Xogos Hereos
Os xogos hereos (en grego τὰ Ἡραῖα "tà Hēráia") da Grecia antiga eran concursos deportivos organizados en Argos e en Olimpia na honra da deusa Hera e reservado ás mulleres. Poden considerarse o antepasado do deporte feminino de competición e a versión feminina dos xogos olímpicos antigos. Son mencionados por Pausanias[1].
Xogos hereos de Olimpia
[editar | editar a fonte]Orixe
[editar | editar a fonte]Pausanias relata a tradición de que en Olimpia os xogos hereos foran instituídos por Hipodamía como acción de grazas a Hera pola súa voda con Pélope, aínda que tamén sinala unha orixe histórica destes xogos en torno ao -580 o tirano de Pisa Damofonte causara moitos males aos habitantes de Élide polo que, á súa morte, para tratar de reparar os males causados formouse un grupo de 16 mulleres (unha por cada cidade que había entón en Élide). Estas mulleres estableceron os xogos Hereos e cada cinco anos tecían un peplo para Hera[2].
Características
[editar | editar a fonte]Os xogos estaban organizados polas denominadas «dezaseis mulleres» e consistían en carreiras de raparigas onde había tres categorías de idades. Corríase co pelo solto e as participantes vestían unha túnica que chegaba até un pouco máis arriba do xeonllo e deixaba ao descuberto a zona do ombreiro dereito até o peito. As carreiras tiñan lugar no mesmo estadio de Olimpia onde se desenvolvían os xogos olímpicos. Os premios consistían en coroas de oliveira e parte dunha vaca que fora previamente sacrificada a Hera. Ás veces dedicábanse estatuas ás vencedoras[3][4].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Pausanias II,24,2
- ↑ Pausanias V,16,4-6.
- ↑ Pausanias V,16,2-3.
- ↑ Fernando García Romero, El deporte femenino en la Antigua Grecia, pp.11-13.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- MARTIN, Thomas R.: An Overview of Classical Greek History from Mycenae to Alexander (Panorama da historia da Grecia Antiga desde a época micénica até a de Alexandre).
- Apartado The Olympic Games of Zeus and Hera (Os xogos olímpicos de Zeus e Hera): texto inglés no Proxecto Perseus.