Antón Losada Diéguez

filósofo, escritor e político galego

Antón Losada Diéguez[6][7] ou Antonio Losada Diéguez[8][9], nado en Moldes (Boborás) o 22 de decembro de 1884 e finado en Pontevedra o 15 de outubro de 1929, foi un filósofo,[10] escritor e político galego. A súa familia procedía da fidalguía e da nobreza galega do Antigo Réxime, o carlismo e o tradicionalismo, tendencias que influíron na súa traxectoria no nacionalismo galego.[11] Integrante da Irmandade da Fala de Ourense,[12] impulsor da revista Nós e ideólogo do artellamento do grupo Nós e correspondente da Real Academia Galega, atraeu a numerosos intelectuais á causa galeguista,[13] exercendo sobre eles un labor socrático, cunha extraordinaria capacidade de espertar conciencias e estimular talentos.[14] De obra relativamente escasa e en gran parte inédita ata 1985, foi autor, entre outras, de media ducia de poesías, sete contos, dous escritos políticos, a obra teatral incompleta A domeadora[15] e os discursos "Os problemas do idioma e a cultura no rexionalismo galego" (1918) e "Encol da prosa galega" (1924),[16] co que ingresou no Seminario de Estudos Galegos.[17] Morreu prematuramente aos 44 anos de idade. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas de 1985.[18]

Modelo:BiografíaAntón Losada Diéguez

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento22 de decembro de 1884 Editar o valor en Wikidata
Moldes, España Editar o valor en Wikidata
Morte15 de outubro de 1929 Editar o valor en Wikidata (44 anos)
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaMoldes 
ResidenciaMoldes, A Estrada e Pontevedra
Relixióncatólica
Formación profesionalFilosofía e Letras
EducaciónUniversidade de Deusto
Universidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónCatedrático de 2º ensino [1]
Período de actividade1901 - 1929
EmpregadorIrmandades da Fala
Irmandade Nazonalista Galega
Seminario de Estudos Galegos
Membro de
Xénero artísticoxornalismo, ensaio, teatro
Movementorexionalismo, agrarismo, carlismo, xaimismo
Influencias en
Participou en
17 de novembro de 1918I Asemblea Nacionalista Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
A domeadora
Familia
CónxuxeAlbina Espinosa Cervela
Mercedes Espinosa Cervela Editar o valor en Wikidata
FillosAntón, Miguel, Mercedes, Albina, Xaquín, Luís e Xosé Antonio. Editar o valor en Wikidata
PaiMiguel Losada Losada Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura

Sitio webFundación Antón Losada Diéguez
BNE: XX1637798 Bitraga: 3889 BUSC: losada-dieguez-anton-1884-1929 Dialnet: 2110365

Traxectoria

editar
 
A familia Losada Diéguez na Ramallosa en 1898, Antón é o segundo pola dereita.[19]

Primeiros anos

editar

Pertencía a unha familia fidalga de ideoloxía tradicionalista e católica, fillo de Miguel Losada Losada (1860-1913) e Carmen Diéguez Arias y Correa (1850-1888), casados en agosto de 1883.[18] Carmen finou de tuberculose cando Antón contaba tres anos.[19] A nenez de Antón transcorreu entre Moldes, no pazo familiar de finais do século XVI, rodeado de viñedos, e A Estrada, mais fundamentalmente nesta última.[11] Desde os dez anos, pasou cinco máis interno no Colexio Santiago Apóstolo dos Padres Xesuítas na Pasaxe (en Camposancos, A Guarda). Estudou Letras na Universidade de Deusto, graduándose en 1906, e fixo un curso de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, no 1902-1903. Os seus primeiros escritos non publicados e conferencias datan de 1901. En 1904 marchou a Madrid para facer o doutoramento en Filosofía e Letras, onde coincidiu con Ramón Otero Pedrayo.[14] Nestes anos xorde a súa vocación literaria que se concreta en catro pezas teatrais en castelán que presentou a concursos.[18]

 
Pazo de Moldes, residencia familiar.

