Saltar ao contido

mineral

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «mineral».
Xofre, exemplo de mineral formado por un só elemento químico; (S)
  • Pronuncia: /mi.nɛ.ˈɾal/ (AFI)

Adxectivo

(sg: mineral; pl: minerais)

  1. (Xeoloxía) Dise da materia que non forma parte dos seres vivos.
    • Exemplo: O concepto de materia mineral oponse ao de materia viva ou materia orgánica.

Substantivo masculino

(sg: mineral; pl: minerais)

  1. (Xeoloxía) Substancia natural, sólida, cristalina, de composición química definida (ou que pode variar entre límites estreitos) e que ten unhas propiedades físicas e químicas tamén definidas.

Traducións