón, tramo de maior profundidade, e cunha importante influencia mariña, sendo un estuario do océano Atlántico.[2] Ten unha forma triangular de 290 km de lonxitude, servindo de fronteira en toda a súa traxectoria entre a República Arxentina e a República Oriental do Uruguai. Posúe un rumbo xeral noroeste-sueste, vertendo no mar Arxentino a escorrentía da súa cunca hidrográfica máis a dos seus afluentes, que suma unha área de arredor de 3 200 000 km². Considérase tradicionalmente, en especial nos dous países das súas ribeiras, como o río máis ancho do mundo,[3][4][5][6] con 220 km de ancho na súa foz.[7]
Tipo | Estuario río | ||||
---|---|---|---|---|---|
Inicio | |||||
País da cunca | Uruguai e Arxentina | ||||
División administrativa | Arxentina e Uruguai | ||||
Final | |||||
División administrativa | mar a fóra | ||||
Localización | Océano Atlántico | ||||
| |||||
Afluentes | 32 | ||||
Conca hidrográfica | Bacia do rio da Prata (pt) | ||||
Características | |||||
Dimensións | 290 () km | ||||
Superficie da cunca hidrográfica | 4.144.000 km² | ||||
Medicións | |||||
Caudal | 22.000 m³/s | ||||
Historia | |||||
Cronoloxía | |||||
13 de decembro de 1939 | Batalla do río da Prata | ||||
Xeneralidades
editarLímites
editarCorre de noroeste a sueste. O paralelo de Punta Gorda marca o quilómetro cero do Río da Prata cara ao sur e do río Uruguai cara ao norte. Ao sur deste paralelo atópase a illa do Portugués, localizada fronte á Punta Gorda, ao norte do río Sauce e ao sur do río Paraná Bravo, pertencente á provincia arxentina de Entre Ríos.
De acordo á Organización Hidrográfica Internacional, a súa desembocadura está determinada pola liña que une Punta del Este co cabo San Antonio,[8] —sendo máis precisos, a punta norte de dito cabo, chamada Punta Rasa—.
De acordo co Tratado do Río da Prata, subscrito pola Arxentina e o Uruguai, o seu límite exterior está determinado pola liña imaxinaria de 219 km que une Punta del Este (República Oriental do Uruguai) con punta Rasa do cabo San Antonio (República Arxentina).
Salinidade
editarA salinidade da auga mídese en gramos de sal por litro de solución, onde 10g/l é igual a 10psu, a 10ppt, a 10‰ ou ao 1%.[9] A media de salinidade nos mares do mundo é de 35‰ e na rexión do Atlántico, onde desemboca este río, é de arredor de 32‰, considerándose augas mariñas a partir de 30‰.[10] A influencia das augas deste río faise sentir moi dentro das augas oceánicas, chegando a 32‰ de salinidade a máis de 100 km do límite exterior establecido no Tratado do Río da Prata. En canto ás ribeiras, Punta del Este supera levemente os 32‰, mentres que na costa arxentina este nivel acádase á altura de Nueva Atlantis, 60 km ao sur de punta Rasa, contando dita punta con 29‰, o mesmo nivel que posúe na ribeira oposta a zona de El Pinar, na boca do arroio Pando, aínda que entre estes dous últimos puntos unha lingua estende ese grao de salinidade até 45 km mar adentro cara ao sueste da liña do Tratado. Rodeando dita lingua, o límite mariño de 30‰ acádase na banda uruguaia en Costa Azul, e na Arxentina en Las Toninas, atopándose esta fronteira mariña 75 km mar adentro do límite do Tratado.
A intrusión salina cara ao interior do río chega até a zona entre punta Piedras e a boca do Río Santa Lucía, onde a salinidade media anual rolda o 0,5‰.
Portos
editarOs principais portos son Buenos Aires na marxe dereita, e Montevideo na marxe esquerda.
Fauna
editarTanto no estuario como na costa atlántica pódense encontrar golfiños da especie franciscana, unha especie de río que prefire as augas salobres. Ás veces o golfiño franciscano remonta as augas dos ríos Paraná e Uruguai.
Xeografía física
editarFisicamente, o Río da Prata divídese en tres zonas xeográficas:
Rexión interna ou superior
editarEsta rexión esténdese desde o paralelo de Punta Gorda (Latitude: 33º55'00" 10 S) até a liña imaxinaria que une o faro de Colonia, con Punta Lara, que se caracteriza por un substrato de area fina, limo e arxila. É a prolongación do delta do Paraná, onde se depositan os sedimentos máis grosos.
Rexión intermedia
editarÉ o tramo entre a liña que une Colonia, con Punta Lara até outra que une Montevideo con Punta Piedras. Aquí prodúcese transporte de sedimentos finos en suspensión.
Rexión exterior ou inferior
editarÉ o tramo entre esa segunda liña até o límite exterior, a liña imaxinaria que une o Faro de Punta del Este co Faro de Punta Rasa. É o único dos tramos onde se presenta influencia mariña; as augas son salobres con niveis de salinidade variados e cambiantes, segundo as mareas, ventos etc. Os sedimentos son pelíticos cun importante corpo areoso.
Leito
editarCada ano chegan ao estuario 57 millóns de m³ de limo proveniente especialmente, do sueste de Bolivia e das provincias do noroeste da Arxentina. O leito do río está dominado pola presenza de extensos bancos de baixa profundidade que dificultan a navegación con embarcacións de calado, que debe facerse seguindo diversos canais naturais e artificiais, moitos dos cales, en especial a ruta que comunica Bos Aires co océano Atlántico, son obxecto de constante dragado para evitar a acumulación de sedimentos e así mantelos abertos á navegación. Os principais bancos son Ortiz, Arquímedes, Inglés e Rouen.
A morfoloxía do leito da área específica de Martín García caracterízase por un baixío (a formación Praia Honda) atravesado por canais e composto por sedimentos grises-marróns, areosos cara ao norte, areas limosas e limos areosos cara ao sur e limos arxilosos (lodos) cara á marxe arxentina. O delta sofre un continuo avance de 15 m por ano e prodúcese unha diminución das profundidades do leito coa formación de bancos que logo se transforman en illas.
Costas
editarEn canto ás costas do río, estas presentan características moi diversas.
- Costas uruguaias
A costa uruguaia pertence á formación xeolóxica do Macizo de Brasilia, con costas altas e praias de arena bordeadas de dunas separadas por cabos rochosos.
Os principais afluentes pola ribeira uruguaia son os ríos San Juan, Rosario, Santa Lucía e Solís.
- Costas arxentinas
A costa arxentina corresponde á conca sedimentaria da Pampa, formada por mesetas de limo que alternan con planicies barrosas. É, polo xeral, baixa, formada por limos, sendo abundantes os xuncais. Nela destaca a baía de Samborombón, cunha costa que ten uns 180 km de lonxitude. Nesta baía desembocan varios cursos de auga, moitas veces canalizados, sendo os principais os ríos Samborombón e Salado.
Illas
editarIlla Martín García
editar- Artigo principal: Illa Martín García.
Esta illa, a diferenza das próximas illas deltaicas, posúe un núcleo rochoso, ao ser un afloramento de rochas arcaicas do Macizo de Brasilia, cunha antigüidade de 1800 millóns de anos. Ten unha superficie de 184 ha e unha altura máxima de 27 msnm. A sedimentación no leito da área específica da illa Martín García é moi activa, formándose bancos que logo se transforman en illas baixas, como ocorreu co crecemento da illa Timoteo Domínguez e de bancos como o de Santa Ana e do Medio.
A illa Martín García —na súa superficie histórica— é de soberanía arxentina, pero as augas e aluvións que a rodean —incluso a illa Timoteo Domínguez— son uruguaios, con excepción dos aluvións que se depositan nas costas que miran ao canal de Martín García (ou Bos Aires), e ao canal del Infierno, os cales pertencen a Arxentina, en virtude do artigo 46 do Tratado do Río da Prata e a súa Fronte Marítima do ano 1973.
Desde o acordo do 18 de xuño de 1988, estableceuse a única fronteira seca do límite arxentino-uruguaio, entre as illas Martín García e Timoteo Domínguez.
