Wikipedia:Efemérides destacadas/5 de xullo
Aparencia
- 1687, Isaac Newton publica Philosophiæ Naturalis Principia Mathematica (na imaxe).
- 1833, morre Joseph Nicéphore Niépce, físico francés, inventor da fotografía.
- 1911, nace Georges Pompidou, presidente de Francia (m. 1974).
- 1943, iníciase a batalla de Kursk, a máis grande batalla de tanques de guerra da Historia, ocorrida na segunda guerra mundial.
- 1951, William Shockley inventa o transistor.
- 1985, nace Lucía Pérez, cantante galega.
- 1996, nace a ovella Dolly, o primeiro mamífero clonado (m. 2003).
Hoxe é o día da independencia de Venezuela (España, 1811), Alxeria (Francia, 1962) e Cabo Verde (Portugal, 1975).