Desde o ano 1907 regresou habitualmente a Galicia para participar no movemento agrario, facéndoo de forma directa na fundación de sindicatos agrarios na Estrada e noutros puntos de Galicia.[18] No ano 1910 trasladou a súa residencia habitual a Galicia, onde actuou de profesor axudante de Armando Cotarelo Valledor,[11] adscribíndose politicamente ó xaimismo e sendo elixido secretario da Xunta Tradicionalista de Santiago de Compostela.

 
Segundo Pedrayo: Lousada era un señorito de pazo, moi relixioso, moi tradicional, culto, carlista[4]

En 1911 marchou de novo a Madrid para preparar oposicións a unha cátedra universitaria de Teoría da Literatura e das Artes, ao non conseguila optou polo ensino secundario.[11] No ano 1913 gañou unha cátedra de instituto con destino en Santa Cruz de Tenerife, Canarias, que conseguiu permutar por outra en Toledo, que ocupa durante o curso 1913/1914, e que, ao curso seguinte, permutou para o instituto de Ourense,[20] ocupando a cátedra de Psicoloxía, Lóxica, Ética e Rudimentos de Dereito.[11] Nesta cidade fixo amizade cos homes do cenáculo de Vicente Risco e aproveitou para rematar os seus estudos de dereito en Santiago, onde coñeceu a Luís Porteiro Garea. O 25 de xuño de 1915 casou con Albina Espinosa Cervela (filla de Laurentino Espinosa Valladares e sobriña neta de Marcial Valladares e Avelina Valladares), coa que tivo o primeiro fillo, Antón. Albina finou o 17 de decembro do 1916 a causa do tifo.[21] A partir de 1916 foi arredando do xaimismo ao tempo que comezou a gabar o rexionalismo catalán.

Entrada no galeguismo

editar

O ano 1917 vai ser fundamental na traxectoria política de Losada xa que ingresa nas Irmandades da Fala, o 17 de outubro escribiu a Porteiro solicitándolle información e o 30 de outubro xa estaba integrado na Irmandade. Renova a Irmandade de Ourense que estaba en mans de sectores rexionalistas sen case actividade pública e consegue atraer a Vicente Risco e ao núcleo que participaba en La Centuria, o que vai ser fundamental para o desenvolvemento do galeguismo e que vai dar orixe á Xeración Nós. Ademais nese ano viaxa a Barcelona cunha delegación das Irmandades para celebrar unha Semana Galega e entrar en contacto coa Lliga Regionalista, e á súa volta a Ourense é o encargado de recibir a Francesc Cambó,[22] e vai ser o encargado xunto a Rodrigo Sanz e Luís Porteiro de organizar as candidaturas galeguistas na provincia de Ourense para as eleccións xerais de 1918, coligado cos mauristas de José Calvo Sotelo.

Porteiro presentouse por Celanova e Losada polo distrito electoral da Estrada,[23] competindo cos riestristas.[22] A derrota electoral provocou unha desmoralización no seo das Irmandades e Losada vai concentrar os seus esforzos en consolidar o grupo. Para iso escribiu arreo na prensa. Sobre todo en El Emigrado, La Región, O Tío Marcos d'a Portela, A Nosa Terra, El Estradense e Alborada apareceron os seus escritos en galego, sen esquecer o seu labor como propagandista católico en Pontevedra como presidente da Acción Católica e do Círculo de Obreiros Católicos locais e impulsor dos tímidos intentos para introducir o galego na liturxia. Losada estaba dobremente obsesionado por galeguizar a Igrexa e cristianizar o galeguismo.[11] El mesmo traduciu a Salve a esta lingua.[24] O 17 e 18 de novembro de 1918 presidiu a I Asemblea Nacionalista, no teatro Lugo-Salón da Rúa Aguirre.[25]

Traslado a Pontevedra

editar
 
Asistentes á IV Asemblea Nacionalista. Entre outros están: Castelao, Casal, Losada, Antón Villar Ponte, Manuel Antonio, Blanco Torres e Otero Pedrayo.

