Universo paralelo
Aparencia
Un universo paralelo ou unha realidade alternativa é unha hipotética realidade allea á nosa que coexiste con ela. Aínda que ambos os termos son, por regra xeral, sinónimos, existen connotacións adicionais co termo "realidade alternativa", que implica unha variación da nosa propia realidade. Pola outra banda, o termo "universo paralelo" é máis xeral, sen implicar necesariamente relación ningunha co noso universo.
Os posibles mundos paralelos que constitúen a nosa realidade física son un grupo específico de universos paralelos, denominado "multiverso".