Valentino Mazzola
![]() ![]() | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 26 de xaneiro de 1919 ![]() Cassano d'Adda, Italia (pt) ![]() ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 4 de maio de 1949 ![]() Superga, Italia (en) ![]() ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Causa da morte | morte accidental ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 170 cm ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 75 kg ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1938 ![]() ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Italia ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Fillos | Sandro Mazzola, Ferruccio Mazzola ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
![]() ![]() ![]() |
Valentino Mazzola, nado en Cassano d'Adda (Milán) o 26 de xaneiro de 1919 e finado en Superga o 4 de maio de 1949, foi un futbolista italiano. Era o capitán do Torino e como os seus compañeiros de equipo, morreu no Desastre aéreo de Superga. Foi internacional coa selección italiana.
Xuventude
[editar | editar a fonte]Á idade de dez anos, Mazzola salvou a vida de Andrea Bonomi, que máis tarde sería defensa do A.C. Milán, rescatándoo dun río no que estivo a piques de afogar.
O primeiro equipo no que xogou foi o da fábrica de Alfa Romeo en Milán, onde el traballaba antes da segunda guerra mundial. No ano 1939, Mazzola foi chamado a filas, ficando na cidade de Venecia por un tempo. Alí comezou a xogar no Venezia.
Carreira
[editar | editar a fonte]A carreira de Mazzola comeza no Venezia, conseguindo no campionato de Copa en 1941 e un terceiro posto na liga ao ano seguinte.
O 5 de abril de 1942 debuta coa selección italiana anotando un gol. Pouco despois marchará ao Torino.
Co seu novo club gañou a liga de 1943. En 1946 repetiron éxito cunha vantaxe de 13 puntos sobre o segundo clasificado, o Inter de Milán. Ao ano seguinte tamén se alzaron co título esta vez sacándolle 10 puntos á Juventus. En 1948 non só gañaron a liga de novo, con 16 puntos de vantaxe ao Milan, senón que o club lle deu á selección 10 dos 11 titulares que xogaron contra Hungría. Mazzola xogou 12 encontros con Italia.
Na tempada 1948-49, o Torino gañou o seu último título ata 1976.
En total Mazzola anotou 109 goles entre o Venezia e o Torino en 8 anos.
Familia
[editar | editar a fonte]O seu primeiro fillo, Sandro Mazzola naceu o 8 de novembro de 1942 xusto ao chegar a Turín. Tamén chegaría a ser un grandísimo xogador tanto do Inter de Milán como da selección italiana.
Desastre
[editar | editar a fonte]Mazzola e o resto dos seus compañeiros do equipo volvían de xogar un encontro en Lisboa cando, a causa do mal tempo, o avión onde viaxaban estrelouse na localidade italiana de Superga. Non sobreviviu ninguén, e o equipo do Torino pasou a ter un só xogador, o único que non foi a Portugal.
Citas
[editar | editar a fonte]Sobre Mazzola
- “ El é a metade do equipo. A outra metade somos o resto de nós.” (Mario Rigamonti).