En 1919 comezou a traballar como profesor no Instituto de Pontevedra, residindo na Praza do Teucro.[26] Ocupou a cátedra de filosofía nese centro de ensino, onde tivo de discípulos a Xosé Sesto López e Xosé Filgueira Valverde,[11] e onde chegaría a ter de compañeiros, entre outros profesores, ao propio Filguera Valverde, Ramón Sobrino Buhigas, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Bibiano Fernández Osorio-Tafall, Luís Pintos Fonseca e Tomás Abeigón Pazos.[1] Con Risco e Arturo Noguerol, fundou en 1920 a revista Nós. En palabras de Xoaquín Lorenzo, Xocas, en 1985, no programa Parladoiro da Radio Galega, Losada Diéguez foi a semente de toda a Xeración Nós:

Losada Diéguez foi a semente da Xeración Nós. A Xeración Nós nace por iso, porque houbo un Losada Diéguez que deitou a súa semente nuns homes extraordinarios que providencialmente aparecen en Ourense nesa época e entón esa semente fructifica e dá lugar á Xeración Nós, á revista Nós, ao Seminario de Estudos Galegos, a toda aquela renacencia extraordinaria da cultura galega.[27]
 
Cos alumnos do Instituto de Pontevedra en 1923.

O 31 de decembro de 1920 casou no oratorio da casa de Vilancosta, en segundas nupcias, con Mercedes Espinosa Cervela (irmá da primeira muller) coa que tería seis fillos máis.[21] En 1922, trala escisión producida na IV Asemblea Nacionalista de Monforte de Lemos, acompañou a Risco na formación da Irmandade Nazonalista Galega e foi o seu Conselleiro de Espallamento durante un ano,[11] fracasando nos seus intentos de reunificar o galeguismo.[18] Ese mesmo ano, na casa de Losada fanse as primeiras xuntanzas para a creación do diario vigués Galicia, do que o primeiro número saíu o 25 de xullo. O 12 de maio de 1924 ingresou no Seminario de Estudos Galegos co discurso "Encol da prosa galega", lido nos locais da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago.[16] Losada fíase das promesas de Calvo Sotelo e colabora nun primeiro momento coa ditadura de Primo de Rivera tomando posesión como vicepresidente da Deputación Provincial de Pontevedra, e como tal participou nos intentos de establecer unha Mancomunidade de Galicia que quedará en nada e provocará que Losada presente a dimisión en marzo de 1925.[28] Como recordo do seu labor na Deputación quedará o establecemento do Museo de Pontevedra grazas ás súas xestións.[20][29]

 
SEG en 1928. De pé: Pedrayo, Losada, Cuevillas, Risco, Carballo Calero, Filgueira, García Paz, Pintos, Fraguas e Osorio-Tafall. Sentados: Parga Pondal, Moralejo Laso, Carro, Cabeza de León, Arias Sanjurjo, Álvarez Limeses e Novás.[30]

Durante o resto da ditadura dedicarase a actividades culturais[11] como presidente fundador da Sociedad Coral Polifónica de Pontevedra (dende 1925) e do Eiriña Club de Fútbol, como tesoureiro da Misión Biolóxica de Galicia, ao seu traballo no seo do Seminario de Estudos Galegos e a colaboración con Acción, Órgano de la Juventud Católica, publicado dende 1928,[11] pero sen esquecer os desexos de autonomía de Galicia como proba o relatorio sobre goberno rexional, que presenta no Primeiro Congreso de Economía de Galicia. Foi membro correspondente da Real Academia Galega dende o 22 de maio de 1928.

A súa morte prematura, antes de cumprir os corenta e cinco anos, aconteceu en Pontevedra no outono de 1929 e os seus restos descansan na capela familiar na igrexa de San Mamede de Moldes. Deixou viúva e seis orfos,[31] máis un sétimo, póstumo, que finaría aos catro meses de nacer.[21]

Caeu o loitador esgrevio como n´outrora caeu Porteiro, almas xemelas ambas no ideal que as guiaba cuias voces soaron unísoas cando o despertar arelante do sentimento galeguista.
     Necrolóxica en El Emigrado, 31/10/1929.[32]

