Pieter Boddaert
Pieter Boddaert, nado en 1730 en Middelburg, Zelandia (daquela nas Provincias Unidas dos Países Baixos), e finado en 1795 en Utrecht (daquela na República Bátava),[1] foi un médico e naturalista holandés.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de maio de 1730 Middelburg, Países Baixos |
Morte | 6 de maio de 1795 (64 anos) Utrecht, Países Baixos |
Residencia | Países Baixos |
Educación | Universidade de Utrecht |
Actividade | |
Ocupación | biólogo, naturalista, ictiólogo, profesor universitario, zoólogo, médico, ornitólogo, fisiólogo |
Empregador | Universidade de Utrecht |
Membro de | |
Obra | |
Abreviatura do autor en zooloxía | Boddaert |
Familia | |
Fillos | Pieter Boddaert jr. |
Pai | Pieter Boddaert |
Traxectoria
editarFillo do xurista e poeta do mesmo nome (1694-1760), obtivo o seu doutourado en medicina na Universidade de Utrecht en 1764, pasando a ditar clases de historia natural nesa Universidade.
Foi amigo de Albert Schlosser, cuxo gabinete de "curiosidades" (obxectos de historia natural) describiu, e de Linneo. Consérvanse catorce cartas da súa correspondencia con este último, datadas entre 1768 e 1775.[2]
En 1783 publicou cincuenta exemplares dunha "Clave de identificación dos debuxos de Edmé-Louis Daubenton", das que deu os nomes científicos a cada unha das especies das láminas. Moitos destes primeiros nomes científicos por el propostos permanecen vixentes aínda hoxe.
En 1785 publicou Elenchus Animalium, no que incluíu os primeiros nomes binomiais (e trinomiais) de varios mamíferos, incluíndo o do tarpán (Equus ferus) e o da quagga (Equus quagga quagga).
Honores
editarFoi membro en 1771 da Deutsche Akademie der Naturforscher Leopoldina (Academia Leopoldina).
Abreviatura
editarA abreviatura Boddaert emprégase para sinalar a Pieter Boddaert como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
editar- ↑ Boddaert, Pieter 1730-1795 Arquivado 08 de febreiro de 2012 en Wayback Machine. en Scricciolo.com
- ↑ Cartas de Linneo.