Río Sena

río francés que pasa por Troyes, París e Ruán

O Sena (en francés Seine, pronunciado [sɛn]) é un río francés que pasa por Troyes, París e Ruán. O Sena ten unha lonxitude de 780 km. O seu nacemento sitúase a 447 metros de altitude, en Source Seine[1] sobre a meseta de Langres, en Côte-d'Or. O seu curso ten unha orientación xeral de sueste a noroeste. Desemboca no canal da Mancha, preto de Le Havre. A superficie da bacía é de aproximadamente 75.000 km².

Modelo:Xeografía físicaRío Sena
(fr) Seine Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tiporío principal Editar o valor en Wikidata
Inicio
País da cuncaFrancia Editar o valor en Wikidata
Altitude inicial446 m Editar o valor en Wikidata
División administrativaNormandía, Francia, Borgoña, Francia, Champaña-Ardenas, Francia, Sena e Marne, Francia e París, Francia Editar o valor en Wikidata
Final
División administrativaAgglomeration community of Le Havre, Francia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónLe Havre Editar o valor en Wikidata
DesembocaduraCanal da Mancha Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 47°29′11″N 4°43′01″L / 47.4864, 4.7169
49°26′05″N 0°07′03″L / 49.4347, 0.1175
Composto por
Afluente
56
Conca hidrográficaSeine basin (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
Tamaño776,67 (lonxitude) km
Superficie da cunca hidrográfica78.650 km² Editar o valor en Wikidata
Patrimonio da Humanidade  
banks of the Seine (en) [[File:Noun Project label icon 1116097 cc mirror.svg
TipoPatrimonio cultural  → Europa-América do Norte
Data1991 (15ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (i), (ii) e (iv) Editar o valor en Wikidata
Identificador600
Editar o valor en Wikidata
Medicións
Caudal500 m³/s Editar o valor en Wikidata
BNE: XX5245062
O Sena atravesando París visto desde a Ponte do Arcebispado, coa Catedral de Nôtre Dame á dereita e a Torre Eiffel ao fondo.
Costa dos dous Amantes, Normandía.
Estuario do Sena en Normandía, beira dereita.

A débil inclinación do val do Sena, en Illa de Francia e en Normandía, causou a formación de gran cantidade de meandros profundos; pola mesma razón, os efectos da marea fanse sentir sobre un cento de quilómetros ata Poses e manifestábanse ata un pasado recente no fenómeno do "macareu".

O Sena é unha vía navegábel moi importante, de París ao Canal da Mancha. Atópanse nel dous dos máis importantes portos fluviais de Francia: París (porto de Gennevilliers) e Ruán, que é igualmente un importante porto marítimo, o que permite o transbordamento (Primeiro Porto cerealeiro de Europa). É navegábel de París ata Nogent-sur-Seine. Outros portos fluviais notábeis son Limay-Porcheville e Montereau.

Numerosas industrias están situadas ao longo do val do Sena: automoción (Poissi, Flins, Cléon, Sandouville), petroquímica (Port-Jerôme, Gonfreville-l'Orcher, Notre-Dame-de-Gravenchon, Petit-Couronne), centrais térmicas (Porcheville, Saint-Ouen), central nuclear (Nogent-sur-Seine).

O lago artificial de Forêt d'Orient, en Troyes, foi creado nos anos 1960 para regular o caudal do río.

Curiosidade: as fontes do Sena é propiedade da cidade de París dende 1864. Unha cova artificial foi construída un ano despois, para controlar a fonte principal, e tamén unha estatua dunha ninfa, que simboliza o río. Porén, a capital desinteresouse despois, e a parcela debeu volver á rexión de Borgoña, desexosa de revalorizar o sitio.

Imaxe de satélite do río Sena nos arredores de París.

Principais afluentes

editar

Os principais afluentes do Sena son, desde a súa fonte:

NB: D=Dereita E=Esquerda

Departamentos atravesados

editar

Indo da fonte ata a súa desembocadura.

Na rexión de Borgoña:

Na rexion de Champaña Ardenas:

Na rexión da Illa de Francia:

Na rexión da Alta Normandía:

Na rexión da Baixa Normandía:

Principais cidades atrevesadas

editar
  1. "Service de Géodésie et Nivellement". Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2012. Consultado o 18 de outubro de 2009. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar