Hixiene
A hixiene é o conxunto de coñecementos e técnicas que deben aplicar os individuos para o control dos factores que exercen ou poden exercer efectos nocivos sobre a súa saúde. A hixiene persoal é o concepto básico do aseo, limpeza e coidado do noso corpo.
Os seus obxectivos son mellorar a saúde, conservala e previr as enfermidades.
O día 5 de maio foi declarado pola OMS como o Día Mundial da Hixiene das Mans. O lema para a campaña 2022 foi "Únete á Seguridade da Atención Sanitaria. Limpa as mans" [1].
Etimoloxía
editarConceptos
editarEnténdese como hixiene:
- 1. Limpeza, aseo de lugares ou persoas.
- 2. Hábitos que favorecen a saúde.
- 3. Parte da medicina, orientada a favorecer hábitos saudables, en prevención de enfermidades.
- 4. Recoñecemento, avaliación e control daqueles factores e tensións ambientais que xorden no lugar de traballo e que poden provocar enfermidades, quebrantos de saúde, quebrantos de benestar, incomodidade e ineficacia dos traballadores e os cidadáns.
- 5. A hixiene persoal é a parte da medicina que trata dos medios en que o home debe vivir e da forma de modificalos no sentido máis favorábel para o seu desenvolvemento.
Notas
editar- ↑ "5 de Maio 2022. Celebración do Día Mundial da Hixiene das Mans". Arquivado dende o orixinal o 26 de novembro de 2022. Consultado o 2022-11-26.
- ↑ Iria, Veiga. "Hixiene". Nós Diario. Consultado o 2020-03-06.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hixiene |