Xosé Soto
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de xullo de 1938 (86 anos) Arxeriz, España |
Actividade | |
Ocupación | empresario, político, escritor |
Xosé Soto Rodríguez, coñecido como Xosé de Arxeriz e anteriormente como Pepiño da Gaita,[1] nado en Arxeriz (Fión, O Saviñao) o 9 de xullo de 1938, é un empresario, político e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Mozo de familia acomodada, estudou fóra de Galicia, en Madrid e Alemaña[2], e posteriormente instalouse en Madrid. Alí colaborou co grupo Brais Pinto, militou na UPG e participou nas clases de cultura galega do Club de Amigos da Unesco, onde aprendeu a tocar a gaita.
Como gaiteiro, ingresou na compañía de baile galego de Rei de Viana, e con ela realizou diversas viaxes polo mundo. Nalgunha desas viaxes actuou como representante da UPG en entrevistas con destacados líderes do exilio republicano[2], como Claudio Sánchez Albornoz e Luis Jiménez de Asúa. Posteriormente foi secretario persoal de Enrique Tierno Galván, e acompañouno no seu ingreso no PSOE. Nesta formación ocupou distintos cargos de responsabilidade internacional.[2]
En 1985 comproulle ao seu tío José Rodríguez López a granxa de Arxeriz e negociou a instalación dunha escola-obradoiro que funcionou de 1993 a 1996. En 1996 creou a Fundación Xosé Soto de Fión á que lle doou en 1999 o conxunto de Arxeriz.
Obras
[editar | editar a fonte]- Cara unha poética ecoloxista: Noriega (1999). Fundación Xosé Soto de Fión. 139 páxs. ISBN 84-605-9713-X.
- Luzadas de vagalumes (2000). Fundación Xosé Soto de Fión. 181 páxs. ISBN 84-931685-0-5.
- Luzadas de vagalumes II (2001). Fundación Xosé Soto de Fión. 145 páxs. ISBN 84-931685-1-3.
- Luzadas de vagalumes III (2004). Fundación Xosé Soto de Fión. 171 páxs. ISBN 84-931685-2-1.
- Xerfas de mallante (2005). Fundación Xosé Soto de Fión. 197 páxs. ISBN 84-931685-3-X.
- Luzadas de vagalumes IV (2007). Fundación Xosé Soto de Fión. 199 páxs. ISBN 84-931685-2-1.
- Luzadas de vagalumes V (2009). Fundación Xosé Soto de Fión. 233 páxs. ISBN 84-931685-5-6.
- Sombras, ecos, olgas (2014). Fundación Xosé Soto de Fión. Memorias. 962 páxs. ISBN 978-84-617-5629-2.
- Luzadas de vagalumes V/ (2017). Fundación Xosé Soto de Fión. 292 páxs. ISBN 978-84-09-02881-8.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Pseudónimos galegos en ogalego.eu: s". www.ogalego.eu. Consultado o 2022-02-08.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Eiré, Afonso (2019-01-08). "Cando a UPG se entrevistou cos líderes da República no exilio". A Nosa Terra. Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2019. Consultado o 2019-01-10.