Dende que entrou nas Irmandades ata a súa morte coñécenselle media ducia de poesías (entre orixinais e traducións ó galego), sete contos curtos, un fragmento de comedia inacabada, dous artigos sobre arte, unha incursión parafilosófica,[33] dous discursos, incluíndo o de ingreso no Seminario de Estudos Galegos,[16] e doce artigos máis ou menos políticos e case todos breves. Porén, na publicación en 1985 da Obra Completa (657 páxinas), o material recollido suma 119 textos.[13]

 
Losada foi unha das figuras máis relevantes dos tempos primeirizos do nacionalismo galego.[34]

Divididos en catro temáticas e, dentro destas, por orde cronolóxica, os títulos son:[35]

Sobre arte e literatura

editar
  • En castelán: "Concierto Quiroga".
  • En castelán: Simbólica e ideas filosóficas contenidas en "La vida es sueño": drama en tres jornadas y en verso de D. Pedro Calderón de la Barca, tese, 1910.
  • En castelán: "La universalidad de la obra artística", manuscrito, 16/2/1911.[35]
  • En castelán: "Un artista", probablemente en La Voz del Miño, 1912.
  • En castelán: "Sobre las poesías de Antonio Valcarcel".
  • "Manolo Quiroga", O Tio Marcos d'a Portela, 21/6/1918.
  • "Encol da prosa galega",[16] discurso de ingreso no SEG o 12 de maio de 1924.
  • En castelán: "Los Orfeones y la Coral Polifónica".

Política e ideoloxía (selección)

editar
Véxase a listaxe completa en Wikisource: s:Antón Losada Diéguez.
  • "O noso rexionalismo"
  • En castelán: "De regionalismo".
  • En castelán: "El problema gallego, Regionalismo y separatismo".
  • En castelán: "El momento gallego. Aspectos regionalistas".
  • En castelán: "Regionalismo y nacionalismo".
  • En castelán: "La lucha electoral en Carballino. Carta abierta a un lector".
  • En castelán: "Los católicos y los regionalistas. Una aclaración".
  • En castelán: "Manifiesto a los lectores".
  • "Valentín Lamas Carvajal". O Tio Marcos d'a Portela 32, 31/5/1918.
  • "Os problemas do idioma e da cultura no rexionalismo galego", 18/7/1918.[24]
  • En castelán: "En defensa del galleguismo".
  • En castelán: "El nacionalismo gallego".
  • En castelán: "Regionalismo gallego. Galicia es una nacionalidad".
  • "Todos rexionalistas".
  • "Carta aberta a D. Xaime Solá".
  • "Manifesto do Partido Nazonalista Galego".
  • "Aos eleutores da Estrada, Cerededo, Forcarey e Silleda".
  • "Os camiños d'o agrarismo galego". A Nosa Terra nº 96, 5/8/1919.
  • "A significación profunda do galeguismo", Nós 75, 15/3/1930.[36][37]
  • "Proxecto de manifesto nacionalista".
  • "Mensaxe á Sociedade Artística de Pontevedra".
  • "Postal d'Ourense".
  • "A terra fala".
  • Teoría cuasi trascendental de velocidade, Nós 2, 30/11/1920.[33]
  • En castelán: "El voto de la mujer".
  • "Proxecto de Renacencia Galega".
  • "Lembranza de Porteiro".
  • "Terencio Mac Swiney", Nós n.º 8, 5/12/1921.[38]
  • "Propostas para a IV Asamblea Nacionalista".
  • "Regramento da Sección de Espallamento da I.N.G.".
  • "Adiante". Publicado en A Nosa Terra n.º 167 o 25/7/1922.
  • "Notas sobre nacionalismo".
  • "Nota verbo do nomeamento de Arcebispo de Santiago".
  • "Na morte de D. Manuel Murguía".
  • "En torno a unha iniciativa: a Bolsa de Traballo Galego-Americana".
  • "Conferencia na Exposición Castelao".
  • "Comunicado sobre a Mancomunidade Galega".
  • En castelán: "Del caracter gallego".
  • "Resurximento das Hespañas".
  • "Nin tristura nin laídos".
  • En castelán: "Del momento político".
  • En castelán: "La acción social de la mujer".
  • En castelán: Propostas á Diputación Provincial de Pontevedra, Entre 1924-1925.[39]
  • "Tempo de loito".
  • "N'aldeia".
  • En castelán: "El problema de la vivienda en el campo gallego".
  • En castelán: "Ponencia sobre Gobierno Regional".
  • En castelán: "Un recuerdo a turró y a Gaudí".
  • "Conversa".
  • "Camiño adiante".
  • En castelán: "La Misión de la Sociedad Coral Polifónica".
  • "Juvenilia".
  • "No Día".
  • "¡Atrás!".
  • "Renovamento".
  • En castelán: Escrito sobre a reforma do ensino medio.[40]
Lembradevos ben, con todo, agrarios galegos, que sodes fillos de Galicia, qu'a nosa vida d'o campo, os nosos cultivos, os edios, monte y-augas nosas son d'a terra nosa e teñen un carauter seu que non se pode confundire, nin se deben estudiar sinón como tales asuntos galegos caraiterísticos y-enxebres.
      "Os camiños d'o agrarismo galego", 1919.[42]