Historia
editarA conquista do Río da Prata, nome que se lle deu entón á rexión da que hoxe son parte: a Arxentina, Paraguai e o Uruguai, iniciouna Juan Díaz de Solís, quen buscando un paso para chegar a Oriente, internouse no actual Río da Prata en 1516. O rei de España dispuxo que se crearan colonias na rexión do Río da Prata. O 2 de febreiro de 1536, o español Pedro de Mendoza fundou na costa oriental de América do Sur a cidade de Santa María de Bos Aires, situada na desembocadura do Río da Prata e o 15 de agosto de 1537, Juan de Salazar fundou, preto do río Paraguai, a cidade de Asunción.
Descubridor
editarO primeiro non americano en navegar as súas augas foi Juan Díaz de Solís, en 1516, mentres intentaba atopar unha pasaxe desde o océano Atlántico ao océano Pacífico. Desembarcou xunto a un grupo de homes nas costas do que hoxe é o departamento uruguaio de Colonia e foron atacados polos indíxenas (probablemente guaranís aínda que por moito tempo adxudicóuselle o feito aos charrúas). Sobreviviu un só deles, chamado Francisco del Puerto, grumete de 14 anos de idade, pois a cultura de tales indíxenas prohibía matar mulleres, nenos e anciáns. Quedou vivindo con eles e descubriu que algúns tiñan pezas de prata que supoñían chegaban desde un rumbo que levaba ao Alto Perú, iniciou a lenda da prata ao tomar contacto cos portugueses, quen a propagaron.
Anos despois, desde un navío ao mando de Sebastián Gaboto, divisaron "un indíxena enorme facendo sinais e dando voces desde a costa"; ao desembarcar atopáronse con aquel sobrevivente, educado como guerreiro charrúa. Retornou cos españois para, finalmente, ao cabo dun tempo, retornar cos indíxenas. Outras versións sinalan a Américo Vespucio como o seu descubridor.
Orixe do nome
editarO nome "de la Plata" refírese á mitolóxica "Serra de Prata" no país do "rei Branco" que buscaron Alejo García, Sebastián Gaboto e outros, remontando os ríos da Prata, Paraná, Paraguai e Uruguai e realizando expedicións terrestres cara a Chaco e Chiquitos. É posible que a Serra de Prata fora un remoto influxo do Cerro Rico de Potosí que os indíxenas pasaban de boca en boca, aínda que é máis probable que o rei Branco proviñera dos Incas do Perú. En 1525 Sebastián Gaboto deu con algúns dos acompañantes indíxenas de Alejo García, quen levaban prata que recolleron na expedición, pensou que na zona abundaba a prata e desde entón moitos quixeron expedicionar o "Río da Prata"
Fundacións
editarEn 1680, os portugueses fundan, sobre a ribeira oriental do río, Colonia del Sacramento, fronte a Bos Aires. Colonia foi obxecto de disputas entre españois e portugueses durante un século, cambiando varias veces de mans e obrigándolle aos españois a colonizar a Banda Oriental, até entón maiormente ignorada. Colonia é asaltada e ocupada polas forzas vicerreinais españolas o mesmo ano da súa fundación, para ser devolta a Portugal en 1681.
Para deter o avance lusitano, Filipe V ordenou a construción de Montevideo e as súas fortificacións sobre a banda oriental do río. Esta tarefa realizouse entre 1724 e 1730.
Nos anos 1806-1807, o Río da Prata é testemuña das Invasións inglesas do Vicerreinado que levaba o seu nome.
O 5 de xuño de 1888 produciuse o terremoto do Río da Prata, ás 3.20, cunha magnitude na escala de Richter de 5,5. O seu epicentro estivo en 34°36′0″S 57°53′59″O / -34.60000, -57.89972, a 30 m de profundidade. Xamais se tomaran medidas minimamente antisísmicas. Afectou todas as poboacións da costa do Río da Prata, especialmente as cidades de Bos Aires e de Montevideo, mais produciu leves danos pois o seu epicentro atopábase no centro de dito río.
O 13 de decembro de 1939 produciuse a Batalla do Río da Prata, fronte a Punta del Este, primeiro enfrontamento importante de navíos alemáns e británicos durante a segunda guerra mundial.
