Lingua portuguesa

lingua románica da península Ibérica

O portugués[2] é unha lingua romance nada na alta Idade Media na Gallaecia, que agora é Galiza e o norte de Portugal. Estendeuse polo mundo nos séculos XV e XVI, na época en que Portugal fundou un imperio colonial, incluíndo o Brasil en Suramérica, Goa na India e Macau na China. Daquela xurdiron tamén varias linguas crioulas baseadas no portugués, sobre todo en África, Asia e o Caribe.

Portugués
Português
Falado en: Oficialmente en
Angola Angola
Brasil
Cabo Verde Cabo Verde
Timor Leste
Guinea Ecuatorial Guinea Ecuatorial
Guinea-Bissau Guinea-Bissau
Macau ( República Popular da China)
Mozambique Mozambique
Portugal Portugal
San Tomé e Principe San Tomé e Príncipe
Países e territorios cunha porcentaxe significativa de falantes:
España España
Arxentina
Australia Australia
Bermudas
Canadá
Estados Unidos de América Estados Unidos
Francia
Xapón
Xersei Illa de Jersey
Luxemburgo Luxemburgo
Paraguai
Sudáfrica Suráfrica
Suíza Suíza
Uruguai
Venezuela
Rexións: Europa Occidental, América, África, Asia, Oceanía
Total de falantes: 250 millóns (primeira lingua) aproximadamente 300 millóns (primeira e segunda lingua)
Posición: 6
Familia: Indoeuropea
 Románica
  Románica occidental
   Galoibérica
    Iberorrománica
     Ibero-occidental
      Galaico-portugués
       Portugués
Status oficial
Lingua oficial de: Portugal, Brasil, Angola, Cabo Verde, Guinea-Bissau, Guinea Ecuatorial, Mozambique, San Tomé e Príncipe e Timor Leste
Regulado por: CPLP
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: pt
ISO 639-3: por
SIL: POR
Mapa
Status

O portugués está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

Hoxe en día é unha das linguas do mundo máis faladas, na sexta posición[3] en canto a falantes como primeira lingua (uns 250 millóns). É a segunda lingua con maior número de falantes en Suramérica (máis de 200 millóns), así como unha importante lingua franca en varias rexións de África.[4][5]

O portugués é lingua oficial de nove países - Portugal, Brasil, Angola, Cabo Verde, Guinea-Bissau, Guinea Ecuatorial, Mozambique, San Tomé e Príncipe e Timor Leste, sendo cooficial co español e francés en Guinea Ecuatorial, co chinés na rexión Especial Administrativa Chinesa de Macau, e co tetum en Timor Leste.

O galego e o portugués eran a mesma lingua, o galego-portugués, até como mínimo os séculos XII-XIII, cando se iniciou un proceso de afastamento debido, entre outras razóns, a que en Portugal adquiriu o carácter de lingua estatal e que Galiza se incorporou á Coroa de Castela, que posteriormente chegaría a formar España, sen se estabelecer polo tanto como lingua oficial en Galiza, e desaparecendo como lingua literaria durante tres séculos (XVI, XVII e XVIII). O esplendor literario medieval do galaico-portugués foi descoñecido, nos dous lados da fronteira, ata a década de 1920. Hoxe en día o galego e o portugués considéranse oficialmente[6][7][8][9][10] como dúas linguas distintas, aínda que existen posicións diferentes, incluíndo un movemento social chamado reintegracionismo, que afirma que o galego e o portugués son simplemente dúas variantes da mesma lingua.

Historia

editar
Artigo principal: Historia da lingua portuguesa.

O portugués desenvolveuse na parte occidental da Península Ibérica do latín falado, que levaron ata alí os soldados e colonos romanos desde o século III a.C.. A lingua iniciou a diferenciarse do latín despois da caída do Imperio Romano e das invasións bárbaras no século V. Comezou a ser usada en documentos escritos polo século XII, e no século XV comezou a diferenciarse claramente das falas do norte.

