Partido Social Demócrata (Portugal)

partido político de Portugal
(Redirección desde «PSD»)

O Partido Social Demócrata (PSD) é un partido liberal-conservador en Portugal.

Partido Social Democrata
Historia
Fundación1974
Posicións políticas
IdeoloxíaConservadorismo liberal
Posición políticaCentro-dereita[1][2][3]
Outros datos
SedeLisboa, Portugal
Na rede
http://www.psd.pt/
Twitter: ppdpsd Editar o valor en Wikidata

Historia

editar

Fundación

editar

O PSD foi fundado en 1974, dúas semanas após a Revolução dos Cravos, e en 1976 adoptou o seu nome actual.

Posicións políticas

editar

En 1979, o PSD aliouse con partidos de centro-dereita para formar a Alianza Democrática e gañou as eleccións dese ano. Despois das eleccións xerais de 1983, o partido formou unha gran coalición co Partido Socialista, coñecida como o Bloco Central. Isto foi antes de gañar as eleccións xerais de 1985 co novo líder Aníbal Cavaco Silva, que desprazou o partido cara á dereita. É membro do Partido Popular Europeo.[4]

Liderado

editar

Cavaco Silva serviu como Primeiro Ministro durante dez anos, instituíndo liberalizacións económicas e gañando dúas maiorías amplas. Tras a súa renuncia, o PSD perdeu as eleccións de 1995. O partido volveu ao poder con José Manuel Durão Barroso en 2002, pero foi derrotado nas eleccións de 2005. O partido voltou ao poder despois das eleccións de 2011 e, catro anos despois, conseguiu 107 escanos na Asemblea da República en alianza co CDS – Partido Popular, pero sen poder formar un goberno minoritario. O líder do partido Rui Rio, autodenominado "centrista", foi elixido o 13 de xaneiro de 2018 e, após a súa dimisión, substituído por Luís Montenegro en 2022, quen se converteu en Primeiro ministro de Portugal en 2024.[5]

Orixinalmente un partido de socialdemocracia, o PSD converteuse no principal partido de centro-dereita e conservador en Portugal.[1] O PSD é membro do Partido Popular Europeo e da Centrist Democrat International. Até o 1996, o PSD pertencía ao Partido Liberal Demócrata Europeo e á Internacional Liberal.[1] O partido publica o xornal semanal Povo Livre.

  1. 1,0 1,1 1,2 Almeida, Dimitri (2012). The Impact of European Integration on Political Parties: Beyond the Permissive Consensus. Taylor & Francis. p. 99. ISBN 978-1-136-34039-0. 
  2. Freire, André (2007). "The Party System of Portugal". En Oskar Niedermayer; Richard Stöss; Melanie Haas. Die Parteiensysteme Westeuropas. Springer-Verlag. p. 373. ISBN 978-3-531-90061-2. 
  3. Lisi, Marco (2007). "The Importance of Winning Office: The PS and the Struggle for Power". En Anna Bosco; Leonardo Morlino. Party Change in Southern Europe. Routledge. p. 50. ISBN 978-1-136-76777-7. 
  4. Europeu, PSD no Parlamento. "PSD no Parlamento Europeu". PSD no Parlamento Europeu (en portugués). Consultado o 2024-07-06. 
  5. "Rui Rio; PSD". www.psd.pt (en portugués). Consultado o 2024-07-06. 

Véxase tamén

editar



 
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.