Liga de Campións da WSE
A Liga de Campións da WSE (inglés: WSE Champions League), antes coñecida como Liga Europea de hóckey a patíns e Copa de Europa, é a máxima competición europea entre clubs de hóckey a patíns. Foi creada en 1965, e enfronta cada tempada aos mellores clubs europeos da especialidade, na súa meirande parte da liga española (entre os que destacan principalmente os clubs de Cataluña e Galiza), italianos e portugueses. Está organizada pola CERH (Comité Européen de Rink-Hockey), o máximo organismo do hóckey a patíns europeo, con sede central en Lisboa (Portugal).
Tipo | liga deportiva |
---|---|
Deporte | hóckey a patíns |
Organizador | CERH |
Localización e Datas | |
Vixencia | 1965 – |
Calendario da tempada | novembro – maio |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Número de edición | 58 |
Competición | |
Primeiro posto | Sporting Clube de Portugal (4º) (2024) |
Datos estatísticos | |
Máis títulos | Futbol Club Barcelona Hóquei a patíns (22), 2018 |
Outro | |
Páxina web oficial | en.cerh.eu… |
O club máis laureado da competición é o FC Barcelona, que acadou 22 títulos. O actual campión é o Sporting CP.
Formato
editarActualmente, a competición consta dunha rolda clasificatoria e unha primeira rolda. Logo, os 16 equipos son agrupados en catro grupos e os dous mellores clasificados de cada grupo xogan unha final a oito nunha cidade europea.
Entre os anos 1996 e 2007, a Liga de Campións comezaba cunha rolda eliminatoria e unha rolda preliminar de eliminación directa. Logo, os oito equipos que gañaban na rolda preliminar eran agrupados en dous grupos. Os dous primeiros equipos de cada grupo se disputaban o título nunha final-four.
Historial
editarPalmarés
editarEquipo | Campionatos gañados |
---|---|
FC Barcelona | 22 (1972-73, 1973-74, 1977-78, 1978-79, 1979-80, 1980-81, 1981-82, 1982-83, 1983-84, 1984-85, 1996-97, 1999-00, 2000-01, 2001-02, 2003-04, 2004-05, 2006-07, 2007-08, 2009-10, 2013-14, 2014-15, 2017-18) |
Reus Deportiu | 8 (1966-67, 1967-68, 1968-69, 1969-70, 1970-71, 1971-72, 2008-09, 2016-17) |
H.C. Liceo | 6 (1986-87, 1987-88, 1991-92, 2002-03, 2010-11, 2011-12) |
Igualada HC | 6 (1992-93, 1993-94, 1994-95, 1995-96, 1997-98, 1998-99) |
CP Voltregà | 3 (1965-66, 1974-75, 1975-76) |
Sporting CP | 3 (1976-77, 2018-19,2020-21) |
FC Porto | 2 (1985-86, 1989-90) |
SL Benfica | 2 (2012-13, 2015-16) |
OC Barcelos | 1 (1990-91) |
AA Noia (actual CE Noia) | 1 (1988-89) |
AP Follonica Hockey | 1 (2005-06) |
GSH Trissino | 1 (2021-22) |
Total | 56 |
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarA Galipedia ten un portal sobre: Hóckey a patíns |
Ligazóns externas
editar- Site oficial da CERH
- infoHOCKEY - Información da Copa de Europa de hóckey sobre patíns
- Sitio web oficial Arquivado 12 de abril de 2021 en Wayback Machine. (en inglés).