Saltar ao contido

Garda Civil

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «Garda Civil».
Casa cuartel da Garda Civil en Segovia

Locución substantiva feminina

Garda Civil

  1. (Exército) Corpo armado do estado español encargado da seguridade e da orde no medio rural. (sinónimo: benemérita).
    • Exemplo: Todos os individuos que entraron de paisano no bar pertencían á Garda Civil

      .
  2. Individuo deste corpo.
    • Exemplo: O garda civil pediulle que se identificase.

Observacións

O nome desta institución escríbese con maiúscula. O dos membros, con minúscula.