Partido Social Demócrata (Portugal)
O Partido Social Demócrata (PSD) é un partido liberal-conservador en Portugal.
Partido Social Democrata | |
---|---|
Historia | |
Fundación | 1974 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Conservadorismo liberal |
Posición política | Centro-dereita[1][2][3] |
Outros datos | |
Sede | Lisboa, Portugal |
Na rede | |
http://www.psd.pt/ | |
Historia
editarFundación
editarO PSD foi fundado en 1974, dúas semanas após a Revolução dos Cravos, e en 1976 adoptou o seu nome actual.
Posicións políticas
editarEn 1979, o PSD aliouse con partidos de centro-dereita para formar a Alianza Democrática e gañou as eleccións dese ano. Despois das eleccións xerais de 1983, o partido formou unha gran coalición co Partido Socialista, coñecida como o Bloco Central. Isto foi antes de gañar as eleccións xerais de 1985 co novo líder Aníbal Cavaco Silva, que desprazou o partido cara á dereita. É membro do Partido Popular Europeo.[4]
Liderado
editarCavaco Silva serviu como Primeiro Ministro durante dez anos, instituíndo liberalizacións económicas e gañando dúas maiorías amplas. Tras a súa renuncia, o PSD perdeu as eleccións de 1995. O partido volveu ao poder con José Manuel Durão Barroso en 2002, pero foi derrotado nas eleccións de 2005. O partido voltou ao poder despois das eleccións de 2011 e, catro anos despois, conseguiu 107 escanos na Asemblea da República en alianza co CDS – Partido Popular, pero sen poder formar un goberno minoritario. O líder do partido Rui Rio, autodenominado "centrista", foi elixido o 13 de xaneiro de 2018 e, após a súa dimisión, substituído por Luís Montenegro en 2022, quen se converteu en Primeiro ministro de Portugal en 2024.[5]
Hoxe
editarOrixinalmente un partido de socialdemocracia, o PSD converteuse no principal partido de centro-dereita e conservador en Portugal.[1] O PSD é membro do Partido Popular Europeo e da Centrist Democrat International. Até o 1996, o PSD pertencía ao Partido Liberal Demócrata Europeo e á Internacional Liberal.[1] O partido publica o xornal semanal Povo Livre.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Almeida, Dimitri (2012). The Impact of European Integration on Political Parties: Beyond the Permissive Consensus. Taylor & Francis. p. 99. ISBN 978-1-136-34039-0.
- ↑ Freire, André (2007). "The Party System of Portugal". En Oskar Niedermayer; Richard Stöss; Melanie Haas. Die Parteiensysteme Westeuropas. Springer-Verlag. p. 373. ISBN 978-3-531-90061-2.
- ↑ Lisi, Marco (2007). "The Importance of Winning Office: The PS and the Struggle for Power". En Anna Bosco; Leonardo Morlino. Party Change in Southern Europe. Routledge. p. 50. ISBN 978-1-136-76777-7.
- ↑ Europeu, PSD no Parlamento. "PSD no Parlamento Europeu". PSD no Parlamento Europeu (en portugués). Consultado o 2024-07-06.
- ↑ "Rui Rio; PSD". www.psd.pt (en portugués). Consultado o 2024-07-06.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Portugal |
Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |