abrigar
Aparencia
Galego
- Pronuncia: /abɾiˈɡaɾ/ (AFI)
abrigarse
- Protexerse [das inclemencias do tempo atmosférico ou dun perigo] situándose [en algures].
- Exemplo: Abrigámonos da tormenta na sobeira.
- Exemplo: Onde nos imos abrigar cando se faga noite?
- Sinónimos: abeirarse, agarimarse, ampararse, gorecerse, gorirse, guarecerse, guarirse, resgardarse.
- Exemplo: Abrigámonos da tormenta na sobeira.
- Cubrirse con algo que forneza abrigo.
- Sinónimos: acocharse, agocharse, arrouparse, taparse.
abrigar
- Cubrir [alguén] con algo que lle forneza abrigo.
- Protexer [algo] [das inclemencias do tempo atmosférico ou dun perigo] situándoo [en algures].
- (Figurado) Posuír [un desexo, esperanza, idea ou sentimento].
Traducións
Protexer do tempo ou dun perigo.
Conxugación
Verbo semirregular da 1ª conxugación
Infinitivo | abrigar |
Xerundio | abrigando |
Participio | abrigado, abrigada, abrigados, abrigadas |
1 Vostede(s) |