Un peixe chamado Wanda
Un peixe chamado Wanda | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | A Fish Called Wanda |
Director | Charles Crichton |
Produtor | Michael Shamberg |
Guión | John Cleese Charles Crichton |
Intérpretes | John Cleese Jamie Lee Curtis Kevin Kline Michael Palin |
Música | John Du Prez |
Fotografía | Alan Hume |
Montaxe | John Jympson |
Estudio | Metro-Goldwyn-Mayer Prominent Features |
Distribuidora | Metro-Goldwyn-Mayer United International Pictures |
Estrea | 15 de xullo de 1988 (Estados Unidos) 14 de outubro de 1988 (Reino Unido) |
Duración | 108 minutos[1] |
Orixe | Reino Unido Estados Unidos |
Orzamento | 8 millóns de dólares[2] |
Recadación | 62,5 millóns de dólares[3] |
Na rede | |
Un peixe chamado Wanda (en inglés: A Fish Called Wanda) é un filme de comedia e atracos de 1988 dirixido por Charles Crichton e escrito por John Cleese. Os protagonistas son Jamie Lee Curtis, Kevin Kline e Michael Palin como unha banda de ladróns de diamantes que se traizoan uns aos outros para atopar os diamantes agachados polo xefe da banda. Un avogado (Cleese) convértese na figura central cando a femme fatale Wanda (Curtis) o emprega para localizar o botín. Foi o último filme de Crichton.
A coprodución británico-estadounidense foi estreada con boas críticas e foi candidata a tres premios Óscar, incluído o de mellor dirección. Ademais, Kline gañou o Óscar ao mellor actor secundario. Cleese e Palin gañaron os premios da BAFTA ao mellor actor e mellor actor secundario, e Curtis foi tamén candidata.[4] O British Film Institute nomeou o filme como o 39.º mellor filme británico do século XX.[5]
Foi estreado en galego pola Televisión de Galicia o 4 de decembro de 2000.[6]
Argumento
[editar | editar a fonte]O gánster George Thomason e a súa man dereita, Ken Pile, tatexo e amante dos animais, planean roubar unha xoiaría. Para iso levan a Londres a dous estadounidenses, a estafadora Wanda Gershwitz e o experto en armas Otto West, estúpido e malvado anglófobo. Wanda e Otto son amantes, mais ocultan isto a George e Ken, facéndose pasar por irmáns para que Wanda poida empregar os seus encantos neles. O roubo ten éxito e a banda escapa cunha gran cantidade en diamantes. Esconden o botín nun vello almacén, mais ao pouco, Wanda e Otto traizoan a George e este é arrestado. Volven ao almacén e Wanda pensa en traizoar tamén a Otto, mais descobren que George sacou os diamantes.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- John Cleese como Archie Leach
- Jamie Lee Curtis como Wanda Gershwitz
- Kevin Kline como Otto West
- Michael Palin como Ken Pile
- Tom Georgeson como George Thomason
- Maria Aitken como Wendy Leach
- Cynthia Cleese como Portia Leach
- Patricia Hayes como Mrs Eileen Coady
- Geoffrey Palmer como Judge
- Roger Brierley como Davidson
- Llewellyn Rees como Sir John
- Stephen Fry como Hutchison
- Al Ashton como Warder
Secuela
[editar | editar a fonte]O elenco principal reuniuse en 1997 para Fierce Creatures (considerada por Kline unha "igual", máis que unha secuela ou precuela) interpretando papeis diferentese. Porén, Fierce Creatures non foi tan ben recibida polo público nin pola crítica como Un peixe chamado Wanda.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "A FISH Called Wanda (15)". British Board of Film Classification. 15 de xuño de 1988. Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2020. Consultado o 2 de novembro de 2016.
- ↑ "'A Fish Called Wanda' turns 30: an oral history of a comedy classic". SBS. 2 de abril de 2018. Consultado o 2 de febreiro de 2019.
- ↑ "A Fish Called Wanda (1988)". Box Office Mojo.
- ↑ McCall, Douglas. "Monty Python: A Chronology, 1969-2012, 2d ed." Google Books. 21 de xullo de 2014.
- ↑ British Film Institute - Top 100 British Films (1999). Consultado o 27 de agosto de 2016
- ↑ Programación de televisión
- ↑ "Fierce Creatures". Rotten Tomatoes. Consultado o 21 de xullo de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- A Fish Called Wanda Arquivado 03 de febreiro de 2014 en Wayback Machine. en The Numbers