Saltar ao contido

milgranda

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «milgranda».
  • Pronuncia: /milˈɣɾanda̝/ (AFI)

Substantivo feminino

milgranda (sg: milgranda; pl: milgrandas)

Milgrandas arbustivas.
Milgranda ou granada na árbore.
  1. (Botánica) Pequena árbore froiteira caducifolia da familia das litráceas (Punica granatum L.), de tronco retorto e moi ramalludo, con follas oblongas e flores vermellas.
  2. (Botánica e alimentación) Infructescencia desta árbore, de forma globular, pel moi grosa e coriácea e interior dividido en numerosos lóbulos que conteñen pequenos froitos de polpa vermella, de sabor doce.

Traducións

Véxase tamén