Àlex Rodríguez
Àlex Rodríguez Dalmau, nado en Sant Hipòlit de Voltregà o 10 de setembro de 1993, é un xogador de hóckey a patíns español, que xoga de dianteiro no CP Voltregà, da OK Liga.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 10 de setembro de 1993 (31 anos) Sant Hipòlit de Voltregà, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | xogador de hóckey a patíns | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | hóckey a patíns | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Traxectoria
editarFillo dun galego orixinario da provincia de Ourense que se instalara en Cataluña durante a infancia, naceu en Sant Hipòlit de Voltregà, onde aprendeu a xogar ao hóckey a patíns seguindo os pasos de seus irmáns Carles e Dani.[1][2] Ingresou de pequeno no club de hóckey a patíns da súa vila, o CP Voltregà, e pasou por tódalas categorías da canteira ata chegar ao primeiro equipo, co que debutou na OK Liga con 17 anos.[3][4] Xogou cinco anos na máxima categoría co Voltregà, ata que en 2016 deixou o club barcelonés, despois de 20 anos na súa disciplina.[1]
Fichou entón polo Reus, club no que militou durante as seguintes cinco campañas, gañando unha Supercopa de España e a Liga Europea 2016/17. Marcou máis de 150 goles no club tarraconense e na súa última tempada (2020/21) proclamouse máximo goleador da OK Liga, con 52 tantos, 10 máis que o portugués João Rodrigues, segundo clasificado.
En xullo de 2021 anunciouse a súa fichaxe polo Liceo.[5] Na súa primeira campaña na Coruña marcou 21 goles e repartiu 13 asistencias na liga regular, na que o equipo dirixido por Juan Copa acabou segundo. Xa na pelexa polo título, Àlex Rodríguez tivo un papel fundamental, sendo o máximo goleador dos play-offs con 10 dianas, contribuíndo así a que o Liceo conquistase a oitava liga da súa historia.[6] Xogou unha segunda campaña no equipo coruñés, logrando o subcampionato de liga. En xuño de 2023 o club anunciou que o xogador non seguiría na entidade na vindeira tempada.[7]
Palmarés
editar- Reus
- Supercopa de España (1): 2021.
- Liga Europea (1): 2016/17.
- Liceo
- OK Liga (1): 2021/22.
- Supercopa de España (1): 2021.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Zaballa, Pablo (16 de febreiro de 2023). "Àlex Rodríguez: "Cuando llegué al Liceo me empapé de su ADN"". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 18 de marzo de 2023.
- ↑ Varela, María (23 de setembro de 2022). "Álex, en el nombre del padre". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 18 de marzo de 2023.
- ↑ Zaballa, Pablo (4 de febreiro de 2022). "Àlex Rodríguez: “Cuando entro en la pista soy un rival más”". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 18 de marzo de 2023.
- ↑ Varela, María (3 de febreiro de 2021). "Álex Rodríguez, camino de A Coruña". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 18 de marzo de 2023.
- ↑ Gómez Cundíns, Pablo (3 de xullo de 2021). "El Deportivo Liceo ficha al máximo goleador de la OK Liga, Àlex Rodríguez". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 19 de marzo de 2023.
- ↑ "El Deportivo Liceo, campeón de la OK Liga por octava vez en su historia". Sport (en castelán). 17 de xuño de 2022. Consultado o 19 de marzo de 2023.
- ↑ "Bruno Di Benedetto, Mati Bridge, Pol Manrubia e Àlex Rodríguez non continuarán no Liceo". 16 de xuño de 2023. Consultado o 2 de xaneiro de 2024.
- ↑ "El CP Voltregà hace oficial el regreso de Álex Rodríguez" (en castelán). 18 de xullo de 2023. Consultado o 2 de xaneiro de 2024.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Hóckey a patíns |
Ligazóns externas
editar- Datos do xogador en ogol.com.br (en portugués).