Voo 409 de United Airlines
Voo 409 de United Airlines | |
---|---|
Douglas DC-4 semellante ao do accidente
| |
Resumo | |
Data | 6 de outubro de 1955 |
Causa | voo controlado contra o terreo |
Lugar | Medicine Bow Peak |
Coordenadas | |
Finados | 66 |
Aeronave | |
Tipo de aeronave | Douglas DC-4 |
Operador | United Airlines |
Rexistro | N30062 |
Pasaxeiros | 63 |
Tripulación | 3 |
Superviventes | 0 |
O voo 409 de United Airlines era un servizo regular entre Nova York e San Francisco, con escalas en Chicago, Denver e Salt Lake City. O día 6 de outubro de 1955 o Douglas DC-4 que operaba a ruta, con rexistro N30062,[1] esnafrouse no Medicine Bow Peak, preto de Laramie (Wyoming), matando as 66 persoas a bordo (63 pasaxeiros e 3 tripulantes). Entre as vítimas había cinco mulleres membros do Mormon Tabernacle Choir e persoal militar.[2] Na época foi o accidente aéreo con máis vítimas mortais na historia da aviación comercial estadounidense.[2][3] A principios dese ano, o 22 de marzo, perdéranse outras 66 vidas en Hawai no accidente dun transporte militar Douglas R6D-1 Liftmaster da Armada,[4] e tamén morreron outras 66 persoas na colisión no aire de dous Fairchild C-119 Flying Boxcar da Forza Aérea dos Estados Unidos na República Federal Alemá o 11 de agosto, sendo os tres peores accidentes de aviación do ano 1955.[5][6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "FAA Registry - N30062". registry.faa.gov. Arquivado dende o orixinal o 10 de xaneiro de 2019. Consultado o 2019-01-08.
- ↑ 2,0 2,1 "DISASTERS: Waiting Room". Time (en inglés). 1955-10-17. ISSN 0040-781X. Consultado o 2019-01-08.
- ↑ "Wyoming Crash Toll Leads List". he Spokesman-Review. Consultado o 2019-1-9.
- ↑ Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident Douglas R6D-1 (DC-6) 131612 Honolulu, HI". aviation-safety.net. Consultado o 2019-01-09.
- ↑ Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident Fairchild C-119G Flying Boxcar 53-3222 Edelweiler". aviation-safety.net. Consultado o 2019-01-09.
- ↑ Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident Fairchild C-119G Flying Boxcar 53-7841 Edelweiler". aviation-safety.net. Consultado o 2019-01-09.