Wikipedia en wayuu
Aparencia
Wikipedia en wayuu | |
---|---|
Logo da Wikipedia en wayuu. | |
Tipo | enciclopedia en liña |
Comercial | Non |
Rexistro | Opcional |
Linguas | Wayuu |
Licenza | Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 . Non soportada |
Propietario | Wikimedia Foundation |
Lanzamento | 27 de febreiro de 2023 |
Na rede | |
https://guc.wikipedia.org/ | |
A Wikipedia en wayuu (en wayuu: Wikipeetia Wayuunaikiru'u) é a edición da enciclopedia libre Wikipedia en lingua wayuu. Foi creada o 27 de febreiro de 2023. O proxecto Wikipedia en wayuu estivo na Incubadora de Wikimedia dende 2008 e foi desenvolvido por activistas, profesores e líderes do pobo wayuu co apoio da Rede Wayuu Dixital.[1][2]
Esta versión da enciclopedia contén 591 artigos e 1.724 usuarios, dos cales 17 son activos.[3]
Fitos
[editar | editar a fonte]- 7 de agosto de 2008: créase o proxecto wayuu na Incubadora de Wikimedia.[4]
- 27 de febreiro de 2023: Wikipedia en wayuu comeza a súa andaina con 459 artigos.
- 2024: A comunidade wayuu, encabezada por Leonardi Fernández, recibiu o premio Acabado de chegar do ano de 2024 outorgado por Jimmy Wales.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Activismo Lenguas - Wikipedia en Wayuunaiki (Wikiakuaipa)". Activismo Digital de Lenguas Indígenas (en castelán). 2020-02-11. Consultado o 2023-03-01.
- ↑ Gutemonik (2021-08-18). "Wikipedia y Wikipeetia en comunidades Wayuú en la Guajira Colombo-Venezolana". Diff (en castelán). Consultado o 2023-03-01.
- ↑ All Wikipedias ordered by number of articles
- ↑ "Wp/guc - Wikimedia Incubator". incubator.wikimedia.org (en inglés). Consultado o 2023-03-02.
- ↑ Wikimedia (2024-08-07). "Meet the Wikimedians of the Year 2024". Diff (en inglés). Consultado o 2024-08-07.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Existe unha versión da Wikipedia en Wikipedia en wayuu |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Wikipedia en wayuu |