Chegando á Península Ibérica en 218 a.C., os romanos trouxeron con eles a lingua latina popular, o latín vulgar, da que todas as linguas románicas (tamén coñecidas como "linguas neolatinas") descenden. Xa no século II a.C. o sur da Lusitania estaba romanizado. Estrabón, xeógrafo da Grecia antiga, comenta nun dos libros da súa obra Geographia: "Eles adoptaran os costumes romanos, e xa non se lembran da propia lingua." A lingua tornouse popular coa chegada dos soldados, colonos e mercadores romanos, que construíron cidades romanas normalmente preto de antigos poboados doutras civilizacións.

Entre o 409 d.C. (unha vez o Imperio Romano entraba en colapso) e o 711, a Península Ibérica foi invadida por pobos de orixe xermánica, coñecidos polos romanos como bárbaros. Os bárbaros (principalmente os suevos e os visigodos) absorberon en grande escala a cultura e a lingua da península; contodo, desde que as escolas e a administración romana pecharon, a Europa entrou na Idade das Tebras e as comunidades ficaron illadas, o latín popular comezou a evolucionar de forma diferenciada e a uniformidade da península rompeuse, levando á formación dun "romance lusitano". Desde 711, coa invasión islámica da península, o árabe tornouse a lingua de administración das áreas conquistadas. Contodo, a poboación continuou a usar as súas falas románicas de tal forma que cando os árabes foran expulsos, a influencia que exerceran na lingua foi pequena. O seu efecto principal foi no léxico.

 
Mapa cronolóxico que amosa a evolución territorial das linguas do suroeste de Europa entre as que aparece o portugués.
Poesía medieval
galego-portuguesa
Das que vejo
non desejo
outra senhor se vós non,
e desejo
tan sobejo,
mataria um leon,
senhor do meu coraçon:
fin roseta,
bela sobre toda fror,
fin roseta,
non me meta
en tal coita voss'amor!
João de Lobeira
(1270?–1330?)

Portugal tornouse independente en 1143 co rei D. Afonso Henriques. No primeiro período do "portugués arcaico" - período galego-portugués (do século XII ao século XIV), a lingua comezou a ser usada de forma mais xeneralizada, despois de ter gaño popularidade na Península Ibérica cristianizada como unha lingua de poesía. En 1290, o rei D. Dinis cria a primeira universidade portuguesa en Lisboa (o Estudo Xeral) e decretou que o portugués, até entón apenas coñecido como "lingua vulgar", pasase a ser coñecido como Lingua Portuguesa e oficialmente usado.

No segundo período do portugués arcaico, entre os séculos XIV e XVI, coas descubertas portuguesas, a lingua portuguesa espallouse por moitas rexións da Asia, de África e das Américas. Hoxe en día, a maioría dos falantes do portugués encóntranse no Brasil, na América do Sur. No século XVI tórnase a lingua franca da Asia e África, usado non só pola administración colonial e polos mercadores, mais tamén para comunicación entre os responsábeis locais e europeos de todas as nacionalidades. A irradiación da lingua foi axudada por casamentos mixtos entre portugueses e as poboacións locais e a súa asociación cos esforzos misionarios católicos levou a que fose chamada cristián en moitos sitios da Asia. O Vocabvlario da Lingoa de Iapam (1603) foi un produto da actividade misionaria Xesuíta no Xapón. A lingua continuou tendo popularidade no suroeste asiático ata o século XIX.

Algunhas comunidades cristiás falantes de portugués na India, Sri Lanka, Malaisia e Indonesia preservaron a súa lingua mesmo despois de separarse de Portugal. A lingua modificouse bastante nestas comunidades e evolucionou ata converterse en distintos crioulos de base portuguesa, algúns dos cales aínda teñen vitalidade. Tamén existe un número bastante considerábel de palabras de orixe portuguesa no tetum. Palabras de orixe portuguesa entraron no léxico de varias outras linguas, como o xaponés, o suahili, o indonesio e o malaio.

