Saltar ao contido

constelación

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «constelación».
  • Pronuncia: /konstɛlaˈθjoŋ/ (AFI)

Substantivo feminino

constelación f (sg: constelación; pl: constelacións)

  1. (Astronomía) Conxunto de estrelas cuxa posición no ceo é aparentemente tan próxima que se acostuma a conectalas mediante liñas imaxinarias, asociando o debuxo resultante cunha figura determinada, como a dun animal, un ser mitolóxico, etc.

Observacións

  • A partir de 1928, a Unión Astronómica Internacional decidiu reagrupar oficialmente a esfera celeste en oitenta e oito constelacións con límites precisos, tal que todo punto no ceo quedase dentro dos confíns dunha figura.

Traducións

Véxase tamén


Castelán

Substantivo feminino

constelación f (sg: constelación; pl: constelaciones)

  1. (Astronomía) Constelación.