Western Force
Nome | Western Force | ||
---|---|---|---|
Fundación | 2005 | ||
Sede | Perth, Australia | ||
Estadio(s) | Perth Oval | ||
Capacidade | 20.500 espectadores | ||
Adestrador | Michael Foley | ||
Capitán | Matt Hodgson | ||
Anotador | Cameron Shepherd (370) | ||
Ensaios | Cameron Shepherd (30) | ||
Liga(s) | Super Rugby | ||
2015 | 15º | ||
| |||
Na rede | |||
http://www.westernforce.com.au/ | |||
O Western Force é un equipo profesional de rugby da cidade de Perth (Australia) fundado no ano 2005 e que compite no torneo Super Rugby.
Estadio
[editar | editar a fonte]O estadio no que disputa actualmente os seus encontros como local o Western Force é o Perth Oval de Perth (chamado Nib Stadium por razóns de patrocinio), un recinto con capacidade para acoller 20.500 seareiros nas bancadas, que foi inaugurado no ano 1904 e renovado en 2004. O Western Force comparte este estadio co equipo de fútbol da liga australiana Perth Glory FC.
Nas dúas primeiras tempadas do Western Force no torneo Super 14, o equipo xogaba os seus encontros como local no Subiaco Oval, un estadio con capacidade para 43.500 persoas, que acolle encontros de fútbol Australiano dende sempre. En 2008 o goberno do estado de Australia Occidental anunciou a construción dun novo estadio con capacidade para 70.000 persoas, que será construído entre 2011 e 2016. Este futuro recinto será o fogar do Western Force cando se remate.
Xogadores
[editar | editar a fonte]Estes serán os xogadores que defenderán as cores do Western Force na tempada 2016:
1ª Liña Talonadores 2ª Liña |
3ª Liña
Medios Melé Aperturas |
Centros Ás Zagueiros |
- En letra grosa os xogadores internacionais en categoría absoluta.
Na súa curta historia, polo Western Force teñen pasado xogadores tan salientables como Matt Giteau, Scott Fava e Drew Mitchell.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O Western Force comezou a disputar o torneo Super Rugby na edición 2006. No seu primeiro ano rematou último. Dende entón, o seu mellor resultado foi o 7º posto final que acadou na tempada 2007.
Tempadas | Pos. | Xogados | Gañados | Empates | Derrotas | Puntos+ | Puntos- | Diferenza | Bonus | PUNTOS |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2016 | ||||||||||
2015 | 15º | 16 | 3 | 0 | 13 | 245 | 384 | -139 | 7 | 19 |
2014 | 8º | 16 | 9 | 0 | 7 | 343 | 393 | -50 | 4 | 40 |
2013 | 13º | 16 | 4 | 1 | 11 | 267 | 366 | -99 | 5 | 31 |
2012 | 14º | 16 | 3 | 0 | 13 | 306 | 440 | -134 | 7 | 27 |
2011 | 12º | 16 | 5 | 2 | 9 | 333 | 416 | -83 | 5 | 37 |
2010 | 13º | 13 | 4 | 0 | 9 | 258 | 364 | -106 | 3 | 19 |
2009 | 8º | 13 | 6 | 1 | 6 | 328 | 275 | +53 | 10 | 36 |
2008 | 8º | 13 | 7 | 0 | 6 | 247 | 278 | -31 | 5 | 33 |
2007 | 7º | 13 | 6 | 1 | 6 | 276 | 282 | -6 | 6 | 32 |
2006 | 14º | 13 | 1 | 2 | 10 | 223 | 373 | -150 | 4 | 12 |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial do Western Force Arquivado 20 de agosto de 2011 en Wayback Machine. (en inglés)