O fin do "portugués arcaico" é marcado pola publicación do Cancioneiro Geral de Garcia de Resende en 1516. O período do "portugués moderno" (do século XVI ata o presente) tivo un aumento do número de palabras orixinarias do latín e do grego clásicos, emprestadas ao portugués durante o Renacemento, aumentando a complexidade da lingua.

Clasificación e linguas relacionadas

editar

Indoeuropeo - Itálico - Románico - Italo-Occidental - Galo-Ibérico - Ibero-Románica - Ibero-Occidental - Galaico-portugués

A lingua portuguesa é ortograficamente parecida en moitos aspectos á lingua castelá, mais é diferente na fonoloxía. Un falante dunha das linguas require algunha práctica para entender a un falante da outra. É unha lingua moi próxima ao galego, e hai quen considera que galego e portugués son o mesmo idioma. Realmente, a morfoloxía e a sintaxe do galego e portugués son moi semellantes, e onde hai as diferenzas máis notábeis é na fonética e no vocabulario. Compare por exemplo:

Ela fecha sempre a janela antes de jantar. (portugués)
Ela pecha sempre a xanela antes de cear. (galego)
Ella cierra siempre la ventana antes de cenar. (castelán)

Ou tamén:

Ela encerra sempre a janela antes de cear. (portugués pouco común)

Ela fecha sempre a xanela antes de cear. (galego coa forma fechar típica da área bracarense)

Nótese tamén que a palabra cear en portugués está limitada actualmente no seu uso a comida lixeira posterior ao jantar portugués (equivalente á cea galega). Isto é, en galego xantar fai referencia á comida do mediodía. En portugués é a comida da noite.[11]

Por exemplo hai cousas moi parecidas en contraste coas diferenzas que tamén hai: (téñase en conta que o "ñ" ten o mesmo son que o "nh" e o "ll" ten o mesmo son que a "lh". Aínda que na actualidade o fonema ʎ. que é representado por ll en galego ou lh xa se perdeu por causa do yeísmo castelán).[12]

Galego: ANDORIÑA = Chega a Galicia en grandes bandadas todas as primaveras procedente de África, a onde volta no outono fuxindo do frío. É fácil de identificar polas súas cores: azul escura a parte superior do corpo, a inferior branca e a testa e a gorxa vermellas. Tamén é característico o seu longo rabo rematado en dúas puntas afiadas. É difícil vela pousada na terra, normalmente voa a rentes do chan a grande velocidade para pillar insectos. Fai o niño na parte superior das paredes, xunto ás madeiras do teito, con pallas e herbas mesturadas con lama deixando un oco pola parte superior.
Portugués: ANDORINHA = Chega à Galiza em grandes bandos todas as primaveras procedente de África, aonde volta no outono fugindo do frio. É fácil de identificar pelas suas cores: azul-escura a parte superior do corpo, a inferior branca e a testa e a garganta vermelhas. Também é caraterístico o seu longo rabo rematado em duas pontas afiadas. É difícil vê-la pousada na terra, normalmente voa rente ao chão a grande velocidade para pilhar insetos. Faz o ninho na parte superior das paredes, junto às madeiras do teto, com palhas e ervas misturadas com lama deixando un oco pela parte superior.

Nalgúns lugares, o portugués e o castelán son falados en conxunto. Os falantes de portugués len e entenden castelán con algunha facilidade, en canto que españois són capaces de ler portugués, mais moitas veces incapaces de percibir a lingua falada (excepto a maioría dos galegos). Isto leva a que algúns estranxeiros en Portugal e no Brasil tenten comunicarse en castelán, o que fai que as poboacións locais se sintan ofendidas. O portugués está, naturalmente, relacionado co catalán, o italiano e todas as outras linguas latinas. Os falantes doutras linguas latinas é posíbel que achen peculiar a conxugación do infinitivo (o infinitivo conxugado).

Distribución xeográfica

editar
 
Extensión da lingua portuguesa no mundo.     Lingua materna e oficial     Lingua oficial e administrativa     Lingua cultural ou secundaria

O portugués é primeira lingua en Angola, Brasil, Portugal, San Tomé e Príncipe e é a lingua máis usada en Mozambique.

