Saltar ao contido

restar

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /res.'tar/ (AFI)

Verbo transitivo

restar

  1. Quitar unha parte un todo.
    • Exemplo: Aos beneficios hai que restarlle os gastos.

  2. Facer que algo diminúa, ou se rebaixe.
    • Exemplo: Seu mal comportamento restoulle moita autoridade. Restoulle importancia ao asunto. As dificultades non lle restaron enerxías.

  3. Achar a diferenza entre dúas cantidades ou expresións.
  4. (Deportes) No xogo de pelota e outros deportes, como o tenis, xogador que devolve a pelota ao saque.
    • Exemplo: Este tenista resta moi ben.

  5. (Matemáticas) Operación consitente en quitar dunha cantidade outra.
    • Exemplo: Se a dez lle restamos dous, quedan oito.

Observacións

Verbo intransitivo

restar

  1. Algo, cousa ou parte dela seguir existindo.
    • Exemplo: En todo o que resta do ano non volvo facer iso. Aínda lles resta no banco unha parte da fortuna que herdaron

      .
  2. Estar unha distancia, un tempo ou un feito de por medio entre o lugar, momento ou situación da que se parte e aquel ou aquela aos que se quere chegar.
    • Exemplo: restan dez días para rematar o curso. O ciclista situouse á cabeza da carreira cando restaban cincuenta metros. Xa está rematado o pavillón, só resta inauguralo

      .