Saltar ao contido

Un

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
1
Cardinal Un
Ordinal Primeiro
Propiedades matemáticas
Factorización N/A
Función totiente φ(1) = 1
Número de divisores τ(1) = 1
Suma dos divisores σ(1) = 1
Conta de primos π(1) = 0
Función de Möbius μ(1) = 1
Función de Mertens ‘‘M’‘(1) = 1
Outros sistemas de numeración
Sistema binario 1
Sistema octal 1
Sistema duodecimal 1
Sistema hexadecimal 1
Numeración romana I
Numeración exipcia
Z1
Numeración grega Ι
Numeración xónica α´
Numeración chinesa
Numeración hebraica
Numeración armenia Ա
Numeración Āryabhaṭa
Numeración maia
Lista de números

0 1 2 3 4 5 6 7 8 9
0 10 20 30 40 50 60 70 80 90


O un (1) é o número enteiro que se sitúa logo do cero e antes do dous.

O un é o elemento neutro do produto. É dicir, calquera número a multiplicado por 1 volve dar a.

Aínda que en teoría pode considerarse un número primo (xa que o seu único divisor é un), tómase como convenio que non o é. Se o fose, entón os números naturais non terían unha factorización única (salvo orde), senón que terían infinitas (por exemplo, 6 =2⋅3=1⋅2⋅3=1⋅1⋅2⋅3= ...) e as definicións de moitas propiedades matemáticas veríanse afectadas, por exemplo a dos números perfectos.

O 1 é tanto o primeiro termo como o segundo da sucesión de Fibonacci. O seguinte termo da sucesión é o 2.

En informática o 1 asóciase coa posición de "acendido" en lóxica positiva e coa posición de "apagado" en lóxica negativa e é un dos dous díxitos do sistema binario.

Existen varios prefixos que significan un e participan na construción dunha gran cantidade de palabras de uso cotián: mono e uni, como en monóculo e univalente.

En moitas culturas o 1 represéntase mediante un punto ou un trazo (horizontal, vertical ou máis ou menos sinuoso). Por exemplo, na numeración romana (I), na numeración chinesa (一), na árabe (١), na hangzhou (〡), na bengalí (১) ou na tibetana (༡).

Na simboloxía cristiá, o 1 simboliza a Unidade e o Principio Creador do que proceden tódalas cousas.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]