abstracto
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: do latín abstractus.
- Pronuncia: /absˈtɾakto̝/ (AFI)
abstracto (ms: abstracto; mpl: abstractos; fs: abstracta; fpl: abstractas)
- Resultado da abstracción.
- Difícil de comprender.
- Que representa unha cualidade ou propiedade illada daquilo do que é propia.
- Que non representa o real ou apenas garda relación coa realidade.
- Carente de existencia propia.
- (Lingüística) Que expresa unha abstracción, unha calidade, etc.
- (Ciencias) Que opera mediante abstraccións.
- (Matemáticas) [Número] no que se descoñece a natureza da unidade.
- (Arte) Que non persegue a representación visual da realidade.
- Sinónimos: abstracción, expresionismo abstracto
- (Relixión) Persoa que se entrega á vida contemplativa, apartándose das cousas materiais.
Antónimos
- (6) Concreto.
Traducións
- Castelán: abstracto (es)
- Francés: abstrait (fr)
- Inglés: abstract (en)
- Portugués: abstracto (pt), abstrato (pt)
Véxase tamén
abstracto