Provincias de España
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2017.) |
A provincia é unha división territorial de España, de acordo coa Constitución española. En España hai 50 provincias, que, xunto coas cidades autónomas de Ceuta e Melilla e algunhas posesións insulares menores -que non están suxeitas á división provincial por depender directamente da administración central-, comprenden a totalidade do territorio español.
Historia
editarPrecedentes: os primeiros proxectos de división provincial
editarA provincia introducíuse como división administrativa no Imperio Romano, pasando logo o concepto ó reino visigodo, e sendo recuperado polos reinos cristiáns. Dende entón é unha constante na organización territorial.
O reformismo borbónico introduciu algúns cambios na organización político-territorial de España, como a creación das audiencias e intendencias. Con todo, seguían prevalecendo en gran parte as divisións herdadas dos Habsburgo, con territorios de extensión desigual e varios enclaves dunhas provincias noutras. Para remediar este estado de cousas, os ilustrados propuxeron unha división racional do Reino. O primeiro proxecto serio foi o elaborado entre 1799 e 1805 polo superintendente de Facenda Miguel Cayetano Soler. Con todo, as convulsións políticas dos anos en que se realizou o proxecto non permitiron a súa realización, que foi retomado polas Cortes de Cádiz pouco despois.
Durante a ocupación francesa, José Bonaparte, polo Real Decreto do 17 de abril de 1810, creou unha nova organización administrativa e territorial, calcada do modelo de departamentos franceses: consistía na división do país nunha serie de prefecturas e subprefecturas que eliminaban as divisións administrativas do Antigo Réxime. Con todo, esta nova división apenas foi operativa pois este goberno tan só controlaba unha pequena parte do territorio español e, por outra banda, Napoleón planeaba a incorporación a Francia das terras ao norte do Ebro.
Pola súa banda, as Cortes de Cádiz retomaban en 1812 os proxectos dos ilustrados: decretaron a supresión dos antigos reinos, provincias e intendencias en que se dividía España, e realizaron unha división do país en provincias, regularizada e racionalizada. Con todo, o proxecto non puido chegar a aplicarse, pois a volta a España do absolutismo da man de Fernando VII deixou sen efectos esta división provincial, ao abolir en 1814 a Constitución de Cádiz, volvéndose ao esquema político-administrativo do Antigo Réxime. Durante o Trienio liberal (1820-1823) estableceríase de novo a división provincial ensaiada polas Cortes de Cádiz, pero sería de novo suprimida por Fernando VII ao recuperar o poder absoluto. A organización provincial definitiva sería adoptada tras a morte deste en 1833, ao asumir a Rexencia a súa esposa María Cristina de Borbón con apoio dos liberais, cando o Secretario de Fomento (equivalente ós actuais ministros) Javier de Burgos impulsou o decreto coñecido co seu nome.
División provincial de 1833
editar- Artigo principal: División territorial de España en 1833.
A división provincial actual foi ideada en 1833 por Javier de Burgos sobre os límites dos antigos reinos hispánicos, baseándose nos ideais igualitarios e centralizadores do Novo Réxime xurdido da Revolución francesa. Estableceuse oficialmente como división provincial de España mediante Real Decreto de 30 de novembro. Esta división segue basicamente vixente, agás pequenos reaxustes territoriais maioritariamente ocorridos nos anos inmediatamente posteriores e coa excepción do decreto-lei promulgado polo directorio de Miguel Primo de Rivera o 21 de setembro de 1927 polo que se dividen as illas Canarias nas dúas provincias actuais.
