Xesús Pérez Varela
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1949 (75/76 anos) Redondela, España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, político |
Xesús Pérez Varela, nado en Redondela en 1949, é un político e xornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou bacharelato no Instituto Santa Irene de Vigo, Maxisterio na Escola Normal de Lugo e xornalismo na Escola Oficial de Xornalismo de Madrid. Exerceu como redactor e comentarista político nos diarios Marca, Aragón Express, La Gaceta del Norte, Región e El Imparcial, xornal que dirixiu entre xuño e decembro de 1979. Foi xefe de publicacións e de comunicación no Museo Arqueológico Nacional (1981-1987). En 1990 foi nomeado director do gabinete de comunicación do presidente da Xunta de Galicia. Co PPdeG foi secretario xeral de Comunicación (1991-1996), deputado no Parlamento de Galicia (1997) e conselleiro de Cultura e Comunicación Social (1997-2005). Despois foi nomeado para o Consello de Administración da CRTVG.
Controversia
[editar | editar a fonte]No ano 2002, con ocasión dun concerto en Santiago de Compostela da Orquestra Sinfónica de Galicia, preguntóuselle a Xesús Pérez Varela, entón conselleiro de cultura sobre a súa asistencia ao mesmo, e contestou eloxiando á "cantante" "Carmina Burana".[1]
Predecesor: Víctor Manuel Vázquez Portomeñe |
Conselleiro de Cultura e Comunicación Social 1997–2005 |
Sucesor: Ánxela Bugallo |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Pérez Varela y Carmina Burana" Arquivado 25 de xuño de 2011 en Wayback Machine., artigo de Jose Millares no blog JamSession, 22 de outubro de 2004 (consultado o 8 de marzo de 2010) (en castelán)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xesús Pérez Varela |