Wish (álbum)
- Este artigo trata sobre o álbum de The Cure, para o sinxelo de Nine Inch Nails véxase "Wish".
Wish | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de The Cure | ||||
Publicado | 21 de abril de 1992 | |||
Gravación | 1991 - 1992 | |||
Estudio(s) | The Manor en Oxfordshire, Inglaterra | |||
Duración | 65:42 | |||
Xénero(s) | post-punk, rock gótico, rock alternativo | |||
Selo(s) | Fiction, Elektra | |||
Produtor | David M. Allen e Robert Smith | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
https://www.thecure.com/release/wish/ | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Wish é o noveno álbum de estudio da banda inglesa The Cure, editado o 21 de abril de 1992. É o último traballo de estudio do grupo con Boris Williams e o primeiro con Perry Bamonte, ademais de ser o último que conta con Porl Thompson despois de 16 anos.
A pesar de non ser tan ben recibido pola crítica como Disintegration, Wish é o álbum de The Cure que máis alto chegou nas listas, dándolle o seu primeiro número 1 no Reino Unido e 2 nos Estados Unidos, onde vendeu máis de 1,2 millóns de copias.
O seu segundo sinxelo, "Friday I'm in Love", converteuse nunha das cancións máis coñecidas da banda, acadando o número 6 no Reino Unido, o 17 nos Estados Unidos e o 1 en Suráfrica.
A popularidade do álbum fixo que The Cure estivese nomeado ao Grammy ao mellor álbum de música alternativa de 1993.
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]Todos os temas compostos por The Cure (Perry Bamonte, Simon Gallup, Robert Smith, Porl Thompson, Boris Williams).
N.º | Título | Duración |
---|---|---|
1. | "Open" | 6:51 |
2. | "High" | 3:37 |
3. | "Apart" | 6:40 |
4. | "From the Edge of the Deep Green Sea" | 7:44 |
5. | "Wendy Time" | 5:13 |
6. | "Doing the Unstuck" | 4:24 |
7. | "Friday I'm in Love" | 3:39 |
8. | "Trust" | 5:33 |
9. | "A Letter to Elise" | 5:14 |
10. | "Cut" | 5:55 |
11. | "To Wish Impossible Things" | 4:43 |
12. | "End" | 6:45 |
EP Lost Wishes
Catro temas instrumentais tomados das sesións para o Wish. Editado en 1994 como edición limitada en casete e só a través de pedidos por correo.
Cara A | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Duración | |||||||
12. | "Uyea Sound" | 5:21 | |||||||
13. | "Cloudberry" | 5:19 |
Cara B | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Duración | |||||||
14. | "Off to Sleep..." | 3:38 | |||||||
15. | "The Three Sisters" | 4:11 |