O número de provincias aumentou cando se recoñeceu como tales aos territorios que integraban a antiga África Occidental Española. En 1958 uníronse os territorios de Río de Oro e Saguia el Hamra, creándose a provincia do Sáhara Español, hoxe Sáhara Occidental. A capital da provincia era O Aaiún e utilizábase a matrícula SH. A administración da provincia foi compartida cos países veciños de Marrocos e Mauritania en 1975 polo Acordo tripartito de Madrid pero non a soberanía, a cal -segundo o Dereito Internacional- seguiría aínda nas mans de España. Tamén foi provincia española outro territorio da África Occidental Española, o de Santa Cruz de la Mar Pequeña logo denominado Ifni, capital Sidi Ifni, ocupado por España no século XV, e ao que se concedeu o status de provincia en 1958, entregándose ao país veciño de Marrocos en 1969. E tamén foron dúas provincias ultramarinas desde 1959 a antiga rexión da Guinea Española. Por unha banda, a illa de Fernando Poo (actual Bioko, capital Santa Isabel, actual Malabo, e por outro a provincia de Río Muni, na zona continental, capital Bata, da que tamén dependía o veciño arquipélago de Elobey, Annobón e Corisco. En 1963 ambas as provincias unificáronse nunha, a da Guinea Española, co seu propio Estatuto de Autogoberno (Lei de autonomía de Guinea Ecuatorial de 1963), accedendo á independencia en 1968 como República de Guinea Ecuatorial.
As provincias no actual marco constitucional
editarA vixente Constitución española recolle a división provincial do Estado, ao establecer que este se organiza territorialmente en municipios, en provincias e nas Comunidades Autónomas que se constitúan. Todas estas entidades gozan de autonomía para a xestión dos seus respectivos intereses».
Así mesmo, o artigo 141.1 da Constitución española define a provincia como a «entidade local con personalidade xurídica propia, determinada pola agrupación de municipios e división territorial para o cumprimento das actividades do Estado».
A Constitución tamén utiliza as provincias como base para o base do establecemento das Comunidades Autónomas. Por exemplo, o artigo 143 establece que «...as provincias limítrofes con características históricas, culturais e económicas comúns, os territorios insulares e as provincias con entidade rexional histórica poderán acceder ao seu autogoberno e constituírse en Comunidades Autónomas». Deste xeito, en España existen Comunidades Autónomas pluriprovinciais (é dicir, que comprenden varias provincias) e uniprovinciais (é dicir, que comprenden unha soa provincia).
Así mesmo, a provincia é tomada como circunscrición a efectos das eleccións xerais ao Congreso dos Deputados e o Senado.
Só cunha lei aprobada polas Cortes Xerais é posible modificar a súa denominación ou capitalidade, necesitando unha lei orgánica para variar os seus límites.[1]
Organización administrativa
editarCon carácter ordinario, o goberno e a administración autónoma de cada provincia corresponden á súa Deputación Provincial.
Con todo, existen diversos réximes distintos do ordinario:
- As Comunidades Autónomas uniprovinciais e a Foral de Navarra asumen as competencias, medios e recursos que corresponden no réxime ordinario ás Deputacións Provinciais.
- As Comunidades Autónomas insulares (Canarias e Baleares) gozan de Cabidos ou Consellos insulares.
- No País Vasco, as Deputacións Forais dos territorios históricos (é dicir, as entidades nas que, á súa vez, divídese territorialmente a Comunidade Autónoma do País Vasco) asumen as competencias das Deputacións Provinciais, así como as demais que lles corresponde como órganos forais en virtude do Estatuto de Autonomía para o País Vasco.
Aspectos estatísticos
editarDesde 2003 e para fins estatísticos, baseadas nas normativas europeas e fixadas pola Eurostat, atópanse as unidades NUTS en vigor na Unión Europea. As 50 provincias españolas e as dúas cidades autónomas (Ceuta e Melilla) atópanse clasificadas nos niveis NUTS-3.
Lista das provincias
editarLista alfabética das provincias, a súa capital, comunidade autónoma á que pertence e a lista dos concellos.
Notas
editar- ↑ AAVV (2019). Das vías romanas á modernidade. Dep. Prov. Lugo. ISBN 9788412059717.