Arqueoloxía

editar
  • En castelán: Excavaciones en Montealegre (Domayo), provincia de Pontevedra, 1925.[43]
  • En castelán: "Objetos procedentes de las excavaciones de Montealegre (Domaio)", El Museo de Pontevedra n.º 2, 1943.[44]
  • En castelán: "Informe sobre el castro de Vigo", 29/1/1929, con José Filgueira Valverde e Florentino López Cuevillas.

Obra literaria

editar
  • "El Pin-pin y el chasco" (texto en galego), manuscrito. Probablemente en Deusto entre 1900-01.[35]
  • En castelán: En el camino de la vida, teatro, manuscrito de 122 cuartetas, circa 1903-06.[35]
  • En castelán: Los que sueñan, teatro, manuscrito de 67 cuartetas, circa 1903-06.[35]
  • En castelán: Virilidad, teatro, manuscrito de 48 cuartetas, circa 1905.
  • En castelán: "A una rubia", poesía, El Estradense n.º 28, 22/6/1907.
  • En castelán: "Roguemos por los fuertes", conto, publicado en Galicia, Madrid, 1/5/1908.
  • "A folla", poesía, tradución, A Nosa Terra n.º 61, 20/7/1918.
  • "Soneto XV da Vita nuova, do Dante",sic tradución. A Nosa Terra 61 1918 e Nós 71 1929.[45]
  • "Queixumes", n.º 112 de A Nosa Terra, 1920. Publicado tamén no n.º 71 de Nós, 1929, como "Outro conto".[46]
  • "Home viaxeiro", n.º 112 de A Nosa Terra, 1920. Publicado tamén no n.º 71 de Nós, 1929, como "Un conto".[46]
  • "Parrafeo sentimental", poesía traducida de Verlaine, A Nosa Terra n.º 113, 25/11/1920.[47]
  • "Conto sinxelo", Nós n.º 3, 30/12/1920.[48]
  • "Conto", n.º 5 de Nós, 24/6/1921. Baseado na mesma historia de "Roguemos por los fuertes" (1908).[49]
  • "Camiñantes", lenda, Alborada n.º 2, 1922; e tamén en Céltiga n.º 8, 1925.
  • "Amañecer", conto publicado en Alborada n.º 2, 1922.
  • "Neboeiro", Faro de Vigo, 1/1/1927. Unha variante publicouse en Nós n.º 71, 1929, co título "Lonxe".
  • "Romance popular", Nós n.º 64, 15/4/1929, pp. 68–69.
  • "O infinido", tradución de poesía de Leopardi, manuscrita sen data.[35]
  • "A noite do día de festa", tradución de poesía de Leopardi, manuscrita sen data.[14]
  • "A si mesmo", tradución de poesía de Leopardi, manuscrita sen data.[14]
  • "Choros n-a-y-alma miña", tradución de poesía de Verlaine, manuscrita sen data.[14]
  • "Pelegrino d'amore", poesía manuscrita sen data.[35]
  • "Ano Novo", poesía, Nós n.º 71, 1929.[46]
  • A domeadora, Nós 71, 1929. Obra teatral incompleta.[46] Reeditada en 1985[50] e 2005.[51]
Y-âs veces tremo, e sinto a dôr na y-alma diant'os homes que lixan a Natureza y-esborrallan o feitizo das cousas.
      Pensamento dunha vella cega. A Domeadora, 1929.[52]

Varios

editar
  • En castelán: "Canto de cigarra", El Estradense n.º 28, 22/6/1907.
  • En castelán: "Risas y suspiros", El Estradense n.º 29, 19/6/1907.
  • En castelán: "Impresión", El Estradense n.º 30, 6/7/1907.
  • En castelán: "El hijo de la Estrada", El Estradense n.º 91, 5/9/1908.
  • "N'a súa memoria", El Emigrado, 24/10/1925.
  • "A Estrada", Galicia n.º 1.095 o 6/4/1926 e tamén en El Emigrado o 7/5/1926.

Escolmas e edicións

editar
 
Losada é unha das figuras fundamentais para entendermos o devir do nacionalismo político e cultural.[13]
  • Museo do Pobo Galego: "Limiar"
  • Losada, Luís e Beramendi, J.: "Cronoloxía de Antonio Losada".
  • Losada, Luís: "As raíces, a terra: Formación e aprendizaxe da vida".
  • Filgueira Valverde, Xosé: "A miña lembranza de Losada Diéguez".
  • Durán, José Antonio: "Antonio Losada Diéguez, perfil dun agrarista".
  • Villares Paz, Ramón: "Fidalguía e galeguismo"
  • Beramendi, Justo: "Antonio Losada: Tradición e nacionalismo".

Recoñecementos

editar

En 1984, co gallo do centenario do nacemento, o concello do Carballiño instalou un monólito e editou un libro. Ao ano seguinte dedicóuselle o Día das Letras Galegas; creouse o Premio Antón Losada Diéguez; editouse a súa Obra completa, unha antoloxía a cargo da USC e unha escolma editada por Filgueira Valverde.

O Concello da Estrada declarou o 2005 como Ano Cultural Antón Losada Diéguez,[60] inaugurando unha estatua no Paseo da Cultura e en 2006 constituíuse a Fundación Antón Losada Diéguez, que foi declarada de interese cultural[61] e interese galego[62] en 2008.

