Xaquín Campo Freire
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de maio de 1937 (87 anos) Narón, España |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote católico, escritor |
Xoaquín Orlando Campo Freire, coñecido como Xaquín Campo Freire ou polo pseudónimo Xaquín da Roca, nado en Narón o 20 de maio de 1937, é un relixioso galeguista.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ten o graduado social como ATS pola Universidade de Santiago de Compostela, a diplomatura en Xerontoloxía Social pola Universidade Complutense de Madrid e é licenciado en Teoloxía Pastoral Sanitaria, pola Universidade Camillianum de Roma dende 2005.
É membro do consello de redacción da revista Encrucillada así como membro ordinario da AELG. Traballou de enfermeiro en Fene e de capelán de Residencia de Anciáns. Na actualidade é director do Centro de Acompañamento e Relación de Axuda e da Escola de Saúde e Centro de Escoita Activa Mons. Araúxo.
Obra
[editar | editar a fonte]Ensaio
[editar | editar a fonte]- A viuvez na Pastoral da Saúde, 2007.
- Paulino, un médico solidario.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Xosé Chao Rego: renacer galego. (Actas do Simposio-Homenaxe), Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas, 2010.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha en Galegos.info
- Artigos de Campo Freire, en GaliciaDixital.