A lingua portuguesa é tamén unha das linguas oficiais de Timor-Leste (co tetum) e Macau (co chinés). É bastante falado, mais non oficial, en Andorra, Luxemburgo, Namibia e Paraguai. Crioulos portugueses son a lingua materna da poboación de Cabo Verde e de parte substancial dos guineenses e santomenses.

O portugués é falado por aproximadamente 200 millóns de persoas en América do Sur, 30 millóns de africanos, 15 millóns de europeos, 5 millóns en América do Norte e 0,33 millóns en Asia.

Oficialidade

editar

O portugués é a lingua oficial de Angola, Brasil, Portugal, San Tomé e Príncipe, Mozambique, Cabo Verde, Guinea-Bissau e Timor Leste. É tamén unha das linguas oficiais de Guinea Ecuatorial (xunto ao francés e o castelán) e de Macau (xunto ao cantonés).

A Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa (CPLP) é unha organización internacional que consta dos oito países independentes que teñen o portugués como lingua oficial. O portugués é tamén unha lingua oficial da Unión Europea, Mercosul e unha das linguas de traballo e oficiais da Unión Africana. A lingua portuguesa ten gañado popularidade como lingua de estudo en África, América do Sur e Asia.

País Poboación Poboación falante
de portugués
  Brasil 208 385 000 198 700 000
  Angola 28 770 000 20 426 700
  Mozambique 27 136 000 12 600 000
  Portugal 10 262 000 10 262 000
  Guinea-Bissau 1 664 000 1 460 253
  Cabo Verde 500 585 450 526
  Timor Leste 1 062 777 339 541
  San Tomé e Príncipe 193 413 183 742
  Guinea Ecuatorial 1 772 275 21 000
  Macau (  China) 566 375 17 740

Padróns

editar

O portugués ten dúas variedades escritas (padróns ou estándares) recoñecidas internacionalmente:

As diferenzas entre as variedades do portugués de Europa e do Brasil son no vocabulario, pronuncia e sintaxe, especialmente nas variedades vernáculas, en canto nos textos formais estas diferenzas diminúen bastante. As diferenzas non son maiores que as existentes entre o inglés dos Estados Unidos e do Reino Unido. Ambas as variedades son, sen dúbida, dialectos da mesma lingua e os falantes de ambas as variedades poden entenderse sen grandes dificultades.

O que a versión brasileira do portugués ten de notorio non é o seu léxico ou pronuncia distintos (considerados naturais ata nun mesmo país) senón a forma escrita. O Brasil eliminou a maioría dos primeiros "c" cando "cc", "cç" ou "ct"; e "p" cando "pc", "pç" ou "pt" porque non son pronunciados na forma culta da lingua, un remanente do pasado latino desta (algúns continúan a existir no portugués do Brasil, e máis aínda no europeo).

Europa e África Brasil
amnistia, indemnização anistia, indenização
comummente, connosco comumente, conosco
excepção exceção
facto fato

Esta duplicidade, sendo a única entre as linguas do mundo occidental falada por mais de 100 millóns de persoas con dúas ortografías oficiais, está finalizando ao entrar en vigor o Acordo Ortográfico de 1990, existindo na actualidade xa dicionarios de prestixio que seguen o acordo.

Tamén existen diferenzas en acentos, debido a:

  1. Pronuncia diferente. O Brasil en palabras como "Antônio" ou "anônimo" usa vogais fechadas, onde en Portugal e África usan abertas, "António" ou "anónimo", respectivamente.

