Voo 277 de Linjeflyg
Voo 277 de Linjeflyg | |
---|---|
Un Convair 440-75 semellante ao do accidente
| |
Resumo | |
Data | 20 de novembro de 1964 |
Causa | voo controlado contra o terreo |
Lugar | Ängelholm, Suecia |
Coordenadas | |
Finados | 31 |
Feridos | 9 |
Aeronave | |
Tipo de aeronave | Convair 440-75 Metropolitan |
Operador | Linjeflyg |
Rexistro | SE-CCK |
Pasaxeiros | 39 |
Tripulación | 4 |
Superviventes | 12 |
O voo 277 de Linjeflyg foi un impacto controlado contra o terreo dun Convair 440-75 Metropolitan o 20 de novembro de 1964 ás 21:14 en Ängelholm, Suecia. Os pilotos do avión, enganados por unha configuración de luces da pista militar non convencional, descenderon demasiado cedo e usaron un curso defectuoso durante a aproximación ao Aeroporto de Ängelholm-Helsingborg. O accidente matou 31 dos 43 ocupantes do aparello, sendo o peor accidente aéreo de Suecia.
O voo realizaba a ruta entre Estocolmo e Ängelholm, pero o mal tempo causou que tivese que evitar as escalas en Hultsfred e Halmstad. Había menos de 2 km de visibilidade e nubes baixas en Ängelholm, polo que o control de tráfico aéreo encendeu o sistema de luces de aproximación. Como o sector civil estaba na base da Forza Aérea Sueca F 10 Ängelholm, o aeroporto tiña unha configuración militar que non seguía a configuración normal civil. Isto cousou un erro de navegación no piloto e o avión aterrou 2 km antes do limiar da pista. O avión inverteuse mentres se deslizaba tras o impacto. A pesar da cantidade de mortos, tres persoas saíron ilesas do accidente.
A comisión de investigación non atopou erros na actuación do piloto ou dos controladores de tráfico aéreo, no seu lugar centrouse nos atallos que tanto a Forza Aérea de Suecia e a Administración de Aviación Civil tomaron para non configurar os aeroportos militares en liña coas regulacións civís. Debido a isto os aeroportos militares cambiaron os seus sistemas de aproximación instrumental e sistemas de luces de aproximación para que cumprisen os requirimentos civís.