En augas do Río da Prata producíronse numerosos naufraxios. Considérase de navegación difícil pola intensidade e a rapidez coa cal se forman tormentas.
Ventos locais do Río da Prata
editarSudestada
editarA sudestada é un fenómeno climático que se caracteriza por ventos persistentes, regulares a fortes do sueste, temperaturas relativamente baixas e chuvias de variada intensidade.
Isto ocorre cando, tras o paso dun sistema frontal frío, un sistema de alta presión, cun centro que se atopa ao suroeste da provincia de Bos Aires, produce pola súa circulación ventos persistentes do mencionado sector sobre a costa do Río da Prata.
Xérase polo efecto combinado de dous sistemas, un de alta presión, localizado sobre o océano Atlántico, fronte ás costas da Patagonia central, que transporta aire frío e de orixe marítima cara ao leste da provincia de Bos Aires, extremo sur do Litoral e Sur do Uruguai, e un sistema de baixa presión, localizado sobre o Centro e sur da Mesopotamia e a rexión occidental do Uruguai e que pola súa circulación produce unha achega de aire cálido e húmido sobre a rexión.
Cando se afonda a depresión, intensifícase a circulación do vento do sector sueste producíndose este fenómeno climático. Durante unha sudestada, o río pode alcanzar unha altura de 3,96 metros (sobre o plano de marea altura cero) con intensas ondas, o que provoca asolagamentos en toda á ribeira.
Pampero
editarO pampero é un vento que sopra do suroeste, precisamente do Anticiclón do Pacífico Sur até o Ciclón do Río da Prata, que se caracteriza por ter unha masa de aire fría e seca grazas ás choivas de convección que se dan na cordilleira dos Andes. No verán causa tormentas intensas seguidas por un marcado descenso da temperatura e ceo despexado.
Deportes no Río da Prata
editarO Río da Prata embravecido permite a práctica de surf e wind surfing na capital do Uruguai. As praias onde se surfea son Praia Honda, Praia Verde e Praia Malvín. Presenta ondas de dous metros e a imposibilidade de operar o Porto de Montevideo. Tamén se pode practicar kite surfing.
A práctica do deporte está moi estendida na zona de Bos Aires e arredores. En San Isidro, provincia de Bos Aires, practícase wind surfing, o kitesurf, o kaiak e o outrigger (canoas hawaiianas).
As viaxes en kaiak tomaron gran relevancia nos últimos anos, no Río da Prata e Delta de Bos Aires. Nos ríos Paraná, San Antonio e Canal del Este pódese practicar esquí acuático, wake board e wake surf.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para pratense.
- ↑ Atlas Ambiental de Buenos Aires Arquivado 03 de novembro de 2012 en Wayback Machine. (en castelán)
- ↑ Historia Marítima Argentina: El mar y Los Ríos Argentinos. Departamento de Estudios Históricos Navales, 1982.
- ↑ Escalera Evaristo (1860) Garibaldi y sus glorias. Impr. y litografía de Juan José Martínez. 381 pág.
- ↑ Garrido Manuel Ignacio (1983) Intereses marítimos. Dirección General de Publicaciones, Universidad Nacional de Córdoba. 359 pág.
- ↑ Enguix Alberto (2010) El próximo role - Meteorología Estratégica, Elemental, y Avanzada. NEW Visions. ISBN 978-84-613-8993-3
- ↑ Fossati, Monica; Ismael Piedra-Cueva. International Conference on Estuaries and Coasts, ed. "Salinity Simulations of the Rio de la Plata" (PDF) (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de marzo de 2012. Consultado o 21 de maio de 2012.
- ↑ "Limits of ocean and seas. Special publications N° 23. 3° Edition - 1953" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de outubro de 2010. Consultado o 08 de xuño de 2012.
- ↑ Lewis, E.L. 1980. Escala práctica de salinidad 1978 y sus antecedentes. IEEE J. Ocean. Eng., OE-5(1): 3-8.
- ↑ Mantyla, A.W. 1987. Comparaciones de estándares de agua de mar. J. Phys. Ocean., 17: 543-548.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Río da Prata |