Saltar ao contido

Vermudo Peréz de Traba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaVermudo Peréz de Traba

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 1088 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Morte1168 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata (79/80 anos)
Sobrado, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturamosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes Editar o valor en Wikidata
Conde de Traba
Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaCasa de Traba Editar o valor en Wikidata
CónxuxeUrraca Henriques Editar o valor en Wikidata
FillosTeresa Bermudez de Traba, Fernão Bermudes de Trava, Sancha Bermudes de Trava Editar o valor en Wikidata
PaisPedro Froilaz de Traba Editar o valor en Wikidata  e Urraca Froilaz de Traba Editar o valor en Wikidata
IrmánsFernán Pérez de Traba
Rodrigo Pérez de Traba Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Trava-3

Vermudo Pérez de Traba nado a finais do s. XI ou principios do XII e finado en 1168, fillo do conde Pedro Froilaz de Traba e da súa primeira esposa, Urraca Froilaz, foi membro da liñaxe máis poderosa da Galiza na Idade Media, tenente en Trastámara, en Faro (A Coruña), en Viseu, e en Seia, propietario de vastos territorios e benfeitor de mosteiros. Tamén aparece transcrito como Bermudo ou Veremundi no canto de Vermudo, Peres en vez de Pérez e Trava por Traba.[1]

Biografía

[editar | editar a fonte]

Bermudo non tivo título de conde e aparece como dominus e tamén como Vermudo Petriz Galleciae. A súa presenza consta documentada por primeira vez na documentación o 1 de abril de 1104, co seu irmán, o conde Fernán Pérez de Traba, facendo unha doazón ao Mosteiro de San Xoán de Caaveiro.[2] Serviu a raíña Urraca I e cos seus irmáns xurou lealdade ao seu fillo o rei Afonso VII en Zamora.

O 29 de xullo de 1118, a raíña Urraca, co consentimento do seu fillo Afonso, devolveu a Vermudo e ao seu irmán Fernán os territorios do mosteiro de Sobrado, que o rei Fernando I tomara pola forza en 1050. Poucos anos despois, o 25 de xullo de 1122, concedeu á súa muller Urraca Henriques varias propiedades, incluíndo As Donas,[3] tres aldeas e dous mosteiros.[4]

En 1125, Bermudo aparece en Portugal confirmando a doazón feita pola condesa de Portugal Teresa, ou Tareixa de León, como señor de Viseu aparecendo o seu irmán Fernán como gobernador de Coímbra.[5]

Despois da morte de Teresa, en 1131, Vermudo iniciou unha revolta no Castelo de Seia que non tivo éxito, xa que o infante D. Afonso Henriques foi ao seu encontro coas súas forzas e expulsouno. Vermudo volveu a Galiza, cruzando poucas veces de novo o Río Miño.[5]

En 1138 reconstruíu o Mosteiro de Xanrozo, máis tarde de Nosa Señora das Donas, e despois Mosteiro das Cascas,[6] probabelmente fundado por Froila Vermudes, avó de Vermudo,[7] Este herdara a metade do mosteiro do seu pai, Pedro Froilaz, e o rei Afonso VII, criado con Vermudo, devolveu a outra metade do mosteiro que Pedro Froilaz lle dera, para que Vermudo tivese toda a propiedade.[8] Cedeulle o mosteiro á súa filla Urraca, que entrou de monxa no convento e converteuse na abadesa. En setembro de 1145, Urraca, co consentimento do pai, doouno ao Mosteiro de Sobrado.[9] O mosteiro das Cascas, hoxe en ruínas, con só a igrexa de San Paio, estaba situado no lugar de Nendos en Betanzos.[6]

El e o seu irmán fixeron moitas doazóns ao mosteiro de Sobrado, e en 1142 entregaron as súas propiedades aos monxes do Císter[10] Peregrinou a Terra Santa dúas veces; a primeira vez co irmán en 1147 e despois volveu en 1153, volvendo a Galiza no ano seguinte 1155 como o acredita un documento da venda feita por Adosinda Rodríguez dunha propiedade en Sobrado o 23 de abril de 1155 que consta: ipso anno presente, cando domnus Vermudis reversus est Hierosalime.[7][11][10]

En 1148 encargou ao abade do Mosteiro de San Xusto de Toxos Outos a construción dun convento na aldea de Nogueirosa, preto de Pontedeume. Este lugar formaba parte das arras que lle entregara á súa muller a infanta Urraca o 25 de xullo de 1122. Xa en 1150, Urraca doou ao abade e ao mosteiro diversos bens coa condición de que ela e catro damas da súa familia fosen admitidas como monxas no convento de Santa María de Nogueirosa.[12]

O 6 de agosto de 1160 Vermudo ingresou como monxe no Mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes. Urraca tamén se retirou ao mosteiro de Nogueirosa en Pontedeume onde morreu en 1173 e foi sepultada na súa igrexa conventual.[13]

Matrimonio e descendencia

[editar | editar a fonte]
Mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes onde se retirou e foi enterrado Vermudo

Casou máis dunha vez, como el mesmo declara nun documento de 1138, cando fixo a carta de doazón e dote para a súa filla Urraca, monxa do Mosteiro de Cascas.

Dunha das súas primeiras esposas, Teresa Bermudes, [14] tivo tres fillos:

(Os apelidos Bermudes son tamén transcritos Bermúdez, Vermudes, Vermúdez ou Veremúndez)

  • Pedro Bermudes (ou (m. antes de 1147)
  • Henrique Bermudes (m. despois de 1151)
  • Mor Bermudes (m. despois de 1192), esposa de Gonçalo Mendes, fillo de Men Rodrigues de Tougues, neto de Rodrigo Froilaz, e de Chamoa Gomes.[14]

Tivo outra esposa chamada Adosinda Gonçalves de quen tivo dúas fillas:

  • Ilduara Bermudes
  • Ximena Bermudes

Casou arredor de 1122 con Urraca Henriques, infanta de Portugal, filla de Henrique de Borgoña e Teresa de León, coa que tivo seis fillos:

  • Fernán Bermudes (m. despois de 1161), aparece con frecuencia en Portugal para confirmar cartas do seu tío, Afonso Henriques[15].
  • Urraca Bermudes I, monxa e abadesa do Mosteiro das Cascas de Betanzos.
  • Soeiro Bermudes (m. 1169), conde, enterrado no mosteiro de Sobrado.[16]
  • Teresa Bermudes (mc 1219), enterrada no mosteiro de Sobrado. Era a muller de Fernando Arias (m. 1204),[17] señor de Batisela.
  • Sancha Bermudes (m. ca. 1208), casou en 1152 con Soeiro Viegas de Ribadouro, fillo de Egas Moniz, o Aio.[18][19]
  • Urraca Bermudes II (m. despois de 1196), muller de Pedro Beltrán.[20]
  1. "Familia Traba". Xenealoxías do Ortegal. Arquivado dende o orixinal o 21-01-2022. Consultado o 21-1-2022. 
  2. López-Sangil 2002, p. 56.
  3. "Nosa Señora das Donas". ListaRojaPatrimonio. Consultado o 21-1-2022. 
  4. López-Sangil 2002, p. 57.
  5. 5,0 5,1 López-Sangil 2002, p. 58.
  6. 6,0 6,1 Daviña Sáinz 1998, p. 81.
  7. 7,0 7,1 López-Sangil 2002, p. 59.
  8. López Morán 2004, p. 137.
  9. Daviña Sáinz 1998, p. 77–78.
  10. 10,0 10,1 Daviña Sáinz 1998, p. 82.
  11. Torres Sevilla-Quiñones de León 1999, p. 326.
  12. López-Sangil 2002, p. 62.
  13. López-Sangil 2002, p. 62–64.
  14. 14,0 14,1 López-Sangil 2002, p. 64.
  15. López-Sangil 2002, p. 65.
  16. López-Sangil, 2002 & p 77.
  17. López-Sangil 2002, p. 68.
  18. López-Sangil 2002, p. 74.
  19. Almeida Fernandes 1978, p. 34.
  20. López-Sangil 2002, p. 75.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Almeida Fernandes, A. de (1978). «Guimarães, 24 de junho de 1128». Revista Guimarães (Guimarães: Sociedade Martins Sarmento) (88): 5-145. ISSN 0871-0759. Consultado o 14 de febreiro de 2014. (en portugués)
  • Calderón Medina, Inés (2011). «La antroponimia de la nobleza leonesa plenomedieval. Un elemento de construcción de identidad y memoria nobiliaria». Miscelánea murciana XXXV: 67-88. ISSN 0210-4903.
  • Daviña Sáinz, Santiago (1998). «El monasterio de las Cascas (Betanzos) (I)». Anuario Brigantino (Braga: Consello de Betanzos, A Coruña Câmara Municipal de Braga) (21): 77-102. OCLC 72890459. (en castelán)
  • López Morán, Enriqueta (2004). «El Monacato Femenino Gallego en la Alta Edad Media (La Coruña y Pontevedra)». Revista Nalgures (A Coruña: Asociación Cultural de Estudios Históricos de Galicia) I: 119-174. ISSN 1885-6349. Arquivado desde o orixinal o 17 de febreiro de 2012. (en castelán)
  • López Sangil, José Luis (2002). La nobleza altomedieval gallega, la familia Froílaz-Traba. A Coruña: Toxosoutos, S.L. ISBN 84-95622-68-8. (en castelán)
  • Pallares Méndez, M. C.; Portela Silva, E. (1993). «Aristocracia y sistema de parentesco en la Galicia de los siglos centrales de la Edad Media: El grupo de los Traba». Hispania 53 (185): 823-840. ISSN 0018-2141. (en castelán)
  • Sánchez de Mora, Antonio (2003). La nobleza castellana en la plena Edad Media: el linaje de Lara. Tesis doctoral. Universidad de Sevilla. (en castelán)
  • Torres Sevilla-Quiñones de León, Margarita Cecilia (1999). Linajes nobiliarios de León y Castilla: Siglos IX-XIII. Salamanca: Junta de Castilla y León, Consejería de Educación y Cultura. ISBN 84-7846-781-5. (en castelán)

Outros artigos

[editar | editar a fonte]