Tifo

conxunto de doenzas infecciosas
Non confundir coa febre tifoide producida por salmonelas.

O tifo[1] (do grego typhos, τῦφος, estupor) é o nome que se lle dá a un conxunto de doenzas infecciosas producidas por varias especies de bacterias do xénero Rickettsia,[2] transmitidas pola picada de diferentes artrópodos como piollos, pulgas, ácaros e carrachas, que portan diferentes aves e mamíferos. O tifo caracterízase por febre alta recorrente, calafríos, cefalea e exantema. O tifo (infección por Rickettsia) non debe confundirse coa febre tifoide, causada por bacterias do xénero Salmonella.

Tifo
Clasificación e recursos externos
Enfermo de tifo en Burundi
ICD-10A75
ICD-9080 - 083
DiseasesDB29240
MedlinePlus001373
eMedicinemed/2332
MeSHD014438
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Historia

editar

O tifo causou grandes epidemias con elevada mortaldade durante a Idade Media e ata o século XIX, con elevada mortalidade. As últimas grandes epidemias ocorreron durante a segunda guerra mundial. A primeira vacina efectiva contra o tifo foi desenvolvida polo parasitólogo polaco Rudolf Weigl, grazas á creación dunha cepa de piollos especial chamada Pediculus vestimenti, que era fácil de alimentar. Esta cepa foi o resultado do cruzamento de especies de piollos caucásicas e africanas. Weigl tamén inventou un mecanismo que permitía criar piollos en granxas coa finalidade de conseguir suficiente cantidade de bacterias Rickettsia como para producir a vacina. Durante a segunda guerra mundial desenvolvéronse outras vacinas mellores, máis seguras e baratas.[3]

Inicialmente o tifo (infección por Rickettsia) e as febres tifoides (infección por Salmonella Tiphy) eran consideradas unha mesma enfermidade, pero foron distinguidas como doenzas separadas xa no século XIX. Por tanto, houbo durante un tempo unha certa sinonimia confusa entre elas, pero o sentido da distinción moderna é o indicado. Nalgunhas linguas como o alemán chaman typhus á doenza producida polas salmonelas.

 
Charles Nicolle recibiu o Premio Nobel de Medicina de 1928 pola súa identificación do piollo como axente transmisor do tifo epidémico.

Etiopatoxenia

editar

A picada do piollo por si soa non é a causante da infección de tifo. Son as feces que os piollos deixan sobre a pel as que están cheas de bacterias Rickettsia. Cando o home se raña por causa das picadas, estende as feces pola ferida, facilitando o acceso das bacterias ao interior do corpo. Por tanto, é posible reducir o risco de infección por tifo seguindo normas de hixiene e unha correcta desinfección das picadas producidas.

Clasificación

editar

Os principais tipos de tifo son:

Cadro clínico

editar
Síntomas do tifo exantemático ou epidémico

Calafríos. Tose. Delirio. Febre alta: 40 °C. Dor articular (artralxia). Loces que parecen moi brillantes e poden molestar nos ollos. Presión arterial baixa. Erupción que comenza no peito e se estende ao resto do corpo, agás ás palmas das mans e ás plantas dos pés. Son os exantemas que lle dan nome á doenza. Dor de cabeza intenso. Dor muscular forte (mialxia). Estupor. A erupción inicial é leve, de cor rosa e esváese ao facerlle presión. Posteriormente as lesións vólvense dunha cor vermella pálida e non se esvaen. As persoas con tifo grave poden tamén presentar pequenas áreas de sangrado dentro da pel (petequias).

Síntomas do tifo murino ou tifo endémico

Dor abdominal. Dor de costas. Diarrea. Erupción cutánea vermella e sen brillo que comeza no torso e se disemina. Febre extremadamente alta, entre 40,5 e 41 °C, que pode durar ata dúas semanas. Tosiña, tose seca. Dor de cabeza. Dor articular e muscular. Náuseas. Vómitos.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Tifo.
  2. Diccionario Galego de Termos Médicos. Real Academia Galega de Medicina e Cirurxía, Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Xunta de Galicia. 2002. Páxina 759. [1] Arquivado 10 de agosto de 2013 en Wayback Machine.
  3. The Historical Impact of Epidemic Typhus Arquivado 10 de outubro de 2014 en Wayback Machine.. Joseph M. Conlon.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar