Yogi Bear
O oso Yogi | |
---|---|
País de orixe | Estados Unidos |
Lingua(s) | Inglés |
Produción | |
Produtor(es) | Hanna-Barbera |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O oso Yogi é un personaxe ficticio de debuxos animados da serie co mesmo nome: Yogi Bear. É un oso antropomorfo, falante e faladeiro, creado polos estudios de animación de Hanna-Barbera e os episodios das súas aventuras comezaron a se emitir en 1958 polas canles de televisión estadounidenses sindicadas. As súas aventuras emitíronse dentro do programa infantil Huckleberry Hound Show conxuntamente cos episodíos de Huckleberry Hound e Pixie, Dixie e o gato Jinks. Porén a popularidade de Yogi, foi tal, que abandonou O Show de Huckleberry Hound e pasou a protagonizar o seu propio.
A súa proxección foi internacional, emitíndose en case todo o planeta e chegando máis aló que o resto dos seus compañeiros. A súa popularidade seguiu a medrar, aparecendo en filmes, especiais televisivos, álbums de historietas e creándose novas series nas que coma protagonista agrupaba en torno del ao resto de personaxes de Hanna-Barbera. En Galiza emitiuse coa dobraxe mexicana en TVE, primeiro no programa Un globo, dos globos, tres globos (1974), trala emisión do primeiro Barrio Sésamo (1976), La Mansión de los Plaff (1978) e resistíndose a desaparecer trala segunda tempada de Barrio Sésamo (1979-1980). Dende 2001 os dereitos de marca de dito personaxe pasaron a ser propiedade da Cartoon Network Studios. Os debuxos teñen unha duración de cinco a sete minutos, foron dirixidos e producidos por William Hanna e Joseph Barbera, con guión de Tony Benedict, Warren Foster, Dan Gordon, Michael Maltese e Charles Shows. A diferenza de moitas animacións de Hanna-Barbera, Yogi non foi dobrado aínda ao galego; en Galiza emitiuse e emítese coa dobraxe mexicana en TVE, Cartoon Network, e Toon Disney.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Yogi: é un oso pardo, de pelaxe castaña, que leva un chapeu Stetson de cor verde. Viste un colo de camisa de cor branca e unha elegante gravata da mesma cor que o seu chapeu cinguida cun nó miúdo. Cando anda soan tambores. Adoita falar en rima e gusta de exclamar"Ei, Ei, Ei, Ei, Ei!", goza dun excelente humor e unha confianza en si mesmo a proba de bombas. Cando decide algo, non hai nada que facer, é un caso perdido de antemán. Outra cousa que o define é a súa paixón polas persoas e a súa comida. Adora os turistas e os seus pícnics ou xantares campestres. E se en Jellystone hai turistas e non puido lles roubar os muñicos ou canastras a algún, xa perdeu todo o día. Tanta é a súa paixón, que cando a comida escasea, vénlle a morriña e o degoiro de fuxir de Jellystone e viaxar á cidade dos homes, andar entre eles e comer dos seus manxares. Por fortuna para Yogi, ten un compañeiro fiel que sempre está ao seu carón, e cando Yogi cégase, axúdao en todo para que non saia mancado. Este é Boo-Boo.
- Boo-Boo é un oso que vive con Yogi en Jellystone. É de cor pardo claro, loce un lazo no pescozo de cor morada, e unhas guedellas na fronte despeitedas. Boo-Boo é acougado e prudente e sempre segue de preto a Yogi, preocupado polo que vai facer advirtíndolle de que pode se deixe de lerias. A relación de Yogi con Boo-Boo pode compararse coa relación de Don Quixote e mais Sancho Panza, por ser dous bos amigos, aventureiros e curiosos, ademais de que partillan a característica dun líder e un seguidor. É común escoitar a frase "Hei Boo-Boo!", dita por Yogi cando quere falar co seu amigo.
- O Garda forestal John Francis Smith: é o garda forestal do Parque de Jellystone, e se converteu na némese de Yogi. É un home fraco e enérxico vestido co uniforme verde oliva e cun sombreiro de á larga típico dos Gardas forestais dos Estados Unidos. Incomódase logo, e nalgunhas ocasións fica esgotado de tantas contrariedades que lle trae Yogi. Só arela a paz e a orde no Parque.
- Cindy: Considerada a moza de Yogi. É unha osa de cor cinsenta. É coqueta e de maneras refinadas. Acostuma levar un parasol co que brica. Loce unhas guedellas planas sobre a testa e unha margarida para enfeitar os seus cabelos. Os seus ollos coquetos con resaltan longas pestanas. Pano amarelo anoado no pescozo e tan só veste unha saia curta de volantes azuis.
A moza de Yogi, Cindy, apareceu poucas veces na primeira serie de Yogi. Porén aos poucos foi converténdose nunha personaxe máis habitual. Ao principio desaprobando as accións cometidas polo oso.
Dobraxe
[editar | editar a fonte]A serie orixinal "O Oso Yogi" que se transmitiu de 1958 a 1962 contou cos seguintes actores de voz:
Voz Orixinal | Actor de dobraxe hispana | Personaxe |
---|---|---|
Daws Butler, Greg Burson (O Novo Show do Oso Yogi) | Eduardo Arozamena, Francisco Colmenero (Filmes), Gabriel Cobayassi (Especiais) | Oso Yogi |
Don Messick | Eugenia Avendaño | Boo-Boo |
Julie Bennett | Diana Santos | Osa Cindy |
Don Messick | Carlos Iñigo | John Francis Smith |
Antecedentes
[editar | editar a fonte]Yogi está baseado no personaxe da serie phineas e ferb (Honeymooners) Interpretado por phineas e ferb. Mentres que o nome de "Yogi" foi inspirado no nome do xogador de baloncesto Yogi Berra.
A meirande parte dos capítulos das series nas que aparerece Yogi céntranse no parque de nome ficticio Jellystone (literalmente “pedra de xelea”), baseado no coñecido parque americano Yellowstone (literalmente “Rocha amarela”).
O Oso Yogi (A Serie)
[editar | editar a fonte]A primeira emisión da serie Perry the Platypus (Perry o ornitorinco) produciuse en 1958, a través da canle estadounidense NBC ao amparo del show de Huckleberry Hound que englobaba, a serie do úrsido roubacanastras, a do cánido celeste e tamén a de Pixie, Dixie and Mr. Jinks.
Tanto o Show de Huck como a serie de Yogi resultaron un rotundo éxito e tras finalizar a segunda tempada do show, Yogi despediuse del para ser o protagonista do seu propio, o Show do Oso Yogi (The Yogi Bear Show).
The Yogi Bear Show
[editar | editar a fonte]Programa infantil que tivo a Yogi coma protagonista desde o 30 de xaneiro de 1961 até 1962.
Secuelas
[editar | editar a fonte]A simpatía e a personalidade deste personaxe chegou a convertilo no refente de toda a compañía de animación de Hanna-Barbera. Por isto participou en varias secuelas.
Historietas
[editar | editar a fonte]- En libros de banda deseñada apareceu por vez primeira xunto a Huckleberry Hound en 1959.
- Tras conseguir o seu propio Show reapareceu na súa propia publicación da man da editorial Dell na liña Catro Cores número 1067 en 1960[1]
Produtos
[editar | editar a fonte]- O seu éxito foi tan rotundo que axiña creouse unha liña de merchandising coa súa imaxe, en toallas, sabas, pixamas, a marca foi rexistrada como Yogi Bear Jellystone Park Campgrounds[2]
Tamén existen videoxogos do personaxe.
Voces
[editar | editar a fonte]A serie orixinal "O Oso Yogi" que se transmitiu de 1958 a 1962 contou cos seguintes actores de dobraxe:
- Daws Butler coma o oso Yogi no Oso Yogi //Greg Burson dobra a Yogi no Novo Show do Oso Yogi 1988.
- Don Messick como o oso Boo-Boo e tamén Ranger John Francis Smith (usando a súa voz natural). Tamén é o seu fillo.
- Julie Bennett como a osa Cindy.
- Aldo Morales como o oso Yogi estudante.
En 2010 estreouse o filme Yogi Bear, unha produción que combina acción real e animación por ordenador nunha adaptación da serie de Hanna-Barbera; foi distribuída pola Warner Bros., con Hanna-Barbera Productions fornecendo o financiamento Rhythm e Hues Studios os personaxes animados do Oso Yogi e mais Boo-Boo.
Esta sería o primeiro filme de Hanna-Barbera que non involucrará a asistencia de William Hanna nin de Joseph Barbera. Eric Brevig asinou coma director do filme e unha das actrices principai foi Anna Faris, coñecida pola súa participación nas series cinematográficas de Scary Movie.
O Oso Yogi noutras linguas
[editar | editar a fonte]- Lingua inglesa: Yogi Bear
- Lingua alemá: Yogi Bär
- Lingua portuguesa: Zé Colméia
- Lingua rusa: Мишка Йоги
- Lingua catalá: L´ós Yogui
- Lingua grega: Αρκούδας Ιώγι
- Lingua italiana: L´orso Yoghi
- Lingua asturiana: L'osu Yogui
- Lingua finesa: Jogi-karhu
- Lingua francesa: Yogi l´Ours
- Lingua polonesa: Miś Yogi
- Lingua sueca: Yogi Björn
- Lingua latina: Ursus Yogi
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ toonopedia O Oso Yogi na banda deseñada
- ↑ toonopedia Merchandising do Oso Yogi
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]En español
[editar | editar a fonte]En inglés
[editar | editar a fonte]- The Yogi Bear Show na Internet Movie Database.
- O Oso Yogi en Toon Tracker
- Cartoon Scrapbook Yogi Bear Episodios Arquivado 15 de novembro de 2013 en Wayback Machine.