Wikipedia:Artigos de calidade/Propostas/RMS Titanic
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Votación PECHADA: Candidatura a artigo de calidade.
Período de votación: 29-12-2012 - 29-01-2013
SI: 1 — NON: 1 — NEUTRO: 1 — CONCLUSIÓN: rexeitado |
- Proposto por: AMPERIO (conversa) 29 de decembro de 2012 ás 18:35 (UTC)[responder]
- Información: MÉRITOS DO ARTIGO: É un artigo moi completo, sobre un tema coñecido por todos. Ademais que xa foi artigo destacado na portada --AMPERIO (conversa) 29 de decembro de 2012 ás 18:35 (UTC)[responder]
- A favor
- Concordo. --AMPERIO (conversa) 29 de decembro de 2012 ás 18:35 (UTC)[responder]
- En contra
- Discordo Primeiro mellórase e despois proponse. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 1 de xaneiro de 2013 ás 23:45 (UTC)[responder]
- Neutros
- Neutro. Aínda que se foron solucionando algúns dos problemas e AMPERIO realizou un traballo de mellora cértamente espectacular, considero que aínda ten algunhas eivas como o escaso tamaño de algunhas das seccións (a de Estilos decorativos é un claro exemplo con dúas liñas), conta con bibliografía, mais se cadra podería ir algún libriño máis (seguro que ha de haber un lote deles, o tema das referencias, e certo que xa ten, mais sendo un tema tan coñecido se cadra debería ter algún máis (véxase artigo da wiki en francés, que ten un lote delas). Seguramente se poda ir ampliando algo máis, estaría ben que algún outro usuario que entenda da materia puidera axudar a AMPERIO e que alguén lle votara unha corrección ortográfica por se acaso, xa que o artigo penso que ten moitas posibilidades de ser de calidade. Saúdos, Piquito (conversa) 26 de xaneiro de 2013 ás 10:30 (UTC)[responder]
- Agardar
Agardar, véxase o comentario. Piquito (conversa) 30 de decembro de 2012 ás 00:17 (UTC)[responder]
- Comentarios
- Comentario. O artigo é moi bo, e penso que pode chegar a ser de calidade, sen embargo atopo algunhas eivas:
- Coido que as referencias bibliográficas son un pouco escasas (2 libros). Feito!
- O artigo carece dunha sección de "Notas", algo un tanto extraño. Feito!
- Pode que sexa unha teima persoal, mais para min un artigo de calidade debería ser, se non o máis extenso de entre tódalas interwikis, un dos máis longos. Os correspondentes das wikis en castelán e en inglés, por exemplo, son 100.000 bytes máis pesados que o noso, o que penso que nos pode indicar que hai varias cousas susceptibles de ampliar.
- Estaría ben poñer os puntos e final nos pés das fotos (é algo menor e estético, mais penso que estaría ben estandarizalo). Feito!
- Engado punto 5. Lendo un pouco por riba o artigo penso que precisa dunha revisión ortográfica, xa que atopei varios castelanismos.
- Outra cousiña: O texto da seguinte imaxe (moi boa idea incluíla, aínda que eu persoalmente a engadiría nalgún lugar do punto 4, que é onde se fala do naufraxio en si) coido que debería traducirse ao galego, como xa se fixo con outros esquemas en Alzamento de Pascua e en Wozzeck, eu non sei cómo se fai nin sei quen é o máis axeitado, xa de HombreDHojalata está ausente por uns meses: Feito!
A tradución está feita daquelamaneira Rasel é unha palabra castellana que non existe en galego de orixe medieval e case sen uso. Penso que podería ser máis axeitado pique de proa --Nemigo 7 de xaneiro de 2013 ás 16:28 (UTC)[responder]
Eu tratei de facelo o mellor que podía. Desculpas polo meu descoñecemento da linguaxe marítima en galego. Busquei de novo a palabra e apareceme como bodega de proa. --AMPERIO (conversa) 7 de xaneiro de 2013 ás 16:39 (UTC)[responder]
- A terminoloxía naval e complexa por precisa e en galego non está de todo desenvolvida por falta de uso. O pique de proa (non sei se en galego se di así) é a parte do buque situada dende o mamparo de colisión e a proa do buque. Toda esa zona, non só as adegas. --Nemigo 10 de xaneiro de 2013 ás 11:35 (UTC)[responder]
De entrada eso é o que vexo eu. Non vou votar á contra, prefiro esperar e ver cómo evoluciona, co traballo de algún/s usuario/s que entendan da materia o artigo penso que pode mellorar o suficiente como para mudar o meu voto. Un saúdo, Piquito (conversa) 30 de decembro de 2012 ás 00:17 (UTC)[responder]
- Comentario Terminoloxía naval
Pon no artigo:
Convenio internacional para a protección da vida humana no mar (Soas) Feito!
Pódese consultar en inglés: http://en.wikipedia.org/wiki/International_Convention_for_the_Safety_of_Life_at_Sea
As siglas do convenio (en inglés) son: SOLAS (Safety of Life At Sea) Feito!
As siglas SOLAS en inglés non se traducen en galego por Soas --Nemigo 30 de decembro de 2012 ás 01:54 (UTC)[responder]
Outra perola:
O puntal do Titanic é 53,3 metros e iso pono tamén na wiki ES Feito!
Na wikipedia en galego non temos a definición de puntal pero si a de francobordo. O puntal é a distancia medida dende a quilla á cuberta na cuaderna maestra. O punto máis alto para medir o puntal do buque está na cuberta.
Agora vamos á páxina en inglés do titanic e pon (Height: 175 ft (53.3 m) (keel to top of funnels) Altura dende a quilla ata a cheminea. --Nemigo 30 de decembro de 2012 ás 02:23 (UTC)[responder]
- Comentario. Xa modifiquei un pouco o artigo engadindo algo de información e algunha táboa. Ampliei a bibliografía con libros (que ao meu parecer poden ser interensates para ler un domingo pola tarde) en varias linguas así coma algunha revista (National Geographic).
- Estiven mirando o artigo en francés (de calidade na fr:wiki) e tampouco ten moita máis información ca o noso, o que si ten son centos de notas e referencias.
- Con respecto ao da SOLAS, xa cambieino. (Hai que ter un pouco máis de ollo con respecto a isto que sendo siglas en inglés non podemos poñelas en galego como quen non quere a cousa. É como se poñemos MS-DOUS pensando que o DOS é un número...que nalgún lado teñoo visto)
- O de puntal aparece explicado na páxina de Francobordo. Non sei se da para crear un artigo ou redirixirlo cara a devantita páxina.
- Con respecto ao de traducir as siglas e froito da curiosidade atopei MS-DÚAS en lugar de MS-DOS no artigo de BASIC, xa está arranxado. --AMPERIO (conversa) 30 de decembro de 2012 ás 12:56 (UTC)[responder]
Tratarei de arranxar un pouco máis o artigo, pero non podo facelo eu só. Grazas a Piquito e a Nemigo polos apuntamentos.--AMPERIO (conversa) 30 de decembro de 2012 ás 12:47 (UTC)[responder]
- Comentario Con respecto ao comentario de Xoacas, xa se fixo o mesmo no artigo de Praga e ao final saíu elexido tras realizar os cambios.
- Cambiar o dato do puntal do barco e engadir máis información a caixa do barco Feito!--AMPERIO (conversa) 3 de xaneiro de 2013 ás 18:39 (UTC)[responder]