Xosé Alvilares
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de setembro de 1928 Axulfe, España |
Morte | 28 de novembro de 2015 (87 anos) Taboada, España |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote católico, escritor |
Xosé Alvilares Moure, nado en Axulfe (Chantada) o 26 de setembro de 1928 e finado en Taboada o 28 de novembro de 2015, foi un sacerdote e escritor galego.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu na parroquia de San Pedro de Viana, despois de ser consagrado sacerdote foi párroco no Cebreiro (1952-1956), Cartelos (1956-1964) e Amandi (1964-1978) e doutorouse en Teoloxía en Roma.[2] Foi profesor de bacharelato en Lugo. A súa visión teolóxica concorda coas teses de renovación da Igrexa católica que se defenderon no Concilio Vaticano Segundo.[3]
Obra
[editar | editar a fonte]Ensaio
[editar | editar a fonte]- O clero i-o uso do idioma galego (1965). Lugo: Anteo. Prólogo de Xesús Alonso Montero.
- Memorial de agravios (1992). Vigo: Editorial Galaxia. 392 páxs. ISBN 978-84-7154-860-3.
- Dignidade e indignidade da política (Epístola Moral a un fiscal amigo) (2002). Ed. de autor. 112 páxs. ISBN 978-84-607-5796-2.
Obra en castelán
[editar | editar a fonte]Ensaio
[editar | editar a fonte]- El Cebrero (1956). Porto y Cía. Editores.
- ¿Proceso a la iglesia gallega? El testimonio de la literatura gallega del siglo XIX (1969). Madrid: Maranova
- Dios en los límites (1999). E. PPC. Prólogo de Andrés Torres Queiruga. ISBN 9788428815314.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dicionario biográfico de Galicia. Ir Indo Edicións. 2010-2011.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. ISBN 84-7492-465-0.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "XOSE ALVILARES Casa del Libro". casadellibro (en castelán). Consultado o 2022-02-03.
- ↑ "Xosé Alvilares Moure Galegos Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2022-02-03.
- ↑ "Xosé Alvilares". Editorial Galaxia. Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2020. Consultado o 2022-02-03.