Provincia de Cuenca

A provincia de Cuenca é unha provincia española situada na parte oriental de Castela-A Mancha. No ano 2006 estaban censadas na provincia 208.616 persoas, nunha área de 17.061 km², repartida entre 238 municipios. Unha cuarta parte da poboación residía na capital.

Modelo:Xeografía políticaProvincia de Cuenca
Cuenca (es) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 40°N 2°O / 40, -2
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCastela-A Mancha Editar o valor en Wikidata
CapitalCuenca Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación198.718 (2017) Editar o valor en Wikidata (11,59 hab./km²)
Xeografía
Superficie17.141 km² Editar o valor en Wikidata
Punto máis altocerro San Felipe (1.839 m) Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoRío Cabriel (480 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
Órgano executivoDiputación Provincial de Cuenca Editar o valor en Wikidata
• Q56189625 Traducir Editar o valor en WikidataBenjamín Prieto Valencia (2011–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal16 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
ISO 3166-2ES-CU Editar o valor en Wikidata
Código NUTSES423 Editar o valor en Wikidata
Código INE16 Editar o valor en Wikidata

Páxina webdipucuenca.es Editar o valor en Wikidata

Limita ao sur coas provincias de Albacete e Cidade Real, ao norte coa provincia de Guadalaxara e máis a Comunidade Autónoma de Aragón, ao leste coa Comunidade Valenciana, e ao oeste coa provincia de Toledo e a Comunidade de Madrid.

Comarcas

editar

Municipios

editar
 
Concellos de Cuenca con máis de 1000 habitantes (lista da esquerda)
Concellos de Cuenca maiores de 1.000 habitantes (INE 2010)
Nome Poboación Comarca
1. Cuenca 56.189 Serranía Media-Campichuelo y Serranía Baja
2. Tarancón 15.732 La Mancha de Cuenca
3. Quintanar del Rey 7.910 Manchuela conquense
4. Las Pedroñeras 7.228 La Mancha de Cuenca
5. San Clemente 7.204 La Mancha de Cuenca
6. Mota del Cuervo 6.304 La Mancha de Cuenca
7. Motilla del Palancar 6.195 Manchuela conquense
8. Iniesta 4.694 Manchuela conquense
9. Horcajo de Santiago 4.162 La Mancha de Cuenca
10. Casasimarro 3.361 Manchuela conquense
11. Villamayor de Santiago 3.068 La Mancha de Cuenca
12. El Provencio 2.771 La Mancha de Cuenca
13. Minglanilla 2.669 Manchuela conquense
14. Las Mesas 2.563 La Mancha de Cuenca
15. Belmonte 2.234 La Mancha de Cuenca
16. Villanueva de la Jara 2.231 Manchuela conquense
17. Huete 2.034 La Alcarria
18. La Alberca de Záncara 1.976 La Mancha de Cuenca
19. Sisante 1.960 Manchuela conquense
20. Ledaña 1.931 Manchuela conquense
21. Honrubia 1.761 La Mancha de Cuenca
22. Las Valeras 1.671 Serranía Media-Campichuelo y Serranía Baja
23. Campillo de Altobuey 1.576 Manchuela conquense
24. Casas de Fernando Alonso 1.503 La Mancha de Cuenca
25. Landete 1.376 Serranía Media-Campichuelo y Serranía Baja
26. Arcas del Villar 1.354 Serranía Media-Campichuelo y Serranía Baja
27. Fuente de Pedro Naharro 1.330 La Mancha de Cuenca
28. El Pedernoso 1.304 La Mancha de Cuenca
29. San Lorenzo de la Parrilla 1.288 La Mancha de Cuenca
30. Valverde de Júcar 1.280 La Mancha de Cuenca
31. Villar de Olalla 1.202 Serranía Media-Campichuelo y Serranía Baja
32. Villalpardo 1.143 Manchuela conquense
33. Priego 1.124 La Alcarria
34. Barajas de Melo 1.065 La Alcarria
35. Casas de Benítez 1.055 Manchuela conquense
36. Talayuelas 1.049 Serranía Media-Campichuelo y Serranía Baja
37. Los Hinojosos 1.001 La Mancha de Cuenca

Economía

editar

Cuenca, cunha economía algo deprimida debido principalmente á emigración continuada, parece renacer agora co turismo e o progresivo coñecemento das súas excelentes paisaxes e recursos. A economía estivo tradicionalmente centrada nas actividades agrarias e forestais: cereais, vide, oliveira, azafrán, allos, garavanzos, lentellas, cultivo de fungos (Villanueva de la Jara, Altarejos, Las Pedroñeras, Los Hinojosos, Mota del Cuervo, Poboa de Almenara). A industria céntrase sobre todo no sector derivado da riqueza forestal conquense: serradoiros (Conca, Almodóvar del Pinar) e resinas (Conca, Arcos de la Sierra). Os seus mananciais de augas minerais de gran calidade, principalmente ao norte da provincia, dan lugar a unha industria embotelladora de importancia crecente (por exemplo, as augas de Beteta e de Huerta del Marquesado). Ten no seu territorio os encoros de Buendía, La Toba, Alarcón e Contreras que hoxe día están nunha situación moi deficitaria.

Os seus produtos máis característicos son os derivados cárnicos, sobremesas como o alajú, bebidas como o resolí, o viño e a augardente de Ribatajada, o queixo, o allo morado de Las Pedroñeras, os cogomelos e o champiñón da Manchuela e o mel da Alcarria.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar