Saltar ao contido

paralelo

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Debuxo da Terra coas latitudes paralelas
  • Pronuncia: /pa.ɾa.'lɛ.lo̯/ (AFI)

Adxectivo

paralelo (ms: paralelo; mpl: paralelos; fs: paralela; fpl: paralelas)

  1. (Xeometría) Dise das liñas ou dos planos que gardan sempre a mesma distancia entre si, polo que nunca chegan a encontrarse con outra ou outro por moito que se prolonguen.
    • Exemplo: Dúas liñas paralelas nunca se cortan.

  2. Que é correspondente, semellante ou análogo a algo.
    • Exemplo: A súa evolución intelectual foi paralela á experimentada polo seu pai.

  3. Que sucede ao mesmo tempo.
    • Exemplo: A novela narra dúas vidas paralelas.

  4. Que se corresponde en maior ou menor medida co oficial, legal, etc., pero que está á marxe.
    • {{exemplo|Contabilidade paralela.
  5. (Figurado) Que segue a mesma dirección, que mantén a mesma liña, que ten o mesmo obxectivo ou que tende ao mesmo resultado.
    • Exemplo: Ambos os científicos realizaron experiencias paralelas.

Substantivo masculino

paralelo (sg: paralelo; pl: paralelos)

  1. (Xeografía) Cada un dos círculos da esfera terrestre paralelos ao Ecuador.
    • Exemplo: Os paralelos forman circunferencias que teñen todos os puntos á mesma latitude.

  2. Comparación que se fai entre dúas persoas ou cousas.
    • Exemplo: Son moi distintos, non podes establecer un paralelo entre os dous irmáns.

Substantivo feminino

paralelo (sg: paralela; pl: paralelas)

  1. (Xeometría) Recta paralela.
    • Exemplo: Debuxade no caderno dúas paralelas.

Substantivo feminino plural

paralelas

  1. (Deportes) Aparato ximnástico constituído por dúas barras paralelas.
    • Exemplo: A atleta realizaba exercicios nas paralelas.

Sinónimos

barras paralelas.

Termos relacionados

barras paralelas, en paralelo, torno paralelo.