Galería de imaxes

editar
  1. 1,0 1,1 «Personal facultativo de este Centro durante el curso de 1928-29».
  2. 2,0 2,1 "Losada Diéguez, Antón". Diciopedia do século 21 2. Galaxia. 2006. p. 1251. ISBN 9788484852407. 
  3. Ventura, J. (2010). Epistolario de Vicente Risco a Antón Losada Diéguez. Dep. de Ourense. ISBN 978-84-92554-08-9. 
  4. 4,0 4,1 Freixanes (1976). Unha ducia de galegos. Vigo: Galaxia. p. 24. ISBN 84-7154-248-X. 
  5. Foi nas Ruínas de San Domingos. Véxase, tamén, o reverso manuscrito por F.B.B. en 1955.
  6. Ledo, Bieito, ed. (2010). "Losada Diéguez, Antón". Dicionario biográfico de Galicia 2. Ir Indo. p. 258. ISBN 9788476806852. 
  7. "Losada Diéguez, Antón". [[Enciclopedia Galega Universal]] 11. Ir Indo. p. 260. ISBN 84-7680-288-9.  Ligazón wiki dentro do título da URL (Axuda)
  8. G. Beramendi, J., ed. (1985). Losada Diéguez. Obra completa. Edicións Xerais de Galicia - Museo do Pobo Galego. ISBN 84-7507-181-3. 
  9. Couceiro Freijomil, A. (1952). "Losada Diéguez, Antonio". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) II. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 340. 
  10. Díaz (1991). Hombres y documentos de la filosofía española (en castelán) 4. CSIC. p. 830. ISBN 84-00-04725-7. 
  11. 11,00 11,01 11,02 11,03 11,04 11,05 11,06 11,07 11,08 11,09 "Losada Diéguez, Antón". GEG 26. 2005. pp. 210–211. (tamén en DVD)
  12. Fernández del Riego (1971) [1951]. Historia da Literatura Galega (2ª ed.). Galaxia. pp. 178 e 184. 
  13. 13,0 13,1 13,2 Vilavedra, D., ed. (1995). "Losada Diéguez, Antón". Diccionario da Literatura Galega I. Galaxia. pp. 351–352. ISBN 84-8288-019-5. 
  14. 14,0 14,1 14,2 14,3 14,4 14,5 Marchisio, C., ed. (1999). Traduccións poéticas de Antón Losada Diéguez. Bibliófilos Gallegos. ISBN 84-605-9791-1. Arquivado dende o orixinal o 28 de xaneiro de 2016. Consultado o 09 de xaneiro de 2016.  |archiveurl= e |urlarquivo= redundantes (Axuda); |archivedate= e |dataarquivo= redundantes (Axuda); |deadurl= e |urlmorta= redundantes (Axuda); |accessdate= e |dataacceso= redundantes (Axuda)
  15. Ficha da obra A domeadora na Biblioteca Virtual Galega.
  16. 16,0 16,1 16,2 16,3 "Encol da prosa galega", Nós 73, 15/1/1930 en Galiciana.
  17. "Losada Diéguez, Antón". DEGU 39. Ir Indo para La Voz de Galicia. p. 22. ISBN 84-7680-429-6. 
  18. 18,0 18,1 18,2 18,3 18,4 RAG. Letras galegas. Antón Losada Diéguez
  19. 19,0 19,1 19,2 Fernández, F. (2006). "Notas sobre a familia de Antón Losada Diéguez". Ágora do Orcellón (12): 33–40. 
  20. 20,0 20,1 Torres, Xermán (30/11/2009). "Homenaxe a Losada Diéguez no LXXX aniversario do seu pasamento". 
  21. 21,0 21,1 21,2 Xenealoxía en Xenealoxia.org
  22. 22,0 22,1 Casares (2004). Conciencia de Galicia: Risco, Otero, Curros, tres biografías. Galaxia. ISBN 84-8288-687-8. 
  23. Piñeiro, Ramón (1978). "Importancia decisiva da Xeneración Nós". Grial (59): 8–13. ISBN 84-7154-627-2. 
  24. 24,0 24,1 Monteagudo, H. (1995). "Ideas sobre a lingua de Antón Losada Diéguez". Antón Losada Diéguez, 10 anos dun premio (PDF). O Carballiño. ISBN 978-84-606-2400-4. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2016. Consultado o 09 de xaneiro de 2016. 
  25. Pardo de Neyra, Xulio: "A asemblea nacionalista de Lugo ou a historia dunha inexactitude" Praza Pública, 18/11/2013.
  26. Ferro Ruibal (2015): "Biografía de Xosé Filgueira Valverde", CCG: "Foi na casa de Losada Diéguez, na praza de Teucro: asistían Sánchez Cantón, Castelao, Iglesias Vilarelle, Octavio Pintos (Tabucho), entre outros…
  27. As nosas voces 20 (inclúe CD). Arquivo Sonoro de Galicia. Romaní, Rodrigo (coord.). CCG. 2004. ISBN 84-95415-83-6. 