A reforma ortográfica de 1990 e o Segundo Protocolo Modificativo de 2004

editar

No 1990 tentouse unha Reforma Ortográfica para crear un padrón de portugués internacional, no que participaron daquela tódolos países de lingua oficial portuguesa, incluíndo ademais a adhesión dunha delegación (non oficial) de observadores de Galiza. O acordo foi ratificado por Portugal (1991), Brasil (1995), Cabo Verde (2006) e San Tomé e Príncipe (2006); Timor-Leste, non sendo un subscritor do acordo orixinal, ratificouno no 2004. Os países africanos de lingua portuguesa aínda non decidiran, posibelmente debido a problemas na posta en funcionamento. O acordo estabelecía que a súa entrada en práctica só ocorrería cando todos os países da CPLP o ratificaren, e este proceso podía ser longo.

Como exemplo de troco ortográfico, o acordo elimina a maioría dos "c" cando "cc", "cç" ou "ct"; e "p" (cando "pc", "pç" ou "pt") do portugués europeo, o trema e acentos en palabras terminadas en "eia" no Brasil, ademais dalgunhas pequenas regras novas.

Fíxose tamén outro acordo para as novas palabras que entren na lingua.
En xullo de 2004 foi aprobado, en San Tomé e Príncipe, o Segundo Protocolo Modificativo, durante o cumio dos xefes de Estado e de goberno da CPLP. O Segundo Protocolo permitiu que o Acordo entrase en vigor coa ratificación de apenas tres países, sen a necesidade de agardar que todos os demais membros da CPLP adoptasen o mesmo procedemento. Así, tendo en vista que o Segundo Protocolo Modificativo foi ratificado polo Brasil (2004), Cabo Verde (2005) e San Tomé e Príncipe (nov. 2006), o Acordo Ortográfico da Lingua Portuguesa está en vigor, na orde xurídica internacional e nos ordenamentos xurídicos dos tres Estados indicados, desde 1º de xaneiro de 2007. En xullo de 2008 tamén Portugal aprobou o protocolo modificativo.

Dialectos

editar
Artigo principal: Dialectos do portugués.

A lingua portuguesa posúe gran variedade de dialectos, moitos deles cunha acentuada diferenza lexical en relación ao portugués padrón - o que acontece especialmente no Brasil. Tales diferenzas, entre tanto, non prexudican moito a intelixibilidade entre os locutores de diferentes dialectos.

O portugués europeo padrón (tamén coñecido como "estremeño") modificouse máis que as outras variedades. Mesmo así, todos os aspectos e sons de todos os dialectos de Portugal poden ser encontrados nalgún dialecto no Brasil. O portugués africano, en especial o portugués santomense ten moitas semellanzas co portugués do Brasil. Ao mesmo tempo os dialectos do sur de Portugal presentan moitas semellanzas, especialmente o uso intensivo do xerundio. Na Europa, o alto-miñoto e o transmontano teñen semellanzas co galego.

Mesmo coa independencia das antigas colonias africanas, o portugués padrón de Portugal é o padrón preferido polos países africanos de lingua portuguesa. Logo, o portugués apenas ten dous dialectos de aprendizaxe, o europeo e o brasileiro. Note que, na lingua portuguesa hai dous dialectos preferidos en Portugal: o de Coímbra e o de Lisboa. No Brasil, o dialecto preferido é o falado e moito máis escrito polos habitantes cultos das grandes cidades. A maioría dos dialectos, con todo, é mutuamente intelixible.

Maiores dialectos portugueses

editar
 
Dialectos de Portugal.

Portugal

  1. Azoriano (ouvir) - Azores
  2. Alentexano (ouvir) - Alentexo
  3. Algarvío (ouvir) - Algarve (hai un pequeno dialecto na parte occidental)
  4. Alto-Miñoto (ouvir) - Norte de Braga (interior)
  5. Baixo-Beirán; Alto-Alentexano (ouvir) - Centro de Portugal (interior)
  6. Beirán (ouvir) - Centro de Portugal
  7. Estremeño (ouvir) - Rexións de Coimbra e Lisboa (pode ser subdividido en lisboeta e coimbrán)
  8. Madeirense (ouvir) - Madeira
  9. Norteño (ouvir) - Rexións de Braga e Porto
  10. Transmontano (ouvir) Trás-os-Montes

Gramática

editar

Os verbos son divididos en tres conxugacións, que poden ser identificadas a través da terminación dos infinitivos, en "-ar", "-er", "-ir" (e "-or", que está presente nun único verbo, "pôr", xuntamente cos seus compostos. Este verbo pertence, aínda, á conxugación "-er", cando no pasado era "poner", que pasou a "poer" e finalmente "pôr"). Moitos verbos terminan en "-ar", tales como "cantar". Dunha forma xeral, os verbos coa mesma terminación seguen o mesmo padrón; porén, son abundantes os verbos irregulares e mesmo anómalos, caso de ir, vir, ter, ser e pôr.

