Saltar ao contido

Vida (revista)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Vida
PaísEspaña
LugarA Coruña
Lingualingua castelá
Fundación1920
editar datos en Wikidata ]

Vida foi unha revista editada na Coruña entre 1920 e 1921.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Subtitulada Revista mensual ilustrada, apareceu en xullo de 1920. De periodicidade irregular, estaba dirixida por Jacobo Casal que tamén era o xerente. Tiña un deseño vangardista e de gran calidade, incluíu artigos de literatura, arte, historia, música, viaxes e deportes. Entre os seus colaboradores figuraron Ramón Fernández Mato, Valentín Paz Andrade, Ángel Ferrant, Ángel del Castillo, José Calviño Domínguez, Alfonso Mosquera, Julio Wonenburger, Arturo Taracido, Roberto Nóvoa e Juan González del Valle; foi ilustrada por Barradas, Francisco Miguel, Luís Huici, Núñez Carnicer e Vázquez Díaz. Mantivo a sección fixa "Libros nuevos" na que apareceron referencias a escritores galegos. Publicou a traxedia Os homildes de Leandro Carré Alvarellos. Apareceron cinco números, cesando a súa publicación en setembro de 1921. Algúns autores considérana un precedente de Alfar.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]