Vidal
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Elvas, Portugal |
Grupo étnico | Pobo xudeu |
Actividade | |
Ocupación | trobador, poeta |
Vidal foi un poeta portugués da primeira metade do século XIV.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Xudeu e natural de Elvas, é autor de dúas cantigas de amor de temática e métrica innovadoras. Introduce elementos completamente novidosos na cantiga de amor como a referencia ao peito branco da dama, fronte á abstracción propia do xénero. Non se cre que Vidal fora un rango elevado, senón un burgués ou un artesán, debido a que nas cantigas atópanse estrofas nas que o poeta se escusa. Estas composicións intentan imitar o modelo trobadoresco.
Rúbrica
[editar | editar a fonte]A rúbrica que introduce os textos indícanos:
Estas duas cantigas fez hûu judeu d'Elvas, que avia nome Vidal, por amor d'ûa judia de ssa vila que avia nome Dona. E pero que é ben que o ben que home faz sse non perça, mandamo-lo screver; e non sabemus mais d'ela[s] mais de duas cobras, a primeira cobra de cada hûa.
Estas dúas cantigas fixo un xudeu de Elvas, que se chamaba Vidal, por amor a unha xudía desa vila que se chamaba Dona. E como é bo que o que se fai ben non se perda, mandamos pólo por escrito; e non sabemos máis delas, só dúas estrofas, a primeira de cada unha.
Cantigas de amor
[editar | editar a fonte]Un pequeno anaco dunha das cantigas é:
Moyr', e faço dereyto, por hûa Dona d'Elvas que me trage tolheyto, como a quen dam as hervas. Des que lh'eu vi o peyto branco, dix'aas ssas servas: A mha coyta non á par, ca ssey que me quer matar, e quero eu morrer por ela, ca me non poss'ém guardar. |
|