Economía de Etiopía
Economía de Etiopía | ||
---|---|---|
Moeda | Birr | |
Organizacións comerciais de que fai parte | OMC, Unión Africana | |
Datos estatísticos[1] | ||
PIB | US$ 75,91 mil millóns (2009) | |
PIB (posición) | 79ª no mundo[2] | |
% de crecemento PIB | 6,8% (2009) | |
PIB per cápita | US$ 900 (2009) | |
PIB por sector | agricultura 43,8%, industria 13,2%, comercio e servizos 43% (2009) | |
Inflación anual | 11% (2009) | |
Poboación abaixo da liña da pobreza | 38,7% (2006) | |
Total da forza de traballo | 37,9 millóns (2009) | |
% traballadores por sector | agricultura 85%, industria 5%, comercio e servizos 10% (2009) | |
Desemprego | dato non dispoñíbel | |
Principais industrias | procesamento de alimentos, bebidas, téxtiles, coiro, produtos químicos, procesamento de metais, cemento | |
Parcerías comerciais[1] | ||
Exportacións (US$) | 1 608 millóns f.o.b. (2009) | |
Principais produtos exportados | café, qat, ouro, produtos de coiro, animais vivos, sementes oleaxinosas | |
Principais mercados | Alemaña 11,8%, Arabia Saudita 8,7%, Países Baixos 8,6%, Estados Unidos 8,1%, Suíza 7,7%, Italia 6,1%, República Popular da China 6%, Sudán 5,5%, Xapón 4,4% (2008) | |
Importacións (US$) | 7 315 millóns (2009) | |
Principais produtos importados | alimentos e animais vivos, petróleo e derivados, produtos químicos, máquinas, vehículos motorizados, cereais, téxtiles | |
Principais parceiros | República Popular da China 16,3%, Arabia Saudita 12%, India 8,7%, Italia 6%, Xapón 4,9%Estados Unidos 4,5% (2008) | |
Finanzas públicas[1] | ||
Débeda externa | US$ 4 229 millóns (2009) | |
Receitas (US$) | 4 678 millóns | |
Despesas (US$) | 5 360 millóns | |
Ajuda económica recibida (US$) | dato non dispoñíbel |
A economía de Etiopía ten como base a agricultura, responsable por 45% do PIB, 85% da man de obra[1] e 90% das exportacións. O principal produto é o café que xerou 350 millóns de dólares de exportacións o 2006[1]. Este alto volume, unido á variabilidade dos prezos internacionais do café, fan que a balanza exportadora sexa moi vulnerábel.
Os procesos de seca, agravados na década dos 80 do século XX, converteron grandes extensións de terreo de cultivo en rexións áridas ou semiáridas, en parte polas condicións climáticas, en parte por tálla de árbores para leña. Os desprazamentos de poboación e de refuxiados con ocasión das múltiples guerras con Eritrea, facilitaron o asentamento de gran número de poboación en zonas con apenas recursos agrícolas e gandeiros, o que provocou fame e persistentes degradacións do chan que non se recuperou.
Na actualidade, e trala firma da paz definitiva con Eritrea, o número de persoas dependentes da axuda interior ou exterior para a supervivencia reduciuse de 4,5 millóns de persoas en 1999, a 2,7 millóns de persoas en 2003.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2018. Consultado o 20 de marzo de 2010.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2011. Consultado o 20 de marzo de 2010.