  28. Míguez (2011). Historia breve de Galicia (en castelán). p. 181. ISBN 978-84-7737-507-4. Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2016. Consultado o 17 de xaneiro de 2016.  |archiveurl= e |url-arquivo= redundantes (Axuda); |archivedate= e |data-arquivo= redundantes (Axuda); |deadurl= e |url-morta= redundantes (Axuda); |accessdate= e |data-acceso= redundantes (Axuda)
  29. "Actos en memoria de patróns, benfeitores, amigos e traballadores do Museo falecidos" Arquivado 31 de xaneiro de 2016 en Wayback Machine. Museo de Pontevedra, 23/11/2009.
  30. Fontán Couto, Mateo (2019) "Unha disección da fotografía pontevedresa do Seminario de Estudos Galegos" Quórum, ISSN 2659-3416, Nº. 2, 2019, pp. 103-113.
  31. Véxase a imaxe dunha figura alegórica da viúva de Losada e os seis orfos
  32. Garrido, X. (2005). "Días de Losada na Estrada". A domeadora. Fervenza. ISBN 978-84-96368-21-7. 
  33. 33,0 33,1 "Teoría cuasi trascendental de velocidade" (Nós n.º 5)
  34.   Caamaño Suárez, Manuel: "1985" 1'32", canle de YouTube da RAG.
  35. 35,0 35,1 35,2 35,3 35,4 35,5 35,6 En Beramendi, Justo, ed. (1985). Obra completa. Xerais. ISBN 84-7507-181-3. [1]
  36. Nós 75, 15/3/1930 (Risco sitúao entre 1919-20).
  37. Reeditado en Pensamento galego I. Escolma e limiar de C. Baliñas, 1977. ISBN 84-7337-004-X.
  38. "Terencio Mac Swiney" (n.º 8 de Nós) en Galiciana.
  39. Manuscrito sen título.
  40. Mecanografado, sen título nin data.
  41. Imaxe retocada por Wikipedia. Imaxe orixinal (con debuxos)
  42. Tarrío Varela, A. "Do enxebre ó bravú" en EDUGA n.º 21, novembro de 1998.
  43. Junta Superior de Excavaciones y Antigüedades, Madrid, Revista de Archivos, 1927.
  44. "El Museo de Pontevedra, hemeroteca da Deputación". Arquivado dende o orixinal o 24 de abril de 2016. Consultado o 15 de abril de 2016. 
  45. Do italiano «Tanto gentile e tanto onesta pare...»
  46. 46,0 46,1 46,2 46,3 "Inéditos do Lousada" no número 71 de Nós, 15/11/1929
  47. Do francés "Colloque sentimental".
  48. "Conto sinxelo" (n.º 3 de Nós) en Galiciana, Biblioteca de Galicia.
  49. "Conto" (n.º 5 da revista Nós) en Galiciana, Biblioteca de Galicia.
  50. Ed. en 1985 nos Cadernos da Escola Dramática Galega por P. García e X. M. Dobarro
  51. Ed. en 2005 por C. Loureiro Rodríguez con intro. de X. C. Garrido.[2] ISBN 978-84-96368-21-7.
  52. Escolma do Día das Letras Galegas (1963-2006). Xunta. p. 56. ISBN 84-453-4230-4. 
  53. Imaxe da portada da Obra Completa.
  54. "Imaxe da portada de Antoloxía de Antonio Losada Diéguez". Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2016. Consultado o 08 de xaneiro de 2016.  |archiveurl= e |urlarquivo= redundantes (Axuda); |archivedate= e |dataarquivo= redundantes (Axuda); |deadurl= e |urlmorta= redundantes (Axuda)
  55. Textos de Cuevillas, Risco, Pedrayo e Losada. Portada Arquivado 16 de outubro de 2019 en Wayback Machine.
  56. Orixinalmente en castelán. Trad.: Carlos Loureiro Rodríguez. Portada
  57. Orixinalmente en castelán. Trad.: Mari Carmen Otero Otero. Portada
  58. Orixinalmente en castelán. Trad.: Valentín García Gómez. Portada
  59. O mellor de... Antón Losada Diéguez (1884-1929), portada
  60. "2005 - Ano Cultural Antón Losada Diéguez". Concello da Estrada. Arquivado dende o orixinal o 05 de febreiro de 2016. Consultado o 28 de xaneiro de 2016. 
  61. "Orde do 17/9/2008 pola que se clasifica de interese cultural a Fundación Antón Losada Diéguez". DOG. 
  62. "Orde do 10/11/2008 pola que se declara de interese galego a Fundación Antón Losada Diéguez…". DOG. 
  63. Onde figuran Sobrino, Losada, Castelao, Fernández Osorio, Filgueira, Pintos e Abeigón.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar