Varnos
Aparencia
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2022.) |
Os varnos ou varinos (en latín: varini) foron unha tribo xermánica que ocupaban unha provincia ao norte da Xermania, non lonxe da costa do mar Báltico. Pode que a súa orixe sexa no sur da rexión escandinava Värend, e terse asentado na Alemaña setentrional.
Tácito que os sitúa como suevos chámalles varini, Plinio o Vello que os asocia aos vándalos chámalles varinnae, e Tolomeo que os localiza entre os ríos Caluso e Sebo, noméaos viruni. Presuntamente o seu nome significa ou "defensores" ou "vivindo á beira do río".
Segundo Xordanes: Aguiúlfo, gobernador do Reino Suevo de Galicia, era pertencente a esta tribo.