Na lingua portuguesa, os verbos son divididos en modos:

  • Indicativo. Usado para expresar feitos
  • Conxuntivo. Usado para expresar suposicións
  • Imperativo. Usado para expresar instrucións

Tódolos substantivos portugueses teñen un dos dous xéneros: masculino ou inclusivo e feminino ou exclusivo. Moitos adxectivos e pronomes, e todos os artigos, indican o xénero dos substantivos a que eles se refiren. O xénero feminino en adxectivos está formado de modo diferente dos substantivos. Moitos adxectivos que terminan nunha consoante permanecen inalterados: "homem superior", "mulher superior". Isto é un feito tamén para adxectivos que terminan en "e": "homem forte", "mulher forte". Fóra disto, o substantivo e o adxectivo deben sempre estar en concordancia: "homem alto", "mulher alta".

O grao dos substantivos é, dunha forma xenérica, representado polos sufixos "-ão, -ona" para o aumentativo e "-inho, -inha" para o diminutivo, aínda que existen numerosas variacións para representar eses graos.

Os adxectivos poden ter grao comparativo ou superlativo. O grao comparativo é representado polos adverbios "mais...que", "menos...que" e "tão...quanto" (ou "como"), e o grao superlativo é representado polas locucións "o mais" ou o "menos". Para representar o superlativo absoluto, pódese aínda utilizar os sufixos "-íssimo, -íssima" (algúns adxectivos, no entanto, fan o superlativo absoluto coa terminación "-érrimo, -érrima", ou "-ílimo", "-ílima").

Os substantivos veñen xeralmente acompañados dun numeral, pronome ou artigo, formando variacións de acordo coas funcións sintácticas, a saber:

  • Nominativo (suxeito ou obxecto directo): a, o, este, esta, isto, esse, essa, isso, aquele, aquela, aquilo;
  • Xenitivo (adxunto adnominal de pose): da, do, deste, desta, disto, desse, dessa, disso, daquele, daquela, daquilo;
  • Locativo (adxunto adverbial de lugar): na, no, neste, nesta, nisto, nesse, nessa, nisso, naquele, naquela, naquilo;
  • Dativo (obxecto indirecto): à, ao, àquele, àquela, àquilo (a preposición non se funde cos demais demonstrativos).

Os adverbios poden ser formados polo feminino dos adxectivos, co engadido do sufixo "-mente".

Vocabulario

editar

O Dicionário Houaiss da Língua Portuguesa, por Antônio Houaiss (19151999), fillo de inmigrantes libaneses e antigo ministro da cultura do Brasil, foi creado co apoio de case dúas centenas de lexicógrafos de varios países e é o dicionario de portugués máis completo (cerca de 228 500 entradas, 376 500 acepcións, 415 500 sinónimos, 26 400 antónimos e 57 000 palabras arcaicas). Inclúe moitas variacións da lingua portuguesa: africanismos, asiacismos e brasileirismos ademais do vocabulario usado en Portugal. Dedicando a súa vida á lingua, Houaiss comezou o seu traballo en 1986, e morreu un ano antes de que o dicionario fose acabado polos seus colegas no ano 2000, sen ver o seu soño tornarse realidade. O dicionario está converténdose nunha referencia na lingua, e algúns clasifícano como un "monumento á lingua".

