Ziphius
Ziphius | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Zifio de Cuvier (Ziphius cavirostris) | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
|
Ziphius é un xénero de mamíferos cetáceos odontocetos da superfamilia dos zifioideos o tipo da súa única familia, a dos zifíidos.
Na actualidade o xénero non comprende máis que unha única especie, o zifio de Cuvier (Ziphius cavirostris),[1][2][3] aínda que se coñece tamén unha especie extinta.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]O xénero Ziphius foi descrito en 1823 polo naturalista francés Georges Cuvier na súa obra Recherches sur les ossements fossiles. Nouv. éd., 5 (1): 1-352.[3][4]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome científico Ziphius foi cuñado por Georges Cuvier, que parece que o derivou dunha adaptación do grego antigo ξίφος xíphos "espada", en alusión ao estreito bico destes animais.[5]
Sinónimos
[editar | editar a fonte]Ademais de polo nome de Ziphius que lle adxudicou Cuvier, e actualmente válido, o xénero foi coñecido tamén polos seguintes sinónimos:[2]
- Aliama Gray, 1864
- Epiodon Burmeister, 1867
- Hyperodon Cope, 1865
- Hyperondon Hall & Kelson, 1959 (erro ortográfico)
- Petrorhynchus Gray, 1865
- Xiphius Agassiz, 1846
- Ziphiorrhynchus Burmeister, 1865
- Zyphius Moreno, 1895 (erro ortográfico)
Clasificación
[editar | editar a fonte]A única especie actual do xénero é o zifio de Cuvier,[6] de xeito que Ziphius foi considerado tradicionalmente como un xénero monoespecífico. Pero comprende tamén unha especie fósil, Ziphius compressus Owen, 1870,[4] que viviu desde hai 2 588 millóns de anos (Ma) até hai 1 806 Ma, e cuxos restos se encontraron no leste do Reino Unido.[7]
Distribución
[editar | editar a fonte]Zifio de Cuivier
[editar | editar a fonte]O zifio de Cuvier encóntrase en todos is océanos do mundo, incuíndo o mar Mediterráneo, e exceptuando as moi frías latitudes dos océanos Glaciais Ártico e Antártico, o mar Báltico e o mar Negro.[8]
En Galicia
[editar | editar a fonte]A presenza do zifio de Cuvier en augas próximas a Galicia é escasa.[9]
Ziphius compressus
[editar | editar a fonte]A especie fósil Ziphius compressus foi descuberta no Reino Unido, onde viviu no plistoceno.[7][10]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Taylor, B. L.; Baird, R.; Barlow, J.; Dawson, S. M.; Ford, J.; Mead, J. G.; Notarbartolo di Sciara, G.; Wade, P. & Pitman, R. L. (2008): Taxon Ziphius na Lista vermella da UICN. Versión 2016.1. Consultada o 20-08-2016.
- ↑ 2,0 2,1 Ziphius Cuvier, 1823 no WoRMS.
- ↑ 3,0 3,1 Ziphius en MSW.
- ↑ 4,0 4,1 Ziphius Cuvier 1824 Arquivado 17 de setembro de 2016 en Wayback Machine. en Fossilworks.
- ↑ Ziphius no Merriam-Webster's Unabridged Ditionary.
- ↑ Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000), p. 314.
- ↑ 7,0 7,1 † Ziphius compressus Owen, 1870 en GBIF.
- ↑ Taylor, B. L.; Baird, R.; Barlow, J.; Dawson, S. M.; Ford, J.; Mead, J. G.; Notarbartolo di Sciara, G.; Wade, P. & Pitman, R. L. (2008):Ziphius cavirostris na Lista vermella da UICN. Versión 2016.1. Consultada o 20-08-2016.
- ↑ Díaz d'a Silva, J. I. e Cartelle, Y. (2007), p. 128.
- ↑ Ziphius compressus na EOL.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ziphius |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Ziphius |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Carwardine, Mark (1995): Ballenas, delfines y marsopas. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-1037-3.
- Díaz d'a Silva, J. I. e Cartelle, Y. (2007): Guía dos mamíferos de Galicia. A Coruña: Baía Edicións. ISBN 978-84-96893-20-7.
- Duguy, R. e Robineau, D. (1987): Guía de los mamíferos marinos de Europa. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-0811-5.
- Heyning, John E (2002): "Cuvier's Beaked Whale", en Jefferson, Thomas A. Encyclopedia of Marine Mammals, pp. 305–307. San Diego: Academic Press. ISBN 0-12-551340-2.
- Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8.
- Perrin, William F., Bernd Wursig & J. G. M. Thewissen, eds. (2002): Encyclopedia of Marine Mammals. 2ª ed. San Diego, California: Academic Press. ISBN 978-0-12-373553-9.
- Van der Land, J. (2001): "Tetrapoda", en: Costello, M. J. et al., eds. (2001): European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Muséum national d'Histoire naturelle.. Collection Patrimoines Naturels, 50: pp. 375–376. ISBN 2-85653-538-0.
- Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (eds.) (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference. 5ª ed. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ziphius Cuvier 1824 Arquivado 17 de setembro de 2016 en Wayback Machine. en Fossilworks.
- Ziphius G. Cuvier, 1823 no ITIS.
- Ziphius na ADW.
- Ziphius cavirostris Arquivado 17 de xullo de 2015 en Wayback Machine. na EOL.
- Ziphius compressus na EOL.