Glasgow
Glasgow (pronunciado [ˈɡlɑːzɡoʊ] en inglés, en gaélico escocés Glaschu, pronunciado [ˈɡ̊ɫ̪as̪əxu], ou Glesca/Glesga en escocés) é unha cidade de Escocia. Os seus 688.420 habitantes convértena na primeira cidade escocesa e a terceira de Gran Bretaña. Está situada na beira do Río Clyde nos Lowlands Escoceses. A xente de Glasgow é coñecida como glaswegians. Glaswegian tamén é o nome do dialecto local do escocés.
Glaschu (gd) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Reino Unido | ||||
País | Escocia | ||||
Concello | Glasgow City (pt) | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 626.410 (2018) (189,94 hab./km²) | ||||
Lingua usada | Lingua gaélica escocesa lingua inglesa | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 3.298 km² | ||||
Bañado por | Río Clyde e River Kelvin (en) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Santo padrón | Saint Mungo | ||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Philip Braat (pt) (2019–) | ||||
Membro de | Rede de cidades creativas (2008–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | G1-G80 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 141 | ||||
ISO 3166-2 | GB-GLG | ||||
Código NUTS | UKM34 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Cidade de México Barga Núremberg (1985–) Rostov do Don (1986–) Dalian (1987–) A Habana (2002–) Turín (2003–) Marsella (2006–) Lahore (2006–) Belén (2007–) | ||||
Páxina web | glasgow.gov.uk |
Xeografía
editarGlasgow está situada nas ribeiras do río Clyde, no centro-oeste de Escocia.
Clima
editarMalia estar a unha latitude semellante á de Moscova, o clima de Glasgow é máis suave do que cabería agardar, grazas á influencia que sobre el exerce a cálida Corrente do Golfo. Correspóndelle, pois, un clima de tipo oceánico, clasificado Cfb segundo a clasificación climática de Köppen. As medias do período comprendido entre os anos 1971 e 2000 representánse na seguinte táboa:
1971-2000 | xan | feb | mar | abr | mai | xuñ | xul | ago | set | out | nov | dec |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Temperatura máxima media (°C) |
6,4 | 7,0 | 9,1 | 12,1 | 15,6 | 17,8 | 19,6 | 19,1 | 16,1 | 12,6 | 9,0 | 7,0 |
Temperatura máxima mínima (°C) |
1,6 | 1,7 | 2,9 | 4,4 | 7,0 | 9,7 | 11,8 | 11,5 | 9,4 | 6,7 | 3,6 | 2,2 |
Precipitacións (l/m2) | 142 | 99 | 110 | 60 | 63 | 63 | 68 | 84 | 116 | 132 | 131 | 138 |
Historia
editar- Artigo principal: Historia de Glasgow.
A cidade medrou a partir dun arcebispado medieval e do posterior establecemento da Universidade de Glasgow no século XV, chegando a ser o maior centro da Ilustración escocesa no século XVIII. A partir deste século constituíuse coma un dos maiores centros de comercio transatlántico coas colonias británicas americanas. Coa chegada da Revolución Industrial a cidade e a súa área de influencia convertéronse nun dos principais núcleos mundiais de industria pesada, especialmente construción naval. Na época vitoriana e na do rei Eduardo VII era coñecida como a segunda cidade do Imperio Británico. A finais do século XIX e comezos do século XX a cidade creceu enormemente chegando ó millón de habitantes e situándose como a cuarta cidade europea tras Londres, París e Berlín. Na década dos 60 do século XX a recolocación dos seus habitantes en novas cidades e suburbios periféricos reduciron a poboación aos 688.420 habitantes actuais no seu centro e 1 749 154 na área metropolitana.
Na actualidade, a cidade é un dos 16 maiores centros financeiros de Europa e o fogar da maioría das grandes compañías de Escocia. Despois de Edimburgo, Glasgow é o segundo maior destino turístico de Escocia.
Lugares de interese
editar- Catedral de Glasgow. Tamén coñecida como a Catedral de San Mungo, pertence á Igrexa Presbiteriana escocesa, a Igrexa de Escocia. Segundo a lenda, sitúase no lugar onde o santo patrono de Glasgow, San Mungo, ergueu unha igrexa no século VI, establecendo así o nacemento da actual cidade. A súa tumba sitúase na propia catedral. Foi consagrada no 1136. Esta primitiva catedral foi destruída ao pouco tempo polo lume, construíndose outra nova no 1197, que foi reformada sucesivamente nos séculos posteriores. A úlitma reforma significativa data de mediados do século XIX.[1]
- Universidade de Glasgow. Fundada en 1451, é a cuarta universidade máis antiga do mundo anglosaxón. Entre a súa nómina de estudantes e docentes salientan algunhas figuras intelectuais coma o físico Lord Kelvin, o economista Adam Smith ou o inventor James Watt.
- Museo Kelvingrove. É o museo e galería de arte máis importante de Escocia, tratándose do museo non londiniense máis visitado de todo o Reino Unido. Na súa colección, de máis de 8.000 pezas, inclúense tanto obras de arte coma fósiles e pezas arqueolóxicas, salientando a Anunciación de Sandro Botticelli e o Cristo de San Xoán da Cruz de Salvador Dalí, ademais de obras do impresionismo francés e do Renacemento alemán.
Educación
editarEn Glasgow están presentes catro universidades:
- Universidade de Glasgow
- Universidade de Strathclyde
- Universidade do Oeste de Escocia
- Universidade Caledonian de Glasgow
Medios de Transporte
editarTransporte Público
editarMetro
editarO metro de Glasgow (Glasgow Subway) posúe unha única liña que data do ano 1896, sendo así o terceiro metro máis vello do mundo tras o de Londres e Budapest . Esta liña, que é circular, atravesa o río e une o West End co centro da cidade. Na actualidade, o metro é administrado pola Strathclyde Partnership for Transport (SPT).
Autobuses
editarO servizo de autobuses urbanos da cidade é dado por diversas empresas privadas. A principal estación de autobuses é a Buchanan Bus Station.
Autoestradas
editarPor Glasgow pasan varias autoestradas, entre as que destacan a M8, que conectan as dúas cidades máis importantes do país: Glasgow e Edimburgo e a M80, que une as cidades de Glasgow e Stirling.
Ferrocarril
editarNa cidade de Glasgow hai dúas estacións de ferrocarrís principais:
- Estación Central de Glasgow: atópase na beira do río Clyde nun edificio que data do ano 1879. De aquí parten os trens con dirección sur, tanto os que viaxan a destinos escoceses como os que chegan a cidades inglesas como Birmingham ou Londres.
- Estación da Queen Street: desta estación atópanse os servizos con destino Edimburgo e todos aqueles cara ao norte de Escocia.
Transporte aéreo
editarA cidade está servida por dous aeroportos:
- Aeroporto Internacional de Glasgow: atópase na localidade de Paisley, a 11 quilómetros do centro da cidade.
- Aeroporto Internacional de Prestwick: atópase a uns 50 quilómetros de Glasgow. É destino de compañías aéreas de baixo custo. Conta cunha estación de ferrocarril.
Cidades irmandadas
editarGlasgow está irmandada coas seguintes cidades:
Predecesor: París |
Capital Europea da cultura 1990 |
Sucesor: Dublín |
Notas
editar- ↑ "Páxina web da Catedral de Glasgow". Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2012. Consultado o 10 de decembro de 2010.