O Portugués, quer en morfoloxía e sintaxe, representa unha transformación orgánica do latín sen intervención de ningunha lingua estranxeira. Os sons, formas gramaticais e tipos sintácticos, con pequenas excepcións, son derivados do latín, e cerca de 90% do vocabulario aínda deriva da lingua de Roma. Algunhas mudanzas tomaron corpo durante o Imperio Romano, outras tiveron lugar máis tarde.

Fonética

editar
As consoantes do Portugués
Bilabial Labio-
dental
Dental Alveolar Post-
alveolar
Palatal Velar Uvular
Plosivas p b t d k g
Nasais m n ɲ
Fricativas f v s z ʃ ʒ ʁ
Laterais l ʎ
Tepes ɾ

O repertorio consonántico do portugués é bastante conservador e evolucionou pouco desde a Idade Media, as africadas /ts/, /dz/, /tʃ/, /dʒ/ confluíron nas fricativas /s/, /z/, /ʃ/, /ʒ/, mais non entre elas, E non houbo mais cambios significativos. Porén, houbo moitas evolución dialectais:

  • En rexións do Brasil, /t/ e /d/ teñen alófonos africados [tʃ] e [dʒ], respectivamente, antes de /i/.
  • Cando final de sílaba, o /l/ ten o alófono velar [ɫ] no portugués europeo, no Brasil [w] no seu lugar.
  • En partes do Brasil e Angola, /ɲ/ é pronunciado como [j̃] nasalizando a vogal anterior, co que /'niɲu/ é pronunciado ['nĩj̃u].
  • Hai moita variación na articulación do fonema /ʁ/.
  • Na maioría do Brasil, as sibilantes /s/ e /z/ ocorren de xeito complementario en posición final de sílaba, dependendo de se son seguidas por consoante xorda ou sonora. Mais en Portugal normalmente a distribución é, /ʃ/ antes de xorda, e /ʒ/ antes de sonora.
  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para portugués.
  3. Estatísticas da Unesco (Organización das Nacións Unidas para a Educación, Ciencia e Cultura), que revela a existencia de 6,7 mil linguas vivas no mundo. Segundo a institución, o portugués está atrás do mandarín, hindi, español e inglés.
  4. Babbel.com; GmbH, Lesson Nine. "The 10 Most Spoken Languages In South America". Babbel Magazine (en inglés). Consultado o 2024-02-09. 
  5. Hagermeijer, Tjerk (2016-09-26). "O português em contacto em África". En Carrilho e Martins. Manual de linguística portuguesa (en portugués). Walter de Gruyter GmbH & Co KG. ISBN 978-3-11-036884-0. 
  6. Estatuto de Galiza
  7. Balla-Johnson, William Robert (2022-10-24). "The Portuguese Pluperfect: Development and the effect of auxiliary ter generalization". Journal of Portuguese Linguistics 21 (1). ISSN 2397-5563. doi:10.16995/jpl.8055. 
  8. Dubert, Francisco; Galves, Charlotte (2016-06-30). Ledgeway, Adam; Maiden, Martin, eds. Galician and Portuguese (en inglés) (1 ed.). Oxford University PressOxford. pp. 411–446. ISBN 978-0-19-967710-8, 978-0-19-180882-1 |isbn= incorrecto: invalid character (Axuda). doi:10.1093/acprof:oso/9780199677108.003.0023. 
  9. Romero, Marta Negro; Palmou, Xandra Santos (2020-03-03). "Le Trésor du lexique patrimonial galicien et portugais : un portail pour l’étude du lexique dialectal1". ILCEA (39). ISSN 1639-6073. doi:10.4000/ilcea.9933. 
  10. Wright, R. (2000-07-01). "THE ASSERTION OF IBERO-ROMANCE". Forum for Modern Language Studies (en inglés). XXXVI (3): 230–240. ISSN 0015-8518. doi:10.1093/fmls/XXXVI.3.230. 
  11. S.A, Priberam Informática. "jantar". Dicionário Priberam (en portugués). Consultado o 2022-03-29. 
  12. "Dicionario de pronuncia da lingua galega". ilg.usc.es. Consultado o 2022-03-29. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar